Coreses
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Coreses | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.036 (2023) (24,07 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 43,05 km² | |||
Altitude | 645 m | |||
Comparte fronteira con | Zamora Toro Fresno de la Ribera (pt) Villalazán (pt) Villalube (pt) Molacillos (pt) Algodre Monfarracinos (pt) Villaralbo | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Luis Hernández Martín (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49530 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 49053 | |||
Sitio web | coreses.com |
Coreses é un concello español da provincia de Zamora, en Castela e León. Atópase na comarca da Tierra del Pan, a pouco máis de 15 km de Zamora.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte con Molacillos, Algodre e Villalube, ao sur co río Douro, ao leste con Toro e Fresno de la Ribera, e ao oeste con Zamora e Monfarracinos. Ao sur do termo atópase a devesa de San Pelayo, antigo poboado independente.
Historia
[editar | editar a fonte]Coreses foi fundado na Idade Media con mozárabes procedentes de Coria, dentro dos procesos repobladores emprendidos polos reis leoneses, feito do cal procede o seu nome, que deriva do xentilicio que se daba ás xentes de Coria na época medieval.
O 4 de novembro de 1301, Fernando IV concedeu os dereitos, servizos, tributos e arbitrios da localidade de Coreses a Juan Alfonso de Benavides en agradecemento polos servizos prestados.
Coa creación das actuais provincias en 1833, Coreses quedou integrado na de Zamora, dentro da Rexión de León, a cal, como todas as rexións españolas da época, carecía de competencias administrativas. Tras a constitución de 1978, en 1983 pasou a formar parte de Castela e León.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Os quintos, o 5 e 6 de xaneiro
- Carnaval
- Santa Águeda
- O Maio
- San Isidro
- Nosa Señora da Asunción, patroa da localidade
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coreses |