Palacios de Sanabria
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Palacios de Sanabria | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 239 (2023) (6,46 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 37,01 km² | |||
Altitude | 954 m | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jesús Fernández Pérez | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49322 | |||
Código INE | 49143 | |||
Palacios de Sanabria (en leonés: Palacios de Senabria) é un concello e localidade española da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León.[1] Atópase ao noroeste da provincia, na comarca de Seabra.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media, Palacios quedou integrado no Reino de León. Os seus monarcas repoboaron a localidade así como o resto de Seabra. Despois da independencia de Portugal do reino leonés en 1143, Palacios sufriu pola súa situación xeográfica os conflitos entre os dous reinos polo control da fronteiro, situación que quedou estabilizada a inicios do século XIII.
Posteriormente, na Idade Moderna, Palacios foi unha das localidades que se integraron na provincia das Terras do Conde de Benavente e dentro desta na receptoría de Seabra. Non obstante, coa división provincial de 1833, Palacios de Sanabria pasou a formar parte da provincia de Zamora e da Rexión de León.
Entre 1840 e 1860, o concello ampliou a súa extensión territorial ao integrar no seu termo as localidades de Vime de Sanabria e Remesal. Non obstante, a súa extensión actual non chegou ata 1965, cando o concello de Otero de Sanabria foi anexionado ao de Palacios.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña en 2017 unha poboación de 263 habitantes agrupados en catro entidades de poboación:
- Palacios de Sanabria
- Vime de Sanabria
- Otero de Sanabria
- Remesal
Evolución da poboación de: Palacios de Sanabria desde 1991 ata 2010 | ||||
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2010 |
337 | 376 | 319 | 322 | 282 |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parte alta do concello sitúase a ermida de Santo Cristo, cuxo recinto o forman tres naves e na súa cabeceira destaca un retablo barroco presidido pola imaxe do Crucificado.
Da súa igrexa parroquial, o outro edificio eclesiástico desta localidade, chama especialmente a atención o seu campanario. No seu interior, un retablo de estilo neoclásico preside a estanza.
En Palacios de Sanabria tamén son significativos os pombais, que a diferenza dos de Terra de Campos, foron construídos en escura cachotaría e cubertos de lousa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa Consistorial
-
Igrexa
-
Santuario do Santo Cristo da Piedade
-
Inscrición no santuario do Santo Cristo da Piedade
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palacios de Sanabria Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine. na páxina de El Norte de Castilla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacios de Sanabria |