Arcenillas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Zamora ![]() | ||||
Capital | Arcenillas ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 448 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12,08 km² ![]() | ||||
Altitude | 697 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Natalio Gutiérrez García ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 49151 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 49010 ![]() | ||||
Arcenillas é un concello e localidade da provincia de Zamora, en Castela e León.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de: Arcenillas desde 1991 ata 2004
| |||
1991 | 1996 | 2001 | 2004
|
248 | 281 | 295 | 309 |
Política
[editar | editar a fonte]Resultado das eleccións municipais no ano 2007
PP | PSOE | Outros | Total | |
---|---|---|---|---|
2007 | 4 | 3 | 0 | 7 |
Historia
[editar | editar a fonte]A fundación da vila poderíase remontar ao século XII. Aparece citado por primeira vez nun documento do Arquivo Diocesano de Zamora do ano 1254 co nome de Arcinielas. O seu contido relata a permuta dunhas terras que o Bispo de Zamora Pedro I realiza con Monio Sánchez, dándolle unha terra que din de Santiago en Arcenillas, outra na veiga entre Moraleja e Arcenillas, e outra máis "á vez do pedazo de Pedro de Galego"; mentres que o Bispo recibe unha terra que chaman "As Mangas" na estrada de Villaralvino (enténdase Villaralbo), ademais de dúas terras que que saen á Lagoa e outra no Peso. Todos estes topónimos mantéñense na actualidade. Ademais de noutros tantos documentos do anterior Arquivo, o nome de Arcinielas aparece nas diversas versións conservadas do Foro de Zamora.
Nos séculos XV e XVI a principal industria e foco de desenvolvemento do pobo foi a fabricación de panos, estando asentados na vila varios xastres, pelaires e tundidores. Por aquel entón, Arcenillas contaba máis de 500 habitantes, cifra que baixou nos séculos posteriores pola decadencia do negocio dos panos e polas crises demográficas debidas a epidemias.
Nos primeiros anos da segunda metade do século XVIII realizouse unha proba piloto do Catastro do Marqués da Ensenada. Coa invasión napoleónica, as forzas francesas invasoras levaron todo o ouro e a prata da parroquia, aínda que ao final da guerra se puido recuperar.
A historia do século XX pódese seguir a través do Arquivo Municipal, que na actualidade está a ser organizado e inventariado.
Na actualidade a poboación está a ascender debido á construción de varias urbanizacións de chalés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcenillas |