Coroa de Liechtenstein
Coroa de Liechtenstein † | |
---|---|
Liechtenstein Krone en alemán | |
(anverso) | (reverso) |
Código: | DKK |
Ámbito: | Liechtenstein |
Símbolo: | Kr |
Fracción: | Heller. |
Moedas: | 1, 2, 5, 10 e 20 coroas. |
Billetes: | 10, 20 e 50 heller. |
Emisor: | |
Taxa de troco: | 1 coroa de Liechtenstein = 1 coroa austrohúngara |
A Coroa de Liechtenstein (en alemán: Liechtenstein Krone; plural kronen) foi a unidade monetaria de Liechtenstein desde 1898 ata 1921, e estaba dividida en 100 heller, como moeda divisionaria. As moedas son raras, en tanto que os billetes son máis comúns.[1]
Liechtenstein usou a coroa austrohúngara e a coroa austríaca logo da disolución do Imperio Austrohúngaro en 1918, e logo adoptou o franco suízo en 1921, por mor da inestabilidade da coroa. A coroa de Liechtenstein definíase pola mesma cantidade de metais preciosos que a coroa austrohúngara e que a coroa austríaca.[1][2][3]
Moedas
[editar | editar a fonte]Cuñáronse moedas de prata de 1, 2 e 5 coroas, e moedas de ouro de 10 e de 20 coroas. Nalgúns dos valores, existen probas numismáticas datadas en 1898, aínda que o habitual é que as emisións regulares comezasen a estar datadas en 1900.[2][3]
As moedas da coroa de Liechtenstein cuñáronse na Casa da Moeda de Viena a nome do monarca Xoán II e foron deseñadas polo gravador Gustave Deloye.
Imaxe | Denominación | Emisión | Aliaxe | Diámetro/peso | Tiraxes anuais |
---|---|---|---|---|---|
(835 mil.) |
5 g |
125 | |||
1904 1910 1915 |
(835 mil.) |
5 g |
50.000
75.000 50.000 75.000 | ||
Prata
(835 mil.) |
10 g |
50.000
37.500 | |||
Prata
(900 mil.) |
25 g |
100
5.000 15.000 10.000 10.000 | |||
Ouro
(900 mil.) |
3,387 g |
35
1.500 | |||
Ouro
(900 mil.) |
6,775 g |
1.535 |
Billetes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Coroa austríaca.
Liectenstein utilizou os billetes da coroa austríaca entre 1919 e 1921, cando pasou a adoptar como propio o franco suízo. De xeito autónomo, só imprimiu papel moeda de emerxencia con denominacións de 10, 20 e 50 heller durante o ano 1920.[1][10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Liechtenstein Currency". Mintage Woeld.
- ↑ 2,0 2,1 "The numismatic history of Liechtenstein Online". En Coins Weekly. 5 de setembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Liechtenstein". En Monetary Sistems of the Principal Countries of the World. 1916. Tresaury Department. Washington. Páxinas 47-48.
- ↑ "1 coroa (1898)". Numista.
- ↑ "1 coroa (1900-1915)". Numista.
- ↑ "2 coroas (1912-1915)". Numista.
- ↑ "5 coroas (1898)" e "5 coroas (1900-1915)". Numista.
- ↑ "10 coroas (1898)" e "10 coroas (1900)". Numista.
- ↑ "20 coroas (1898)". Numista.
- ↑ "Liechtenstein banknotes: 1920". Colnet.com
- ↑ "Liechtenstein". Banknoteworld.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coroa de Liechtenstein |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Krause, C. L.; Mishler, C. (2003). Standard Catalog of World Coins: 1901-Present. (31st ed.). Krause Publications. ISBN 0873495934
- Krause, C. L.; Mishler, C. (2004). Standard Catalog of World Coins: 1801-1900. (4th ed.). Krause Publications. ISBN 0873497988