Corte, Córsega
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Córsega | ||||
Departamento | Alta Córsega | ||||
Capital de | arrondissement of Corte (en) Corsican Republic (en) (1755–1769) Q88077431 (–2015) canton of Corte (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.654 (2021) (51,28 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa corso | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921384 Q114361158 | ||||
Superficie | 149,27 km² | ||||
Altitude | 299 m-2.626 m-437 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Théophile de Corte (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antoine Sindali (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20250 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 495 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | mairie-corte.fr |
Corte (en francés, Corte; en corso, Corti), é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Alta Córsega e na rexión de Córsega.
Os seus habitantes chámanse, en francés, cortenais, e en corso, curtinesi.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade encóntrase no centro da illa, na confluencia dos ríos Restonica e Tavignano, a 70 km de Bastia e 85 km de Ajaccio. Ten unha estación na liña férrea Bastia-Ajaccio, e é un importante nó de estradas. O val do Tavignano comunícaa coa chaira costeira occidental.
Demografía
[editar | editar a fonte]1936 | 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2009 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4.135 | 4.835 | 5.066 | 4.948 | 5.230 | 5.177 | 5.693 | 6.329 | 6.744 | 7.422 |
Ademais da poboación censada, a Universidade de Córsega acolle a 3.800 estudantes.
A aglomeración de Corte limítase ao seu municipio. Este forma parte da Communauté de communes du Centre Corse (Mancomunidade de municipios do Centro de Córsega), que integra a outras sete poboacións, agrupando un total de 8.319 habitantes (censo de 1999).
Administración e política
[editar | editar a fonte]No referendo sobre a Constitución Europea gañou o non cun 52,03 % dos votos.
- Algúns resultados electorais recentes (segundas voltas do sistema francés adaptado a Córsega)
Tres listas de esquerda |
Lista dos socialistas, comunistas e outros |
Rexionalistas | Dúas listas da dereita tradicional |
---|---|---|---|
43,4 % | 4,6 % | 13,1 % | 38,9 % |
Os grupos que conforman o Consello Municipal son:
- Pour l’avenir de Corte ville Universitaire (21 electos)
- Ensemble pour Corte/ Inseme per Corti (4 electos)
- Servir Corte et l’Université (4 electos).
Economía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 1999, a distribución da poboación activa por sectores era:
agricultura | industria | construción | servizos |
---|---|---|---|
3,5 % | 7,9 % | 6,8 % | 81,8 % |
Historia
[editar | editar a fonte]Foi capital da Córsega independente, así como residencia de Pasquale Paoli, pai da patria corsa.
Entre 1761 e 1769 foi sede do gobernador da illa.
A súa universidade, fundada en 1765, foi un centro de difusión da Ilustración.
Xosé Bonaparte, que sería rei de España, naceu en Corte en 1768.
Lugares e monumentos
[editar | editar a fonte]- Universidade de Córsega
- Citadelle
- Museo de Córsega
- Igrexa da Anunciación
- Palazzu Naziunale
- Casa do Concello
- Estatua de Pasquale Paoli
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
La Citadelle
-
Fonte baixo a escaleira da igrexa da Santa Cruz
-
Campanario da igrexa da Anunciación
-
Igrexa de san Xoán Bautista
-
Casa onde naceu Xosé Bonaparte
-
Estación do ferrocarril
-
Estatua de Pasquale Paoli
-
Edificio chamado Palais National / Palazzu Naziunale
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corte, Córsega |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Corte no INSEE (estatística francesa)
- Web da Comuna
- Web da Universidade de Córsega en Corte