Saltar ao contido

Costa de Almería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCosta de Almería
Imaxe
TipoCosta
rexión turística Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Almería, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°50′00″N 2°26′00″O / 36.83333, -2.43333
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Conéctase conCosta Cálida Editar o valor en Wikidata
Praia de Mónsul, no Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar.

Costa de Almería é a denominación turística que recibe a franxa litoral da provincia de Almería, unha extensión de territorio que abarca 217 quilómetros de costa mediterránea e 13 municipios: desde Pulpí, no límite coa provincia murciana ata Adra, que limita coa provincia de Granada.

Desde o 16 de febreiro de 1928 o empresario turístico Rodolfo Lussnigg promocionaría a denominación Costa do Sol para a Costa de Almería, á que se refería orixinalmente de forma exclusiva. Con todo, hoxe en día, esta franxa litoral denomínase simplemente Costa de Almería , mentres que o nome Costa do Sol pasou a formar parte da franxa litoral que ocupa a provincia de Málaga.

Dentro da Costa de Almería poden atoparse destinos turísticos como Vera, Mojácar, Roquetas de Mar ou Almerimar, e espazos naturais como o Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar, a Paraxe Natural Punta Entinas-Sabinar, ou a Illa de San Andrés, entre outros.

Concellos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]