Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar
(es) Parque natural del Cabo de Gata-Níjar | ||||
Tipo | Xeoparque Mundial da UNESCO Zona de especial protección para as aves Zona de especial conservación Reserva da biosfera espazo natural protexido parque natural | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Rede Natura 2000 Rede Natura 2000 en España | |||
Localización | ||||
División administrativa | Almería, España, Carboneras, España e Níjar, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 49.512,19 ha | |||
Xeoparque Mundial da UNESCO | ||||
Data | 2015 | |||
Zona de especial conservación | ||||
Data | 2012 | |||
Identificador | ES0000046 | |||
Lugar de importancia comunitaria | ||||
Data | 2006 | |||
Identificador | ES0000046 | |||
Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo | ||||
Data | 2001 | |||
Reserva da biosfera | ||||
Data | 1997 | |||
Identificador | http://www.unesco.org/new/en/natural-sciences/environment/ecological-sciences/biosphere-reserves/europe-north-america/spain/cabo-de-gata-nijar/ | |||
Sitio Ramsar | ||||
Data | 5 de decembro de 1989 | |||
Identificador | 448 | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 196284 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1997 e 1987 | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 500.000 (1998) | |||
Sitio web | juntadeandalucia.es… | |||
O Parque Natural Marítimo-Terrestre do Cabo de Gata-Níjar é un parque natural da provincia de Almería, declarado como tal no 1987.
Foi o primeiro, con esta denominación, de ámbito marítimo-terrestre do Estado, e probablemente un dos últimos redutos de costa virxe do Mediterráneo.
Nel habitan multitude de especies vexetais xerófitas endémicas e ata hai poucos anos foi santuario das últimas focas monxe de Europa.
A composición do terreo é fundamentalmente rochas sedimentarias, (gres etc.) de antigos fondos mariños, pero na zona tamén existen multitude de rochas volcánicas en moitas das súas manifestacións.
Na actualidade estase a desenvolver unha grande actividade turística aproveitando as paradisíacas praias que hai alí.
Por estas e outras características está declarado como Reserva da biosfera pola UNESCO.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Máis información no Portal sobre o Parque Natural de Cabo de Gata