Saltar ao contido

Deseño intelixente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Creacionismo evolutivo»)

O deseño intelixente, ou DI, é unha corrente de pensamento segundo a cal certas características do universo e dos seres vivos se explican mellor mediante unha causa intelixente que a través dun proceso non dirixido, como a selección natural.

A expresión deseño intelixente é a tradución usada adoito, da inglesa Intelligent Design ou ID. Coñécese tamén como creacionismo evolutivo ou creacionismo científico.

O consenso da comunidade científica é de que a creación intelixente non é ciencia, senón unha pseudociencia. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos xa declarou que "o creacionismo, o deseño intelixente e outras alegacións de intervención sobrenatural da orixe da vida non son ciencias porque non poden ser probadas por métodos científicos". A Asociación de Profesores de Ciencias dos Estados Unidos e a Asociación Americana para o Progreso da Ciencia clasifícana como pseudociencia. Outros membros da comunidade científica concordan coa clasificación, e algúns mesmo a clasifican como ciencia-lixo.

Concepto e características

[editar | editar a fonte]

A idea do deseño intelixente desenvolvérona os membros dun grupo de creacionistas norteamericanos que reformularon o argumento sobre a controversia da creación versus evolución para esquivar unha decisión xudicial norteamericana prohibindo o ensino do creacionismo como ciencia [1][2][3] Os seus principais defensores, todos eles asociados ao Discovery Institute, radicado nos Estados Unidos, cren que o creador é o Deus do cristianismo [4][5][6][7][8][9][10] Segundo eles, a súa investigación é análoga á dos detectives que, diante dunha persoa morta, buscan sinais de que aquel evento non foi accidental (ou que isto é moi improbábel), indicando que hai un asasino. Os investigadores buscan no mundo natural (e principalmente en estruturas biolóxicas) sinais de planificación, funcionalidade e propósito. E do mesmo xeito que os detectives poden investigar se hai ou non un criminal sen saber quen é, os investigadores alegan que poderían dicir que hai unha creación sen coñecer datos adicionais sobre o creador. A investigación céntrase nas evidencias biolóxicas e non nas consecuencias dos achados[11]. Os defensores da creación intelixente alegan que é unha teoría científica [12] e buscan fundamentalmente redefinir a ciencia para que esta acepte explicacións sobrenaturais [13][14][15].

O consenso da comunidade científica é de que a creación intelixente non é ciencia, senón unha pseudociencia [16] A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos xa declarou que o "creacionismo, o deseño intelixente e outras alegacións de intervención sobrenatural a orixe da vida" non son ciencias porque non poden ser probadas por métodos científicos[17] A Asociación de Profesores de Ciencias dos Estados Unidos e a Asociación Americana para o Progreso da Ciencia clasifícana como pseudociencia [18][19] Outros membros da comunidade científica concordan coa clasificación, e algúns mesmo a clasifican como ciencia-lixo.[20][21] O termo creación intelixente xurdiu como resposta á decisión xudicial de 1987 do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso Edwards v. Aguilard que implicaba a separación da igrexa e o estado [1]. O seu primeiro uso significativo en publicacións foi en Of Pandas and People (Sobre pandas e persoas), un libro didáctico de 1989 publicado coa intención de que se usase nas clases de bioloxía do ensino secundario.[22]. Varios libros adicionais sobre a creación intelixente publicáronse nos anos 1990. Na metade da década de 1990, defensores da teoría comezaron a agruparse ao redor do Discovery Institute e a defender máis publicamente a inclusión desta doutrina no currículo da escola pública [23][24][25][26]. Co Discovery Institute e o seu Center for Science and Culture (Centro para a ciencia e a cultura) servindo como alicerce central no planeamento e financiamento, o "movemento da creación intelixente" medrou significativamente en publicidade a finais da década de 1990 e no inicio da de 2000, culminando no xuízo de Dover, en 2005, que contestou o ensino intencionado da creación intelixente nas aulas de ciencias do sistema público de ensino [4].

No caso Kitzmiller v. Dover Area School District, un grupo de pais de estudantes do ensino medio contestaron a exixencia do distrito escolar público para que os profesores presentaran a creación intelixente nas clases de bioloxía como unha "explicación alternativa para a orixe da vida". O xuíz John E. Jones III sentenciou que a creación intelixente non é ciencia, e que "non pode separar dos seus antecedentes creacionistas e, consecuentemente, relixiosos", e concluíu que a promoción da idea da creación intelixente realizada polo distrito escolar violaba a Cláusula de Establecemento da Primeira emenda da Constitución dos Estados Unidos de América.

Visión xeral

[editar | editar a fonte]

O termo "deseño intelixente" comezou a usarse despois da sentenza de 1987 do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso Edwards v. Aguillard que decidiu que a exixencia de ensinar a "ciencia da creación" ao lado da evolución era unha violación da Cláusula de Establecemento, que prohibe a axuda estatal á relixión. No caso Edwards, o Tribunal Supremo tamén decidira que "ensinar unha variedade de teorías científicas sobre a orixe da humanidade para estudantes pode ser validamente feito coa clara intención secular de mellorar a efectividade da instrución científica" [27]. Nos esbozos do libro didáctico de ciencia creacionista Of Pandas and People, practicamente todas os derivados da palabra "creación", como "creacionismo", foron substituídos polas palabras "deseño intelixente" [22]. O libro publicouse en 1989, seguido por unha campaña promovéndoo para que fose usado no ensino do deseño intelixente e clases de bioloxía do ensino secundario do sistema público. A mesma sentenza xudicial do Tribunal Supremo influíu no xurista xubilado Phillip E. Johnson, no seu libro de 1991 Darwin on Trial ("Darwin no banco dos acusados"), no que defende a redefinición da ciencia para que a mesma permitise alegacións de creación sobrenatural.[28]. Un grupo de partidarios do creacionismo, incluíndo a Michael Behe, Stephen C. Meyer e William Dembski xuntouse con Johnson co obxectivo de derrubar o naturalismo metodolóxico do método científico (que el describira como "materialismo") e substituílo por "realismo teísta" a través do que se chamou a "estratexia da cuña" (wedge strategy) [29] Behe contribuíu na revisión de 1993 do libro Of Pandas and People, creando os alicerces das ideas que posteriormente denominaría como "complexidade irredutíbel". En 1994 Meyer contactou co Discovery Institute, e no ano seguinte obtiveron financiamento para crear o "Centro para a renovación da ciencia e a cultura", co propósito de promover o "movemento do deseño intelixente" por apoio político e público para o ensino do deseño intelixente como unha alternativa á evolución baseada na creación, particularmente nos Estados Unidos[23].

O deseño intelixente preséntase como unha alternativa ás explicacións naturais para a orixe e diversidade da vida. Sitúase en oposición á ciencia biolóxica convencional, que depende do método científico para explicar a vida a través de procesos observábeis como mutacións e a selección natural [30]. O propósito declarado do deseño intelixente é o de investigar se as evidencias empíricas existentes implican ou non que a vida na Terra precisou concibirse por un axente ou axentes intelixentes. William Dembski, un dos principais defensores do deseño intelixente, afirmou que a alegación fundamental do deseño intelixente é que "existen sistemas naturais que non poden explicarse adecuadamente en termos de forzas naturais non-direccionais e que exhiben características que en calquera outra circunstancia nós atribuiríamos á intelixencia". No manifesto do Discovery Institute que é coñecido como a "estratexia da cuña ou documento da cuña" (Wedge Document), dicíase aos defensores do movemento que:

"Nós estamos crecendo neste momento, aumentando a cuña cunha alternativa científica positiva ás teorías científicas materialistas, que veu ser coñecida como a teoría do deseño intelixente. A teoría do deseño promete reverter a dominancia sufocante da visión do mundo materialista, e substituíla por unha ciencia consonte a conviccións teístas e cristiás" [31].

Os defensores do deseño intelixente buscan evidencias do que eles chaman "sinais de intelixencia": propiedades físicas dun obxecto que apuntan cara a un proxectista (deseñador) (véxase: argumento teleolóxico). Por exemplo, defensores do deseño intelixente argumentan que un arqueólogo que encontra unha estatua feita de pedra nun campo pode xustificabelmente concluír que a estatua foi proxectada, e pode sensatamente tentar identificar ao que a concibiu. O arqueólogo non estaría, porén, xustificado para facer a mesma alegación baseado nun pedregullo irregular do mesmo tamaño. Os defensores do deseño intelixente argumentan que os sistemas vivos presentan unha gran complexidade, e a partir do cal poden inferir que algúns aspectos da vida foron proxectados.

Tamén afirman que, aínda que as evidencias que poidan apuntar para a natureza dunha "causa ou axente intelixente" non poidan ser directamente observadas, os seus efectos na natureza si poden detectarse. Dembski, no seu libro Signs of Intelligence ("Sinais de intelixencia"), afirma: "Os defensores do deseño intelixente considérano como un programa de busca científica que investiga os efectos de causas intelixentes [...] e non causas intelixentes per se". Na súa opinión, ninguén pode analizar a identidade de influencias exteriores a un sistema pechado, desde dentro do sistema pechado, logo as cuestións relacionadas coa identidade do deseñador caen fóra do ámbito do concepto. Nos 20 anos transcorridos desde que o deseño intelixente se formulara, non se propuxo ningunha análise rigorosa que poida identificar os alegados efectos: ningún artigo apoiando o deseño intelixente se publicou en periódicos científicos revisados por pares, e nin o deseño intelixente foi obxecto de estudo de calquera investigación ou estudo científico.

Orixe do concepto

[editar | editar a fonte]
Platón
Aristóteles
Cicerón
San Tomé de Aquino, retrato por Carlo Crivelli

Os filósofos veñen debatendo desde hai moito tempo se a complexidade da natureza indica a existencia dun deseñador ou proxectista sobrenatural (ou varios).

Entre os primeiros argumentos achegados para a existencia dun proxectista do universo están aqueles documentados na filosofía da Grecia clásica. No século IV a.C., Platón propuxo un "demiúrgo" que era bo e sabio como o creador e primeira causa do cosmos, no seu tratado Timeo.[32]. Aristóteles tamén desenvolveu a idea dun creador-deseñador do cosmos, frecuentemente chamado o "Motor Inmóbil", no seu traballo filosófico Metafísica [33].

En De Natura Deorum ("Sobre a Natureza dos Deuses") 45 a.C., Cicerón afirmou que "o poder divino debe ser encontrado no principio dunha razón que permea toda a natureza" [34]. O uso desta liña de raciocinio aplicado a un proxectista sobrenatural veu a ser coñecida como o argumento teleolóxico para probar a existencia de Deus.

As formas máis notábeis deste argumento expresounas no século XIII Tomé de Aquino na súa obra Suma Teolóxica [35], sendo o deseño a quinta das cinco probas de Aquino para a existencia de Deus. Séculos máis tarde foi retomada por William Paley no seu libro Natural Theology (1802) [36]. Paley usou a analoxía do reloxeiro, que vén sendo usada até hoxe en argumentos relacionados co deseño intelixente.

Nos inicios do século XIX, tales argumentos levaron ao desenvolvemento da que era chamada na época teoloxía natural, o estudo da natureza como un medio para entender a "mente de Deus". Este movemento deu combustíbel á paixón pola recolleita de fósiles e outros espécimes biolóxicos, o que eventualmente levou ao desenvolvemento da Teoría da evolución proposta por Darwin.

Un razoamento similar, postulando un deseñador divino, é apoiado actualmente por moitos adeptos do que se coñece como evolucionismo teísta, que consideran a ciencia moderna e a teoría da evolución completamente compatíbeis co concepto dun deseñador sobrenatural.

O deseño intelixente ao final do século XX e no inicio do XXI pode ser visto como un desenvolvemento moderno da teoloxía natural que busca mudar as bases da ciencia e minar a teoría evolucionista [37][38]. Unha vez que a teoría da evolución se estendeu para explicar máis fenómenos, os exemplos que se usaban como evidencias do deseño foron cambiando ao longo dos anos.

Mais o argumento esencial permanece constante: os sistemas complexos implican un deseñador. Os exemplos ofrecidos no pasado inclúen o ollo (sistema óptico) e as ás con plumas; os exemplos contemporáneos son na súa maioría bioquímicos: funcións das proteínas, coagulación sanguínea, e o flaxelo bacteriano (véxase complexidade irredutíbel).

Barbara Forrest describe o movemento do deseño intelixente como iniciado en 1984 cando a organización de Jon A. Buell, a Foundation for Thought and Ethics (FTE) (Fundación para o pensamento e a ética) publicou The Mystery of Life's Origin (O misterio da orixe da vida) polo creacionista Charles B. Thaxton [39].

En marzo de 1986 unha crítica literaria de Stephen C. Meyer describiu o libro dicindo que o mesmo usaba a teoría da información para suxerir que as mensaxes transmitidas polo ADN na célula amosan "complexidade especificada", especificada por unha intelixencia, precisando así ter unha orixe dun axente intelixente [40]. En novembro do mesmo ano, Thaxton describiu o seu raciocinio como unha forma máis sofisticada do argumento de Paley a partir do deseño [41]. Na conferencia "Sources of Information Content in DNA", de 1988, el di que a súa visión dunha causa intelixente era compatíbel tanto co naturalismo metafísico como co supernaturalismo[42] e o termo deseño intelixente xurdiu[43].

O deseño intelixente deliberadamente non tenta identificar ou nomear as especificacións do axente da creación; soamente afirma que debe existir un (ou máis dun). Aínda que o deseño intelixente non nomee o creador, os líderes do movemento do deseño intelixente afirman que o creador é o Deus cristián [9][44][45][46].

A resistencia en especificar a identidade do creador en discusións públicas foi un tema de gran debate entre defensores e críticos da teoría da creación intelixente. Por un lado, os defensores suxiren que de feito esa é unha característica xenuína do concepto; polo outro, os críticos afirman que é só unha postura tomada para evitar a alienación daqueles que desexan separar a relixión do ensino da ciencia.

A sentenza xudicial no caso Kitzmiller v. Dover Area School District concluíu que a segunda posición era o caso.

Orixe do termo "deseño intelixente"

[editar | editar a fonte]

O termo deseño intelixente, máis ou menos relacionado coa funcionalidade que se observa nos seres naturais, e antes da consagración do su uso actual, xa fora usada varias veces nos dous séculos precedentes; entre elas, nestas publicacións:

"Ningunha hipótese física fundamentada en feitos indiscutíbeis chegou a explicar a orixe do protoplasma primordial e, sobre todo, as súas propiedades marabillosas, que fan a evolución posíbel en hereditariedade e en adaptabilidade, pois esas propiedades son a causa e non o efecto da evolución. Para a causa desa causa nós buscamos en van entre as forzas físicas que nos circundan, até que sexamos finalmente compelidos a nos apoiar nunha volición independente, un deseño intelixente distante".
  • Un libro de 1903, Humanism escrito por un dos fundadores do pragmatismo clásico, F. C. S. Schiller: "Non é posíbel descartar a suposición de que o proceso da evolución pode estar guiado por un deseño intelixente".
  • Unha derivación da frase aparece na Enciclopedia McMillan de filosofía, no artigo titulado Teleogical argument for the existence of God (Argumento teleolóxico para a existencia de Deus). Descrito sucintamente, o argumento desenvólvese así: "O mundo exhibe orde teleolóxica (deseño, adaptación). Por tanto, foi producido por un deseñador intelixente" [48].
  • Un libro de 1979, Chance or Desihg? ("Acaso o deseño?"), escrito por James Horigan [49], recolle as frases deseño intelixente e proxectado intelixentemente.
  • Nun discurso de Sir Fred Hoyle de 1982, na súa campaña promovendo a panspermia, usa a frase deseño intelixente.

O uso moderno do termo deseño intelixente para describir un campo de investigación comezou despois do xuízo no que o Tribunal Supremo dos Estados Unidos, no caso de Edwards v. Aguillard decidiu a inconstitucionalidade da inclusión do creacionismo ou "ciencia da creación" (o relato do libro da Xénese) no currículo das clases de Ciencias naturais nas escolas públicas (1987). Nesta sentenza mantíñase á vez que "ensinar unha diversidade de teorías científicas acerca da orixe da humanidade aos escolares podería facerse validamente se é coa intención claramente secular de mellorar a eficacia da instrución científica". Inmediatamente despois, os manuais propostos para o ensino creacionista comezaron a substituír a palabra creación pola expresión deseño intelixente.

O caso máis notábel é o do texto de P. W. Davis e P. H. Kenyon, que se publicou finalmente en 1989 co título Of pandas and people: the central question of biological origins ("Acerca dos pandas e as persoas: a cuestión central da orixe biolóxica"). Un informe do Discovery Institute afirma que Charles Thaxton, editor de Of Pandas and People, tomara a frase dun científico da NASA, e pensara "Iso é exactamente o que eu preciso, é un bo termo de enxeñeiro" [50]. Os borradores anteriores preparáranse cos títulos Creation Biology ("Bioloxía da creación"), de 1983, Biology and Creation ("Bioloxía e creación"), de 1986, e Biology and Origin ("Bioloxía e orixe"), de 1987.

O título definitivo alude á máis popular das coleccións de ensaios do paleontólogo e divulgador da evolución Stephen Jay Gould, titulada O polgar do panda. No proceso de adaptación á nova situación legal do libro, que é o máis popular dos manuais usados polos creacionistas para a ensinanza escolar, substituíronse os termos "creación e "creador" por "deseño intelixente" e "deseñador intelixente" en máis de 250 lugares[22]. O libro converteuse en texto obrigatorio no distrito de Dover (Pensilvania), dando lugar ao caso polo que a sentenza antedita sinala ao movemento do deseño intelixente como unha versión disfrazada do creacionismo relixioso.

En 1988 Thaxton organizou unha conferencia titulada "Sources of Information Content in DNA" en Tacoma, Washington [42], e en decembro decidiu usar o termo deseño intelixente para o seu novo movemento creacionista [51]. Stephen C. Meyer estaba presente na conferencia, e posteriormente lembrouse que o "termo foi mencionado". O libro Of Pandas and People considérase o primeiro libro sobre o deseño intelixente [52], e tamén como o primeiro lugar onde a frase deseño intelixente aparece co seu significado actual [53].

Buscando evitar a percepción pública da vinculación co creacionismo anterior, os promotores do deseño intelixente prefiren situar a orixe da actual notoriedade da expresión no libro do avogado Phillip E. Johnson Darwin on trial ("Proceso a Darwin"), de 1991. A posición de Johnson e da base para o movemento en apoio á crenza sobre o deseño intelixente, é que consideran falso o naturalismo filosófico.

En 1990 fundouse o Discovery Institute, ligado ó Hudson Institute, institución de ideoloxía conservadora. O seu presidente é B. Chapman, que ocupou cargos importantes durante a administración de Ronald Reagan. O Discovery Innstitute ten entre os seus dirixentes a Howard F. Ahmanson, millonario relacionado co movemento chamado Christian Reconstructionism (Reconstrucionismo cristián), unha organización partidaria da subordinación das leis civís ás prescricións do Antigo Testamento e contraria á tolerancia relixiosa.

Dentro do Discovery Institute ocupa un lugar prominente o Center for Science and Culture (Centro pola ciencia e a cultura), no cal se encadran todos os membros máis destacados do movemento polo deseño intelixente. Un documento de 1998 do Center for Science and Culture, titulado The Wedge Strategy (en inglés, Estratexia da cuña) [54] foi utilizado polos seus críticos para destacar o carácter relixioso e político dos seus fins e postulados. Estes atópanse resumidos en frases como "Derrotar o materialismo científico e o seu destrutivo legado moral, cultural e político" e "substituír as explicacións materialistas pola concepción teísta de que a natureza e os seres humanos son creados por Deus".

O Movemento do deseño intelixente

[editar | editar a fonte]
O Discovery Institute usou o fresco "A creación de Adán" da Capela Sistina, que posteriormente cambiou por unha imaxe menos relixiosa e un novo nome: Centro para a ciencia e a cultura.

O movemento do deseño intelixente apareceu e desenvolveuse nos Estados Unidos contra 1987, a través dunha versión moderna do argumento teleolóxico para a existencia de Deus, despois de fracasaren, salvo éxitos menores e provisionais, os intentos dos representantes da literalidade bíblica de lograr o ensino do relato da creación do libro da Xénese na clase de Ciencias naturais.

O movemento do deseño intelixente é un rebento directo do creacionismo [3]. As comunidades científica e académica, xunto co Tribunal Federal Norteamericano, consideran o deseño intelixente como unha forma de creacionismo ou como un descendente directo que está estreitamente ligado co creacionismo tradicional e varios autores refírense explicitamente a el como "creacionismo do deseño intelixente".

O movemento ten a súa sede no "Center for Science and Culture" (CSC) (Centro para a ciencia e a cultura, en inglés), establecido en 1996 como o brazo creacionista do Discovery Institute [55]. Os líderes do movemento afirman que o deseño intelixente expón as limitacións da ortodoxia científica e da filosofía secular do Naturalismo. Os seus defensores alegan que a ciencia non debería limitarse ao naturalismo nin demandar a adopción de filosofías naturalistas que rexeitan automaticamente calquera explicación que conteña causas sobrenaturais.

O obxectivo principal do movemento é "derrotar a visión do mundo materialista" representada pola teoría da evolución en favor "dunha ciencia consonte con conviccións teístas e cristiás" [55]. Practicamente todos os conceptos do deseño intelixente e o movemento asociado son produtos do Discovery Institute, que guía o movemento seguindo a súa estratexia da cuña.

Este movemento tamén rexeita as posturas representadas pola evolución teísta e o creacionismo evolutivo, que aceptan que os seres vivos se diferenciaron a través dun proceso de evolución natural sen a intervención directa de Deus.

O deseñador

[editar | editar a fonte]

Respecto ao deseñador, os argumentos dos que propoñen o deseño intelixente están formulados de xeito que non fan mención ao deseñador nin á súa natureza, só conclúen a súa existencia. A idea non se asocia obrigatoriamente co concepto de Deus, se ben nalgúns casos se lle asignan características que as relixións xeralmente asocian con Deus. Así, os principais propoñentes do deseño intelixente afirman fronte aos seus seguidores que cren que o deseñador é o Deus do cristianismo.

Algúns que son partidarios da existencia dun deseñador explican que, tal como hai intelixencia detrás de calquera logro que a industria humana produce, así estruturas complexas como a célula e o átomo, con estruturas e funcionamento ordenados e complexos, tiveron tamén que producirse por alguén. De igual modo, tal como se require unha formación e intelixencia para lexislar leis humanas, que ordenan as sociedades, así tamén é necesaria unha intelixencia para establecer as complexas leis que rexen o universo, observadas por astrofísicos, bioquímicos, enxeñeiros e outros científicos.

Outro argumento é que, sen intelixencia, tanto artistas, artesáns e deseñadores en diferentes campos, non poden producir nin crear os seus traballos. Por tanto, o deseñador da vida debe posuír unha intelixencia superior á intelixencia humana para producir estruturas para a vida que non poden reproducir no laboratorio seres humanos intelixentes.

Cando os críticos van máis alá do argumento de que o deseño intelixente non ten base realmente científica, algúns ademais argumentan que a evidencia existente fai que a hipótese do deseñador sexa improbábel, independentemente da súa posición no mundo da ciencia. Por exemplo, Jerry Coyne, da Universidade de Chicago, pregúntase por que un deseñador "nos daría a forma de producir vitamina C para despois destruíla ao inhabilitar un dos seus enzimas" e por que "non situou réptiles, mamíferos, anfibios e peixes de auga doce en illas afastadas cun ambiente adecuado para esas especies". Coyne tamén sinala que o feito de que "a flora e a fauna destas illas se parece moito á das terras continentais próximas, aínda cando o seu ambiente sexa moi diferente" é evidencia de que as especies non foron situadas alí por un deseñador.

Para defenderse destes argumentos, os partidarios do deseño intelixente argumentaron o descoñecemento dos motivos do deseñador. Por exemplo, Behe escribiu en A caixa negra de Darwin que, sinxelamente, non temos posibilidade de entender as motivacións do deseñador, de maneira que non podemos responder a estas preguntas de maneira definitiva. Os deseños con defectos poderían, por exemplo, ser incluídos polo deseñador por razóns artísticas, ou para un propósito que aínda non comprendemos ou por outras razóns. Coyne responde que en vista da evidencia, "a vida resultou non dun deseño intelixente senón da evolución, ou ben o deseñador é un ente cósmico que deseñou todo para que lucise como se fose creado como consecuencia dun proceso de evolución". Outros seguidores deste movemento afirman que quizais o deseñador utilizou as características do universo para dirixir a evolución, e así esculpir a vida que nun principio sementou.

Así, os críticos indican que, ao necesitar o deseño intelixente o argumento do descoñecemento das intencións do deseñador, realmente este feito preséntase só como unha forma de falacia, ou unha simple crenza relixiosa.

Paradoxo do deseñador

[editar | editar a fonte]

Ao afirmarse a necesidade dun deseñador, naturalmente ábrese a posibilidade e xorde con iso tamén o paradoxo de poder preguntarse quen deseñou ao deseñador? [56].

Partidarios como Dembski en The Design Inference especulan que o rol de deseñador o puido desempeñar un extraterrestre ou extrauniverso culto. A descrición oficial do deseño intelixente establece explicitamente que o universo amosa características producidas por deseño[57]. Por iso, ao admitir o "paradoxo do deseñador deseñado", Dembski conclúe que "ningún axente intelixente de natureza estritamente física puido realizar o deseño do universo ou da vida desde o seu inicio"[58].

Non obstante, a gran maioría dos propoñentes do deseño intelixente só responden que a pregunta sería irrelevante ou estaría fóra do tema da discusión do deseño intelixente[59]. Richard Wein responde que debe haber balance entre as preguntas sen resposta que unha teoría abre e as explicacións que achega ao fenómeno que estuda.

Así os críticos indican que o deseño intelixente, ao necesitar o argumento dun ser inexplicábel para explicar a orixe doutros (nós), realmente se presenta só como outra forma máis de falacia dentro desta ideoloxía. Este feito fai que a nova pregunta que suscita a explicación sexa polo menos tan problemática como a pregunta que trata de responder [60]. Un bo número de críticos tamén ve que a afirmación de "que o deseñador non necesita ser explicado como unha contribución ao coñecemento, senón máis ben como unha equivocada ou falsa resolución dunha disputa aplicando un cliché". A ausencia de evidencia observábel e medíbel, a esencia da pregunta sobre quen deseñou ao deseñador, conduce a unha regresión infinita da que os propoñentes do deseño intelixente só poden escapar con contradicións lóxicas, recorrendo a dogmas de fe relixiosos, ou respondendo ao paradoxo a través de conceptos filosóficos (por exemplo, a partir das ideas de Aristóteles, cando propón a existencia metafísica dun Primeiro Motor Inmóbil). Esta resposta, en calquera caso, habería que buscala fóra do campo da ciencia natural.

Posturas das diferentes relixións

[editar | editar a fonte]

Para os musulmáns o Corán é a palabra de deus copiada por Mahoma e nel dise:[61] "E el creou as parellas, macho e femia. Dunha gota de esperma exaculada". Tamén temos 114 suras (capítulos) que falan da cosmoxénese que explican a aparición do cosmos e da vida dunha forma semellante a xénese hebrea. Isto fai que calquera teoría científica non poida contradicir o Corán en nada[62]. Facendo que o creacionismo, versión tradicional do deseño intelixente sexa a postura das diversas correntes do islam.

Xudaísmo

[editar | editar a fonte]

Como noutras relixións non xerarquizadas, existen diferentes seitas xudías, das cales as máis representativas son o Xudaísmo ortodoxo e o Xudaísmo reformista. Entre os ortodoxos a visión literalista da Xénese imponse e as obxecions ao neo-darwinismo son semellantes ás dos grupos fundamentalistas cristiáns. Mentres que no Xudaísmo reformista, aínda que manteñen a crenza na Tora, non é de forma dogmática e aceptan os feitos científicos da evolución [63].

Relixións cristiás

[editar | editar a fonte]

Aínda que os argumentos do deseño intelixente sexan formulados de maneira secular e intencionalmente evitan apuntar á identidade do deseñador [64], a maioría dos principais defensores do deseño intelixente son cristáns e xa afirmaran no pasado que na súa opinión o "deseñador" é Deus. Phillip E. Johnson, William Dembski e Stephen C. Meyer son evanxélicos protestantes; Michael Behe é católico; e Jonathan Wells, outro defensor importante, é membro da Igrexa da Unificación. Johnson afirmou que cultivar a ambigüidade ao empregar linguaxe secular en argumentos que son meticulosamente desenvolvidos para evitar matices do creacionismo teísta é un primeiro paso necesario para finalmente reintroducir o concepto cristián de Deus como o deseñador. Johnson alerta explicitamente aos defensores do deseño intelixente para que escondan as súas motivacións relixiosas para evitar que o deseño intelixente sexa identificado "como outra maneira de presentar a mensaxe evanxélica cristiá" [65]. Johnson enfatiza que "a primeira cousa que se debe facer é tirar a Biblia da discusión"; "despois de que separemos o preconcepto materialista do feito científico [...] soamente aí os asuntos bíblicos poden discutirse" [66].

A estratexia de disfrazar deliberadamente a intención relixiosa do deseño intelixente fora xa descrita por William Dembski no seu libro The Design Inference [67]. No seu traballo Dembski cita un deus e unha "forza de vida alieníxena" como dúas opcións posíbeis para a identidade do deseñador, mentres que no seu libro Intelligente Design: The Bridge Between Science and Theology, Dembski afirma que "Cristo é indispensábel para calquera teoría científica, mesmo que os practicantes non teñan a mínima idea sobre el. O pragmatismo dunha teoria científica pode, claro, ser perseguido sen recorrer a Cristo. Mais a solidez conceptual da teoría no fin só pode ser localizada en Cristo" [68]. Dembski tamén afirmou que o "DI forma parte da revelación xeral de Deus [...] Non só o deseño intelixente nos libra desa ideoloxía (materialismo), que sufoca o espírito humano, mais, na miña experiencia persoal, descubrín que abre o camiño para que as persoas cheguen a Cristo" [69]. Tanto Johnson como Dembski citan o evanxeo de Xoán como a fundamento do deseño intelixente.

Barbara Forrest argumenta que tales declaracións revelan que os principais defensores do deseño intelixente o ven como algo esencialmente relixioso na súa natureza, e non só como un concepto científico que presenta implicacións que fortuitamente coinciden coas súas crenzas relixiosas particulares[70]. Escribe que os principais líderes do deseño intelixente están intimamente ligados co movemento ultraconservador reconstrutivista cristián. Sinala conexións actuais e pasadas de afiliados do Discovery Institute como Phillip Johnson, Charles Thaxton, Michael Behe, Richard Weikart, Jonathan Wells e Francis Beckwith, con líderes de organizacións reconstrutivistas cristiás, e a extensión do financiamento fornecido ao Instituto por Howard Ahmanson Jr., unha figura importante no movemento reconstrutivista [71].

Posición da Igrexa Católica

[editar | editar a fonte]

A posición pública da Igrexa Católica e da maioría dos católicos é a de respectar a autonomía da ciencia e os seus achados, desprazando a discusión sobre a verdade das Escrituras e a xustificación das crenzas a un plano netamente metafísico. Aínda así, dentro da Igrexa Católica tamén houbo pronunciamentos que aparentemente favorecen algúns postulados do deseño intelixente, que foron apoiados por parte de figuras católicas tan importantes como o arcebispo de Viena, quen postulou que:

Calquera modo de pensamento que negue ou busque desestimar a abrumadora evidencia en favor do deseño en bioloxía é ideoloxía, non é ciencia [72]

Neste sentido, o papa Bieito XVI, aínda que non deu o seu apoio ao movemento do deseño intelixente, si manifestou estar aparentemente de acordo con algúns dos seus postulados, ao opinar que considerar "ao home e a súa razón" un produto casual da evolución é irracional [73], ou ao dicir que "tamén é certo que a teoría da evolución non está demostrada fidedignamente". Porén, hai que aclarar que o papa Bieito XVI, en relación a unha suposta incompatibilidade entre creación e evolucionismo (propio dos seguidores do deseño intelixente), igualmente se pronunciou da seguinte forma:

"Esta contraposición é absurda porque, por unha parte, existen moitas probas científicas en favor da evolución, que se presenta como unha realidade que debemos ver e que arrequece o noso coñecemento da vida e do ser como tal. Pero a doutrina da evolución non responde a todos os interrogantes e, sobre todo, non responde ao grande interrogante filosófico: de onde vén todo isto e como todo toma un camiño que desemboca finalmente no home?" [74]

Así, a postura da Igrexa Católica, expresada repetidas veces, é que a Creación e a Evolución non se exclúen nin se contrapoñen, deixando claro, iso si, que "a evolución non responde a todas as preguntas do home", en relación ás preguntas metafísicas [75].

Reaccións e críticas

[editar | editar a fonte]

Críticas científicas

[editar | editar a fonte]

A gran maioría dos científicos e institucións científicas rexeitan as afirmacións sobre o deseño intelixente pola súa falta de base científica. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e outros organismos científicos clasifican o deseño intelixente como pseudociencia. A pesar diso, os movementos en apoio do deseño intelixente lograron suscitar unha mobilización política nos Estados Unidos con seguidores, incluídos algúns membros das cámaras lexislativas, que avogan pola inclusión do deseño intelixente nos programas de educación como se fose unha teoría alternativa á evolución. Trátase dos mesmos sectores que militaron desde hai tempo, con éxito desigual, pola supresión da ensinanza da evolución biolóxica ou pola introdución en paralelo, co mesmo tempo, da cosmogonía bíblica.

Así o movemento deseño intelixente descríbese pola comunidade científica só como unha campaña organizada co fin de promover a ideoloxía do deseño intelixente cara ao público en xeral, especialmente nos Estados Unidos, impulsada polo Discovery Institute e o Centro para a ciencia e a cultura, indicando que se ben os argumentos do movemento se presentan como seculares, o deseño intelixente asóciase co cristianismo conservador e co creacionismo.

En resposta a estas iniciativas, en xuño de 2005, as academias de Ciencias, Enxeñería e Medicina estableceron un sitio web [76] onde se trata de aclarar ao público que a Teoría da evolución non é unha teoría máis, senón a teoría máis sustentada que actualmente existe sobre a orixe dos seres viventes.

Francisco J. Ayala, na súa obra Darwin e o deseño intelixente, sostén a tese de que "non hai contradición necesaria entre a ciencia e as crenzas relixiosas". A razón diso é que ambas "tratan de asuntos diferentes que non se superpoñen". Segundo Ayala, pódese ser perfectamente partidario da teoría científica da evolución das especies e crer na existencia dun Deus creador, persoal e providente. Dito doutro xeito: o concepto científico de evolución non nega a noción metafísica e teolóxica de creación a partir do nada, nin á inversa.

Comunicado da American Society for Microbiology

[editar | editar a fonte]

O coñecemento do mundo microbiano é esencial para entender a evolución da vida na Terra. As características dos microorganismos (tamaño pequeno, reprodución rápida, mobilidade e facilidade para intercambiar información xenética) permítenlles adaptarse rapidamente ás influencias ambientais. En microbioloxía, a validez dos principios evolutivos está respaldada por:

  • a mutación, a recombinación e a selección, que son os mecanismos fundamentais da evolución, facilmente demostrábeis;
  • as comparacións baseadas en datos xenómicos que respaldan a orixe común da vida;
  • as taxas observábeis de cambio xenético e a contía da diversidade xenética, que indican que a diverxencia ocorreu durante unha grande escala de tempo xeolóxico, e acreditan a grande antigüidade da vida na Terra. Así, os microorganismos ilustran a evolución en acción, e os microbiólogos puideron facer uso da capacidade evolutiva dos microbios para o desenvolvemento de innovacións que salvaron vidas ou melloraron a nosa calidade de vida, na medicina, na agricultura e para o medio ambiente.

Pola contra, certas propostas alternativas á evolución, como o deseño intelixente e outras formas de creacionismo, non son científicas. En parte, porque non proporcionan un marco para a xeración de predicións útiles, susceptíbeis de seren sometidas a proba. O uso da suposta "complexidade irredutíbel" do flaxelo bacteriano como argumento para dotar de conceptos acientíficos con algo que aparenta lexitimidade, é espurio e non se fundamenta nos feitos. A evolución non é unha mera conxectura, senón un descubrimento concluínte respaldado por un corpo de probas coherente e integrado.

A comunidade científica, independentemente das súas crenzas relixiosas, acepta de forma absoluta a evolución como elemento central para a comprensión da vida e das ciencias da vida. Un aspecto fundamental da práctica da ciencia é separar as propias crenzas persoais da busca do coñecemento do mundo natural. É importante que a sociedade e as xeracións futuras recoñezan a lexitimidade da aprendizaxe comprobábel, verificada e baseada en feitos, acerca da orixe e a diversidade da vida.

Sentenza do xulgado de Dover: O caso Kitzmiller

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Caso Kitzmiller.

O caso Kitzmiller v. Dover Area School District, en xaneiro de 2005, no distrito escolar de Dover (Pensilvania), foi a primeira contestación levada perante un tribunal federal dos Estados Unidos contra un distrito escolar público que exixía que se presentase aos alumnos, e que se lese en voz alta, un texto no que se postulaba a existencia de ideoloxías alternativas á teoría da evolución, en particular o deseño intelixente. Este feito provocou a presentación dunha demanda por parte dun grupo de once pais de alumnos en Dover, que denunciaron ao Consello Escolar do distrito. A demanda argumentaba que o deseño intelixente era unha forma de creacionismo e que a política do consello escolar violaba a Cláusula de Estabelecemento da Primeira Emenda da Constitución dos Estados Unidos.

O proceso foi xulgado entre o 26 de setembro de 2005 e o 4 de novembro de 2005, perante o xuíz John E. Jones III. O 20 de decembro de 2005 o xuíz Jones emitiu a súa decisión, declarando "inconstitucional a ensinanza do deseño intelixente nas escolas por ser un "argumento relixioso" e prohibindo que fose ensinado nas clases de ciencias das escolas públicas do distrito de Pennsylvania [77].

Na primavera do 2007 a University of Montana Law review publicou tres artigos [78]. No primeiro, David K. DeWolf, John G. West e Casey Luskin argumentaron que o deseño intelixente é unha teoría científica válida [79]. No segundo, Peter Irons argumentou que a decisión fora ben razoada e que representaba a fin do creacionismo nas escolas públicas [80]. No terceiro, DeWolf et al. responderon os argumentos feitos por Irons [81].

Outras reaccións

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Pastafarismo e Caída intelixente.

Outra reacción a estas iniciativas represéntaa o pastafarismo, parodia dunha relixión composta dun suposto conxunto de crenzas que tamén dan unha explicación alternativa á orixe da vida. Ao contrario do deseño intelixente, esta parodia si afirma abertamente quen é o suposto deseñador. O creador desta parodia de relixión afirma, ironicamente, que se o deseño intelixente se ensina en ciencias, non hai impedimento para que tamén se deba ensinar o pastafarismo, tendo ambos o mesmo lugar na educación, por exemplo, utilizando un terzo do tempo en ensinar deseño intelixente, outro terzo en ensinar que todo foi creado por un Monstro de Espaguete Voador e o terzo restante en ensinar a teoría da evolución. É dicir, se o deseño intelixente se considera como unha teoría "científica" alternativa, o pastafarismo tamén o sería, xa que tamén pode presentar o mesmo tipo de "conxecturas lóxicas" baseadas en "abafadoras probas observábeis" [82].

Igualmente, existe outra crítica en forma de parodia, coñecida como a teoría da caída intelixente, a cal propón que a explicación científica da forza da gravidade non pode explicar todos os aspectos do fenómeno, polo que é lóxico que se deba dar credibilidade á idea de que as cousas caen por unha intelixencia superior. Tamén se fai a afirmación de que a gravidade é "só unha teoría", parodiando as afirmacións feitas polos creacionistas en relación co status de teoría da evolución natural.

Respostas negativas a solicitudes de charlas sobre o deseño intelixente en universidades

[editar | editar a fonte]

A principios de 2008 iniciouse unha xira de charlas antievolución por España nas que se pretendía expoñer ademais, nas universidades de León e Vigo e que, sen facer uso do nome explícito de deseño intelixente, tiñan o verdadeiro obxectivo de explicalo e promocionalo. Non obstante, ao coñecerse a verdadeira natureza das charlas, ambas as universidades rexeitaron as solicitudes, xa que non se trataba de charlas de carácter científico, senón que eran realmente creacionistas, e non achegaban nada ao labor académico da difusión das ciencias naturais [83].

Situación do deseño intelixente fóra dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2007 o Comité sobre Cultura, Ciencia e Educación do Consello de Europa emitiu un relatorio, The dangers of creationism in education ("Os perigos do creacionismo na educación"), que afirmaba que "o creacionismo en calquera das súas formas, tal como o deseño intelixente, non está baseado en feitos, non usa a racionalización científica e os seus contidos son totalmente inadecuados para clases de ciencias [84]. Ao relacionar os perigos atribuídos ao ensino do creacionismo para a educación, o relatorio describe o deseño intelixente como "anticiencia" que envolve unha "ostentosa fraude científica" e "disimulo intelectual" que "mancha a natureza, obxectividade e límites da ciencia", e o relaciona con outras formas de creacionismo como o negacionismo. O 4 de outubro de 2007, a Asemblea Parlamentaria do Consello da Europa aprobou unha resolución declarando que as escolas deberían "resistirse a presentacións de ideas creacionistas en calquera disciplina que non sexa relixión", incluíndo o deseño intelixente, que é descrito como "a última e máis refinada versión do creacionismo", "presentado dunha forma máis sutil". A resolución pon énfase en que o obxectivo do relatorio non é o de cuestionar ou combater unha crenza, pero si o de "alertar contra certas tendencias de facer pasar unha crenza como ciencia” [85].

No Reino Unido, a educación pública inclúe a Educación Relixiosa como obrigatoria, e moitas escolas relixiosas ensinan o ideario particular das súas respectivas denominacións. Cando se revelou que un grupo chamado Truth in Science ("Verdade na ciencia") distribuíra DVDs producidos pola afiliada do Discovery Institute, Illustra Media, presentando a membros do Discovery Institute defendendo o caso do deseño intelixente na natureza [86], ademais da alegación de que os DVDs se usaran en 59 escolas [87], o Department for Education and Skills (DfES) afirmou que "nin o creacionismo nin o deseño intelixente se ensinan como asunto nas escolas, e non están especificados no currículo de ciencias" (parte do Currículo Nacional que non se aplica a escolas independentes ou a Educación en Escocia) [88][89]. O DfES seguidamente afirmou que o "deseño intelixente non é unha teoría científica recoñecida; logo, non está incluída no currículo de ciencias", pero abriu a posibilidade de que o DI podía explicarse na educación relixiosa en relación con diferentes crenzas, como parte do programa desenvolvido polos consellos consultivos locais de educación relixiosa [90]. En 2006 a Qualifications and Curriculum Authority (Autoridade de cualificacións e currículos) produciu unha unidade modelo de Educación Relixiosa onde os estudantes poden aprender sobre visións relixiosas e non relixiosas acerca do creacionismo, do deseño intelixente e da evolución por medio da selección natural.

O 25 de xuño de 2007, o Goberno do Reino Unido respondeu unha "e-petition" dicindo que o creacionismo e o deseño intelixente non deberían ensinarse como ciencia, e que se esperaba que os profesores respondesen ás preguntas dos seus alumnos co esquema padrón das teorías científicas establecidas. O 18 de setembro de 2007 publicouse unha detallada guía de ensino creacionista gobernamental para escolas en Inglaterra. No documento dise que o "deseño intelixente queda totalmente fóra da ciencia", non posúe os principios científicos centrais nin explicacións e non é aceptado pola totalidade da comunidade científica. Aínda que non deba ensinarse como ciencia, as "cuestións acerca do creacionismo e do deseño intelixente que se suscitan en clases de ciencias, por exemplo, como consecuencia da cobertura dos medios, poden dar a oportunidade de explicar o por que de que ambos non se consideran teorías científicas e, nese contexto, por que a evolución si se considera unha teoría científica". Mentres, "profesores de materias como RE, historia ou cidadanía poden tratar o creacionismo e o deseño intelixente nas súas leccións" [91].

O lobby British Centre for Science Education (Centro británico para a educación científica) ten como obxectivo "oporse ao creacionismo dentro do Reino Unido" e xa se constituíu en lobby gobernamental no Reino Unido en relación a ese asunto[84]. Mentres, en Irlanda do Norte o Partido Unionista Democrático (DUP) alega que o currículo revisado proporciona unha oportunidade para o ensino de teorías alternativas, e está buscando garantías de que os estudantes non perderán nota ao responder preguntas científicas con respostas con carimbo creacionista/deseño intelixente [92][93]. En Lisburn o DUP conseguiu que o Consello da Cidade escribise a escolas secundarias preguntando cales eran os seus plans en relación ao desenvolvemento de material de ensino incluíndo "a creación, o deseño intelixente e outras teorías sobre a orixe"[94].

Nos Países Baixos, os plans da Ministra de Educación Maria van der Hoeven de "estimular un debate académico" sobre o asunto en 2005 causaron unha gran reacción pública negativa [95]. Despois das eleccións de 2007 foi substituída por Ronald Plasterk, ao que se describiu como un "xenetista molecular, ateo férreo e opoñente do deseño intelixente" [96].

Como unha reacción á situación nos Países Baixos, en Bélxica, o Presidente do Consello Educativo Católico Flamengo (VSKO en neerlandés) Mieke Van Hecke declarou que "os científicos católicos aceptan a teoría da evolución xa hai moito tempo, e que o deseño intelixente e o creacionismo non pertencen a escolas católicas flamengas. Non é función dos políticos introducir novas ideas, esa é a función e o obxectivo da ciencia" [97].

Noutras rexións

[editar | editar a fonte]

O creacionismo ten grande influencia política en varios países islámicos. As visións antievolucionistas considéranse correntes principais e teñen considerábel apoio oficial e das elites, así como de teólogos, académicos e científicos [98]. En xeral, os creacionistas musulmáns relaciónanse co Institute for Creation Research para obter ideas e materiais que posteriormente adaptan ás súas propias posicións teolóxicas. Do mesmo xeito, tamén usan material antievolucionista sobre o deseño intelixente. Muzaffar Iqbal, un notábel musulmán do Canadá, asinou a lista de Disidentes do Darwinismo do Discovery Institute [99]. Outras ideas similares ao deseño intelixente considéranse opcións intelectualmente respectábeis entre musulmáns, e en Turquía traducíronse moitos libros sobre o deseño intelixente. En 2007, en Istambul, o goberno local patrocinou encontros públicos promovendo o deseño intelixente [98], e David Berlinski, do Discovery Institute, foi un dos relatores principais nun encontro en maio de 2007 [100].

A situación do deseño intelixente en Australia é similar á do Reino Unido. Cando o exministro de Educación Federal Brendan Nelson suscitou a presenza do ensino do deseño intelixente nas clases de ciencias, as protestas da poboación fixeron que rapidamente se retractase, afirmando que o foro axeitado para o deseño intelixente, se fose ensinado, sería en clases de relixión ou de filosofía [101].

  1. 1,0 1,1 Kitzmiller vs. Dover Area School District (2005), Context pg. 32 ff, citando a Edwards v. Aguillard.
  2. "O DI non é un novo argumento científico, senón máis ben un vello argumento relixioso para a existencia de Deus. Reconduciron este argumento indirecto polo menos até Tomé de Aquino, no século XIII, o cal definiu o argumento cun siloxismo: Dado que un deseño intelixente existe, debeu existir un deseñador; a natureza é complexa; polo que a natureza debeu ter un deseñador intelixente." Esta demostración da existencia de Deus foi lanzada a principios do século XIX polo reverendo William [...] Aparentemente, a única diferenza entre a proba de Paley e a proba do DI, así como da de expertos da súa defensa Behe e Minnich, é que a posición oficial do DI non recoñece explicitamente que o deseñador sexa Deus". Kitzmiller vs. Dover Area School District vol. 4, 20/12/2005, Decisión, p. 24.
  3. 3,0 3,1 FORREST, B. (2007). Center for Inquiry, Inc., ed. "Understanding the Intelligent Design Creationist Movement: Its True Nature and Goals. A Position Paper from the Center for Inquiry, Office of Public Policy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 19/05/2011. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  4. 4,0 4,1 "P. Ten o Discovery Institute un propoñente no Movemento do deseño intelixente? R. Si, o Centro para a ciencia e a cultura do Discovery Institute. P. E hai máis individuos involucrados no Movemento do deseño intelixente asociados co Discovery Institute? R. Todos os líderes o están, si". Barbara Forrest, 2005, testemuñado no xuízo Kitzmiller vs. Dover Area School District. www.talkorigins.org, ed. (2005). "Kitzmiller vs. Dover Area School District Trial transcript: Day 6 (October 5), PM Session, Part 1". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  5. American Civil Liberties Union, ed. (16/09/2005). "Who is behind the ID movement?". Arquivado dende o orixinal o 26/10/2009. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  6. KAHN, J.P. (27/07/2005). The Boston Globe, ed. "The Evolution of George Gilder. The Author And Tech-Sector Guru Has A New Cause To Create Controversy With: Intelligent Design". Arquivado dende o orixinal o 16/01/2009. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  7. Science & Theology News, ed. (11/2005). "Science & Religion Guide" (Pdf). Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  8. American Association for the Advancement of Science, ed. (2007). "Science and Policy: Intelligent Design and Peer Review". Arquivado dende o orixinal o 06/06/2012. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  9. 9,0 9,1 "The writings of leading ID proponents reveal that the designer postulated by their argument is the God of Christianity". Kitzmiller vs. Dover Area School District (2005), Ruling p. 26. Unha selección de escritores e citas de partidarios do deseño intelixente demostrando esta identificación do Deus dos cristiáns co deseñador intelixente pódese ver en Horse's Mouth Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine., de Brian Poindexter, 2003.
  10. [http://www.discovery.org/a/2348 Principais preguntas sobre o DI. (en inglés)
  11. Discovery Institute (ed.). "Top Questions about intelligent design". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  12. MEYER, C.>, NELSON, P.A. (01/05/1996). "CSC – Getting Rid of the Unfair Rules], A book review, Origins & Design". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  13. JOHNSON, P.E. (31/08/1996). "Starting a Conversation about Evolution". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  14. MEYER, S.C. (01/12/2002). Ignatius Press., ed. "The Scientific Status of Intelligent Design: The Methodological Equivalence of Naturalistic and Non-Naturalistic Origins Theories". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  15. A AAAS, a máis grande asociación de científicos estadounidense, ten 120.000 membros, e rexeita firmemente o DI (http://www.aaas.org/news/releases/2002/1106id2.shtml Arquivado 13 de novembro de 2002 en Wayback Machine.). Máis de 70.000 científicos e profesores australianos condenaron o ensino do deseño intelixente nas clases de ciencias (http://www..science.unsw.edu.au/news/2005/1106id2.shtmil[Ligazón morta]). Véxase tamén a lista de declaracións das organizacións profesionais científicas (http://www.ncseweb.org/resources/articles/8408_statements_from_scientific_and_12_19_2002.asp Arquivado 28 de marzo de 2008 en Wayback Machine.) sobre a natureza do deseño intelixente e doutras formas de creacionismo.
  16. National Academy of Sciences, 1999. Science and Creationism: A View from the National Academy of Sciences Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine., segunda edición
  17. A National Science Teachers Association', unha asociación profesional de 55.000 profesores de ciencias, declarou nunha conferencia de prensa en 2005: "Estamos ao lado dos científicos e das principais asociacións científicas nacionais, incluído o Dr. John Marburger, principal conselleiro científico do presidente, en afirmar que o deseño intelixente non é ciencia. [...] É absolutamente incorrecto presentar unha pseudociencia aos estudantes durante as clases de ciencia. "Trojan Horse or Legitimate Science: Deconstructing the Debate over Intelligent Design" (PDF). Harvard Science Review 19 (1). 2005. Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 24/07/2007. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  18. Professional Ethics Report (2001). American Association for the Advancement of Science, ed. "Creationists are repackaging their message as the pseudoscience of intelligent design theory" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03/01/2011. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  19. BERGIN, M. (25/02/2006). "Junk science". World Magazine 21 (8). Arquivado dende o orixinal o 07/01/2012. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  20. Agin, D. P. (2006). Junk science : how politicians, corporations, and other hucksters betray us (1st ed ed.). New York: Thomas Dunne Books. ISBN 9780312352417. OCLC 69028729. (en inglés)
  21. 22,0 22,1 22,2 Kitzmiller v. Dover Area School District (2005), pp. 31 – 33.
  22. 23,0 23,1 Discovery Institute, ed. (07/09/2004). "Media Backgrounder: Intelligent Design Article Sparks Controversy". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  23. KUSHINER, J.M. (06/2002). Touchstone Magazine, ed. "Berkeley's Radical". Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  24. WILGOREN, J. (25/08/2005). The New York Times, ed. "Politicized Scholars Put Evolution on the Defensive" (Pdf). Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  25. DOWNEY, R. (01/02/2006). Seattle Weekly, ed. "Discovery's Creation". Arquivado dende o orixinal o 17/12/2011. Consultado o 13/02/2011.  (en inglés)
  26. U.S. SUPREME COURT (19/06/1987). www.caselaw.lp.findlaw.com, ed. "Edwards v. Aguillard, 482 U.S. 578 (1987)". Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  27. SCOTT, E.C. (1993). www.ncseweb.org, ed. "Darwin Prosecuted: Review of Johnson's Darwin on Trial". Arquivado dende o orixinal o 12/05/2008. Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  28. JOHNSON, P.E. (1999). www.arn.org, ed. "The Wedge". Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  29. DEMBSKI (10/01/2007). www.uncommondescent.com, ed. "“Truly Programmable Matter”". Arquivado dende o orixinal o 07/04/2020. Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  30. Discovery Institute (1999). "Wedge Document" (Pdf). Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  31. The Stanford Encyclopedia of Philosophy (25/10/2005). www.plato.stanford.edu, ed. "Plato's Timaeus". Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  32. ARISTÓTELES, Metafísica
  33. CICERÓN. www.thelatinlibrary.com, ed. "De Natura Deorum". Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  34. TOMÉ DE AQUINO. www.faithnet.org.uk, ed. "Summa Theologica". Arquivado dende o orixinal o 08/08/2007. Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  35. PALLEY, W. (1809). Natural Theology: or, Evidences of the Existence and Attributes of the Deity]. Londres. ISBN.  (en inglés)
  36. STEINMETZ, D.C. (27/12/2005). www.religion-online.org, ed. "The Debate on Intelligent Design". Arquivado dende o orixinal o 08/01/2009. Consultado o 16/02/2011.  (en inglés)
  37. DEMBSKI, W. (2001). www.designinference.com, ed. "Is intelligent design a for of natural theology?". Arquivado dende o orixinal o 29/07/2012. Consultado o 16/02/2011. (en inglés)
  38. FORREST, B. (11/03/2006). www.dailykos.com, ed. "Know Your Creationists: Know Your Allies". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  39. MEYER, S.C. (03/1986). www.arn.org, ed. "We Are Not Alone". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  40. THAXTON, Ch.B. (11/1986). Christian Leadership Ministries, ed. "DNA, Design and the Origin of Life". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2007. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  41. 42,0 42,1 THAXTON, Ch.B. (06/1988). www.leaderu.com, ed. "In Pursuit of Intelligent Causes: Some Historical Background". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  42. SAFIRE, W. (21/08/2005). www.nytimes.com, ed. "Neo-Creo". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  43. www.touchstonemag.com, ed. (08/1999). "Touchstone Magazine. Volume 12, Issue4". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  44. KOPPEL, T. (08/10/2005). www.bringyou.to, ed. "Nightline with Ted Koppel 8/10/2005 on Intelligent Design". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 12/12/2019. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  45. www.rightreason.ektopos.com, ed. (30/09/2005). "Why Science-Types Need Philosophy". Crossway Books. Archived from the original on 28/10/2006. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  46. ALLMAN, G.J. (1873). The British Association. The Times.  (en inglés)
  47. ALSTON, W.P., Teleological Argument for the Existence of God; en EDWARDS, P. (ed.) (1967). Encyclopedia of Philosophy. Collier MacMillan Publishers. ISBN 0-02-894990-0. 
  48. HORIGAN, J.E. (1979). Chance or Design?. Philosophal Library.  (en inglés)
  49. WITT, J. (20/12/2005). www.evolutionnews.org, ed. "Dover Judge Regurgitates Mythological History of Intelligent Design". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  50. FORREST, B.C. (11/03/2006). www.dailykos.com, ed. "Daily Kos: Know Your Creationists: Know Your Allies". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  51. AULIE, R.P. (1998). www.stephenjaygould.org, ed. "A Reader's Guide to Of Pandas and People". Arquivado dende o orixinal o 06/03/2014. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  52. MATZKE, N. (13/10/2005). www.pandasthumb.org, ed. "I guess ID really was "Creationism's Trojan Horse" after all". Arquivado dende o orixinal o 24/06/2008. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  53. www.antievolution.org (ed.). "The Wedge" (Pdf). Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  54. 55,0 55,1 www.antievolution.org, ed. (1999). "Wedge Document" (Pdf). Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  55. SIMANEK, D.E. (03/02/2006). www.lhup.edu, ed. "Intelligent Design: The Glass is Empty". Arquivado dende o orixinal o 14/07/2012. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  56. "A teoría do deseño intelixente sostén que algunhas características do universo e dos seres viventes se explican mellor cunha orixe intelixente e non un proceso indirecto como o da selección natural". Discovery Institute. www.discovery.org, ed. "Questions about Intelligent Design". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  57. DEMBSKI, W.A. (10/08/1998). www.leaderu.com, ed. "The Act of Creation: Bridging Transcendence and Immanence". Arquivado dende o orixinal o 25/01/2007. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  58. IDEA Center: "Non é necesario entender completamente a orixe ou identidade do deseñador para determinar que un obxecto foi deseñado". De maneira que indican que a pregunta sería irrelevante para a teoría do deseño intelixente, que só busca detectar que un obxecto foi deseñado, descartando que o deseño intelixente poida ademais buscar a identidade ou orixe do deseñador (trátase dunha pregunta filosófica ou relixiosa que se escapa do dominio da investigación científica). No caso do cristianismo, este postularía unha resposta relixiosa a esta pregunta: "Deus é o deseñador e é por definición eternamente existente e non ten orixe. Indicando que non existiría imposibilidade filosófica para esta resposta relixiosa á orixe do deseñador..." IDEA Center. www.ideacenter.org, ed. "FAQ: Who designed the designer?". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  59. WEIN, R. (23/04/2002). www.talkreason.org, ed. "Not a Free Lunch But a Box of Chocolates". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  60. Coran 53:45
  61. dawkins "a desilusión de deus"
  62. michael A.Mayers "The reform judaism readers"
  63. Discovery Institute. www.discovery.org, ed. "Does intelligent design postulate a "supernatural creator?". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  64. JOHNSON, P. (04/1999). "Keeping the Darwinists Honest". Citizen Magazine.  (en inglés)
  65. JOHNSON, P. (1999). www.arn.org, ed. "The Wedge. Breaking the Modernist Monopoly on Science". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  66. DEMBSKI, W. (1998). The Design Inference.  (en inglés)
  67. DEMBSKI, W. (1999). Intelligent Design: The Bridge Between Science and Theology.  (en inglés)
  68. DEMBSKI, W. www.designinference.com, ed. "Intelligent Design's Contribution to the Debate Over Evolution: A Reply to Henry Morris". Arquivado dende o orixinal o 29/07/2012. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  69. FORREST, B. Testemuña dun experto. Kitzmiller v. Dover Area School District, transcrición día 6 (5 de outubro).
  70. FORREST, B. (05/2007). www.centerforinquiry.net, ed. "Understanding the Intelligent Design Creationist Movement: Its True Nature and Goals. A Position Paper from the Center for Inquiry, Office of Public Policy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19/05/2011. Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  71. SCHÖNBORN, Ch. (07/07/2005). www.millerandlevine.com, ed. "Finding Design in Nature". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  72. Bieito XVI (09/2006). www.vatican.net, ed. "Santa Misa en la explanada de Isling. Homilía del Santo Padre". Arquivado dende o orixinal o 29/06/2012. Consultado o 21/02/2011.  (en castelán)
  73. Bieito XVI (24/07/2007). www.vatican.va, ed. "Encuentro del Santo Padre Benedicto XVI con los párrocos y sacerdotes de las diócesis de Belluno-Feltre y Treviso". Consultado o 21/02/2011.  (en castelán)
  74. www.zenit.org, ed. (27-07-2007). "La evolución no responde a todas las preguntas del hombre, reconoce el Papa". Arquivado dende o orixinal o 03-01-2011. Consultado o 21/02/2011.  (en castelán)
  75. www.nationalacademies.org (ed.). "Evolution Resources". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  76. BBC (20/12/2005). www.news.bbc.co.uk, ed. "EE.UU.: No al Diseño Inteligente". Consultado o 21/02/2011.  (en castelán)
  77. "Articles: Editor's Note: Intelligent Design Articles" (PDF). University of Montana Law Review 68 (1). 10/04/2007. Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 27/09/2007. Consultado o 22/02/2011. 
  78. DeWOLF, D.K.; WEST, J.G.; LUSKIN, C. (04/05/2007). "Intelligent Design Will Survive Kitzmiller v. Dover" (PDF). University of Montana Law Review 68 (1). Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 01/12/2007. Consultado o 22/02/2011. 
  79. IRONS, P. (27/04/2007). "Disaster In Dover: The Trials (And Tribulations) Of Intelligent Design" (PDF). University of Montana Law Review 68 (1). Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 01/12/2007. Consultado o 22/02/2011. 
  80. DeWolf, David K; West, John G; Luskin, Casey (April 27, 2007). "Rebuttal to Irons" (PDF). University of Montana Law Review 68 (1). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2007. Consultado o 2008-10-16. 
  81. www.washingtonpost.com, ed. (28/08/2005). "Verbatim: Noodle This, Kansas". Consultado o 21/02/2011.  (en inglés)
  82. BARCALA, D. (17/01/2008). www.publico.es, ed. "Los anti-Darwin no tienen sitio en la Universidad". Arquivado dende o orixinal o 30/04/2009. Consultado o 21/02/2011.  (en castelán)
  83. 84,0 84,1 Consello de Europa (08/06/2007). www.assembly.coe.int, ed. "The dangers of creationism in education". Arquivado dende o orixinal o 04/07/2007. Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  84. REILHAC, G. (04/10/2007). www.uk.reuters.com, ed. "Council of Europe firmly opposes creationism in school". Arquivado dende o orixinal o 26/12/2008. Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  85. MEYER, S.C.; ALLEN, W.P. (15/07/2004). www.discovery.org, ed. "Unlocking the Mystery of Life". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2006. Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  86. RANDERSON, J. (07/11/2006). www.guardian.co.uk, ed. "Revealed: rise of creationism in UK schools". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  87. www.news.bbc.co.uk, ed. (29/09/2006). "'Design' attack on school science". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  88. www.publications.parliament.uk, ed. (01/11/2006). "Written Answers". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  89. www.publications.parliament.uk, ed. (18/12/2006). "Schools: Intelligent Design". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  90. www.teachernet.gov.uk, ed. (18/09/2007). "Teachernet, Document bank". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  91. HENRY, L.-A. (26/09/2007). www.belfasttelegraph.co.uk, ed. "Tussle of Biblical proportions over creationism in Ulster classrooms - Education - News". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  92. www.belfasttelegraph.co.uk, ed. (27/09/2007). "Viewpoint: The world, according to Lisburn folk". Consultado o 22/02/2011. 
  93. www.lisburntoday.co.uk, ed. (26/09/2007). "Dup Call For Schools To Teach Creation Passed By Council". Arquivado dende o orixinal o 07/01/2009. Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  94. ENSERINK, M. (03/06/2005). www.sciencemag.org, ed. "Evolution Politics: Is Holland Becoming the Kansas of Europe?". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  95. www.dutchnews.nl, ed. (13/02/2007). "Cabinet ministers announced (update 2)". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  96. De Morgen, May 23, 2005
  97. 98,0 98,1 EDIS, T. (2008). "Islamic Creationism: A Short History". The History of Science Society 37 (1). Arquivado dende o orixinal o 16/07/2011. Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  98. EDIS, T. (1999). www.ncseweb.org, ed. "Cloning Creationism in Turkey". Arquivado dende o orixinal o 09/05/2008. Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  99. JONES, D.L. (12/03/2008). www.isn.ethz.ch, ed. "Turkey's survival of the fittest". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)
  100. SMITH, D. (21/10/2005). www.smh.com.au, ed. "Intelligent design not science: experts". Consultado o 22/02/2011.  (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]