Ctenocarabus
Ctenocarabus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carabus (Ctenocarabus) galicianus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Ctenocarabus é un subxénero de insectos coleópteros da familia dos carábidos, pertencente ao xénero Carabus,[1] cuxas especies son endémicas do suroeste de Europa e Marrocos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O subxénero foi descrito en 1875 polo entomólogo franco-estadounidense James Thomson.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Ctenocarabus está formado polo elemento do latín científico cteno-, tirado do grego antigo κτείς, κτενός kteís, ktenós "peite",[2] e o nome do xénero Carabus. Literalmente, "os escarvellos que levan peites".
Especies
[editar | editar a fonte]O subxénero comprende dúas especies:[1]
- Carabus galicianus Gory, 1839
- Carabus melancholicus Fabricius, 1798
Caracteísticas
[editar | editar a fonte]Son escaravellos corredores grandes, oblongos, a de cores metálicas. O pronoto é arredondado, bastante estreito. Os élitros son anchos, máis ben abobadados, coa superficie lixeiramente coriácea, están percorridos por costelas lonxitudinais. As patas e as articulacións internas das antenas adoitan seren de cor vemella alaranaxada.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O subxénero está moi estendido no suroeste de Europa e en Marrocos. Ambas as dúas especies pódense encontrar tanto en bosques como en campos abertos.
Posición sistemática
[editar | editar a fonte]A árbore filoxenética é a seguinte:[3]
- Orde Coleoptera Linnaeus, 1758
- Suborde Adephaga Schellenberg, 1806
- Superfamila Caraboidea Latreille, 1802
- Familia Carabidae Latreille, 1802
- Subfamilia Carabinae Latreille, 1802
- Tribo Carabini Latreille, 1802
- Subtribo Carabina Latreille, 1802
- Xénero Carabus Linnaeus, 1758
- Subxénero Ctenocarabus Thomson, 1875
- Especie Carabus galicianus Gory, 1839
- Especie Carabus melancholicus Fabricius, 1798
- Subespecie Carabus melancholicus costatus Germar, 1824
- Subespecie Carabus melancholicus melancholicus Fabricius, 1798
- Subespecie Carabus melancholicus submeridionalis Breuning, 1975
- Subxénero Ctenocarabus Thomson, 1875
- Xénero Carabus Linnaeus, 1758
- Subtribo Carabina Latreille, 1802
- Tribo Carabini Latreille, 1802
- Subfamilia Carabinae Latreille, 1802
- Familia Carabidae Latreille, 1802
- Superfamila Caraboidea Latreille, 1802
- Suborde Adephaga Schellenberg, 1806
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ctenocarabus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ctenocarabus en Lorenz, W. (2021): CarabCat: Global database of ground beetles (versión outubro de 2017). En: Catalogue of Life. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life (5-04-2021).