Saltar ao contido

Cuarteto Caramuxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuarteto Caramuxo

O Cuarteto Caramuxo é un grupo galego creado en Vigo no ano 1989 que se sitúa no novo folk.

O Cuarteto Caramuxo creouse a partir do cuarteto de clarinetes da Orquestra Clásica de Vigo, cun repertorio inicial de música clásica e estándares de jazz e blues. En 1995 participa nun encontro de clarinetistas en Glomel, na Bretaña francesa. Esa experiencia marca a súa virada cara a un repertorio tradicional e responde a un desexo de recuperación de instrumentos que foran habituais nos grupos de música tradicional galega.[1] Arquivado 23 de abril de 2018 en Wayback Machine.

En 2002 participan no Primeiro concerto expansivo Nunca Máis organizado pola Plataforma contra a Burla Negra e, froito desa acción cultura reivindicativa, en 2005 crean con Avelino González o espectáculo narrativo-musical Vento mareiro.

"No ano 2002, precisamente o 02-02-2002, foi a data na que se convocaron os “Concertos Expansivos”, uns concertos coa finalidade de que xente vinculada coa cultura e coa sensibilidade crítica do que estaba acontecendo nese intre (ano do afundimento do Prestige) fíxose unha programación autónoma para mostrar ese berro de protesta. Cando o cuarteto foi pedir o local –o antigo Viva Zapata de Vigo– para o concerto, resulta que estaba ocupado xa, pero por sorte estaba ocupado por un amigo do grupo, Avelino González, quen ía a contar contos. Chegaron a un acordo de colaboración no que o cuarteto musicaría algún conto á vez que Avelino o contaba. A experiencia gustou moito, tanto que de aí saíu un gran proxecto chamado Vento mareiro composto por un acordeón, tres clarinetes e percusión. Avelino contaba historias do mar e o cuarteto poñíalle música".[1]

Esta colaboración reforza o seu interese pola posta en escena, máis achegada á performance teatral que ao concerto e lévaos a concibir outros espectáculos literario-musicais dirixidos á infancia.

Gañan o Concurso Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza e, gravan o seu primeiro disco. Os seus músicos xa pasaron por agrupacións coma a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Xove Orquestra de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. Nos inicios seu repertorio abrangue o jazz e mesmo a música clásica mais finalmente.[2] O seu repertorio máis coñecido inclúe composicións recollidas nos cancioneiros tradicionais mais tamén inclúen pezas de autores contemporáneos como Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González e Ernesto Campos.[3]

O Cuarteto Caramuxo define así o seu proxecto musical: "Procuramos novos camiños musicais coa intención de ofrecer variedade sen renunciar aos nosos principios de elegancia e bo humor con referencias a músicas e ritmos recoñecibles".[4]

Formación actual

[editar | editar a fonte]

Desde 2015 está integrada por:

Formación no ano 2005:

[editar | editar a fonte]
  • Patricia Cela, percusión
  • Alonso Caxade, acordeón
  • Fernando Abreu, clarinetes soprano e baixo
  • Xoán Carlos Vázquez, clarinete soprano
  • Óscar Prieto, clarinete soprano e baixo

Discografía

[editar | editar a fonte]

O seu terceiro traballo (Reviravoltas) inclúe composicións inéditas que o musicólogo Xabier Groba atopa na elaboración da súa tese de doutoramento, O legado musical de Casto Sampedro Folgar (1848-1937): o canto galego de tradición oral.[5] Trátase de melodías recollidas nos séculos XIX e XX da denominada Colección Sampedro, e que Xosé Filgueira Valverde non incluíu na edición do Cancioneiro popular galego.

No seu segundo traballo actualizan melodías tradicionais co obxectivo de achegalas ao gusto contemporáneo e facelas bailables.

  • Tiruriru (Falcatruada, 2005).
  • Arrieiros somos (Nakra, 2015). Composición e arranxo do Cuarteto Caramuxo. Deseño de identidade visual e arte de Olalla Fernández.[6]
  • Reviravoltas (Nakra 2021). Composicións e arranxos do Cuarteto Caramuxo baseadas en melodías recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro (CS), agás “De seu”, composición orixinal de Mercedes Peón. Gravado no estudo Planta Sónica (Vigo) por Pancho Suárez de Lis e Jose A. Vilas en xullo de 2021. Mesturas e masterización: Jose A. Vilas Deseño e maquetación: Macarena Montesinos. Fotografía: Mariña Prieto.

Espectáculos

[editar | editar a fonte]
  1. Fernández, Beatriz Abalo. "Entrevista a Cuarteto Caramuxo, o sexteto que non podes perder". www.personxxi.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-23. 
  2. Fernández, Beatriz Abalo. "Entrevista a Cuarteto Caramuxo, o sexteto que non podes perder". www.personxxi.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-22. 
  3. "Cuarteto Caramuxo - WOMEX". www.womex.com (en inglés). Consultado o 2018-04-23. 
  4. "Abrete de orellas portal galego de lecer". www.abretedeorellas.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-23. 
  5. Xavier, Groba González, (2012-02-02). "O legado musical de Casto Sampedro Folgar (1848-1937): o canto galego de tradición oral" (en inglés). 
  6. "Cuarteto Caramuxo - Olalla Fernández". olallafernandez.com (en inglés). Consultado o 2018-04-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]