Cuartos de dólar Mulleres Americanas
Cuartos de dólar Mulleres Americanas [1] |
---|
![]() |
Retrato de perfil George Washington cara á dereita. Marcas de gravador (LGF) e de ceca. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST |
|
Os cuartos de dólar Mulleres Americanas (en inglés American Women quarters) son unha serie de moedas con valor facial dun cuarto de dólar ou 25 centavos, emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos a partir de 2022.
Este programa da US Mint está dedicado a mulleres senlleiras na historia dos Estados Unidos, en conmemoración do centenario da décimo novena emenda da Constitución dese país.[2]
O programa prevé a emisión de cinco moedas anualmente entre 2022 e 2025, cun total de 20 deseños, cada un dos cales estará dedicado a unha muller, á que se lle dedicará o reverso, en homenaxe ás súas contribucións aos Estados Unidos, en aspectos como o sufraxio, os dereitos civís, a abolición da escravitude, as humanidades, a ciencia ou as artes.[3] Pola súa banda, o reverso continúa representando un busto de George Washington, mais nesta ocasión cun novo deseño, creado por Laura Gardin Fraser.[4][5]
A serie de cuartos de dólar Mulleres Americanas foi autorizada pola Lei de Redeseño de Moedas Circulantes de Colección de 2020,[3] promovida polos membros da Cámara de Representantes Barbara Lee e Anthony Gonzalez.[6][7] A proposta inicial consistiu en 56 moedas, cada unha delas dedicada a unha muller dun estado e doutros territorios,[8] mais esta idea modificouse para acurtala no tempo, ante a pretensión de lanzar en 2026 unha serie de moedas en conmemoración do 250 aniversario dos Estados Unidos. Ademais, unha das cinco moedas desta nova serie terá tamén como protagonista a figura dunha muller.[2]
O programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas sucede a anterior serie de cuartos de dólar America the Beautiful,[9] e será substituído no período 2027-2030 por outro dedicado aos deportes xuvenís.[3][7]
Deseños
[editar | editar a fonte]Anverso
[editar | editar a fonte]O retrato de George Washington creado por Laura Gardin Fraser, que fora presentado orixinariamente en 1931 como proposta para o anverso do cuarto de dólar Washington, foi o seleccionado pola Comisión de Belas Artes e polo Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos para aparecer nos anversos do programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas.[5][10] Este retrato xa fora utilizado en 1999 para a moeda de ouro de 5 dólares conmemorativa do 200º aniversario da morte de George Washington.[11][12]
Reversos
[editar | editar a fonte]O secretario do Tesouro dos Estados Unidos é o encargado da selección das mulleres estadounidenses homenaxeadas anualmente neste programa, en consulta con diferentes entidades, como son a Iniciativa de Historia das Mulleres Americanas —do Instituto Smithsoniano—, o Museo Nacional de Historia das Mulleres e o Grupo do Congreso para Asuntos da Muller.[5][13]
Ano | Deseño do reverso | Muller | Descrición | Lanzamento | Deseño / gravado | Tiraxes das moedas circulantes | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Denver | Filadelfia | Total | ||||||
2022 | ![]() |
Maya Angelou. [14][15] |
Angelou cos brazos en alto, cun paxaro en voo e un Sol nacente detrás. | 03/01/2022 | E. Damstra / C. Campbell | 258.200.000 | 237.600.000 | 495.800.000 |
![]() |
Sally Ride. [16][17] |
Ride nunha ventá dun transbordador espacial, coa Terra ao fondo. | 22/03/2022 | E. Hagler / P. Hemphill | 278.000.000 | 275.200.000 | 553.200.000 | |
![]() |
Wilma Mankiller. [18][19] |
Maniker cun chal tradicional. Á esquerda, estrela cherokee. | 026/06/2022 | B. Sowars / P. Hemphill | 296.800.000 | 310.000.000 | 606.800.000 | |
![]() |
Nina Otero-Warren. [20][21] |
Otero-Warren con tres flores de mandioca, a flor estatal de Novo México. | 15/08/2022 | C. Costello / C. Campbell | 219.200.000 | 225.000.000 | — | |
![]() |
Anna May Wong. [22][23] |
Retrato en primeiro plano coa cabeza apoiada na man, rodeada de luces brillantes. | 25/10/2022 | J. P. McGraw / E. Damstra | 240.800.000 | 226.800.000 | — | |
2023 | ![]() |
Bessie Coleman. [24] |
Coleman disposta para voar. | 03/01/2023 | C. Costello / E. D. Custer | 317.200.000 | 302.000.000 | — |
![]() |
Edith Kanakaʻole. [25] |
Edith Kanakaʻole con elementos da paisaxe hawaiana. | 27/03/2023 | E. Damstra / R. Gordon | 368.600.000 | 372.800.000 | — | |
![]() |
Eleanor Roosevelt. [26] |
E. Roosevelr e a balanza da xustiza, co globo terráqueo ao fondo. | 05/06/2023 | D. Eveerhart / C. Campbell | 271.800.000 | 284.000.000 | — | |
![]() |
Jovita Idar. [27] |
Retrato de Jovita Idar. Na súa roupa, inscricións relativas á súa traxectoria. | 14/08/2023 | J. P. McGraw | 184.800.000 | 190.600.000 | — | |
![]() |
Maria Tallchief. [28] |
Tallchief nunha pose de ballet, iluminada por un foco. | 23/10/2023 | D. Weaver / J. Licaretz | 184.800.000 | 185.800.000 | — | |
2024 | ![]() |
Pauli Murray. [29] |
Retrato de Murray dentro da palabra HOPE ("Esperanza"). | 01/02/2024 | J. Menna / E. Damstra | 185.500.000 | 168.400.000 | — |
![]() |
Patsy Mink. [30] |
Mink fronte ao Capitolio cunha lei na man. | 25/03/2024 | J. P. McGraw / B. Zaiken | 187.200.000 | 210.200.000 | — | |
![]() |
Mary Edwards Walker. [31] |
Edwards coa súa Medalla de Honra. | 03/06/2024 | P. Hemphill | — | — | — | |
![]() |
Celia Cruz. [32] |
Celia cruz cun micrófono e o seu característico AZÚCAR!. | 19/08/2024 | P. Hemphill | — | — | — | |
![]() |
Zitkala-Ša. [33] |
Zitkala-Ša co traxe tradicional Dakota. | — | R. Gordon / D. Everhart | — | — | — |
As mulleres estadounidenses que serán homenaxeadas en 2025 pola Us Mint dentro deste programa conmemorativo son Ida B. Wells, Juliette Gordon Low, Vera Rubin, Stacey Milbern e Althea Gibson.[34]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "American Women Quarter Program". Numista.com
- ↑ 2,0 2,1 Gilkes, P. (2021). "Circulating Collectible Coin Redesign Act of 2020 signed by president". En Coin World. 15 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "R.1923 - Circulating Collectible Coin Redesign Act of 2020". Congress.gov
- ↑ Fischer, D.; Masto, C. C. "American women who shaped history are coming soon to quarters, just like George Washington". En USA Today. 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "American Women Quarters Program". United States Mint.
- ↑ "As Part of Women's History Month, Reps. Lee & Gonzalez Lead Bipartisan Effort to Issue Quarters Honoring Prominent American Women". Lee.house.gov. 28 de marzo de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 "Gonzalez bill to honor American women on the quarter passes U.S. House of Representatives Arquivado 27 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". Anthonygonzalez.house.gov. 23 de setembro de 2020.
- ↑ Wattles, J. (2018). "Lawmakers push to put women on quarters". En CNN Money. 15 de marzo.
- ↑ "America the Beautiful Quarters Program". United States Mint
- ↑ Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril.
- ↑ Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril.
- ↑ "George Washington Commemorative Gold Five-Dollar". United States Mint.
- ↑ Pietsch, B. (2021). "Maya Angelou and Sally Ride Will Be Honored on Quarters". En The New York Times. 9 de maio.
- ↑ "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Maya Angelou". Numista.com
- ↑ "Maya Angelou Quarter". United States Mint.
- ↑ "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Dr. Sally Ride". Numista.com
- ↑ "Dr. Sally Ride Quarter". United States Mint.
- ↑ "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Wilma Mankiller". Numista.com
- ↑ "Wilma Mankiller Quarter". United States Mint.
- ↑ "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Nina Otero-Warren". Numista.com
- ↑ "Nina Otero-Warren Quarter". United States Mint.
- ↑ "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Anna May Wong". Numista.com
- ↑ "Anna May Wong Quarter". United States Mint.
- ↑ "Bessie Coleman Quarter". United States Mnit.
- ↑ "Edith Kanakaʻole Quarter". United States Mint.
- ↑ "Eleanor Roosevelt Quarter". United States Mint.
- ↑ "Jovita Idar Quarter". United States Mint
- ↑ "Maria Tallchief Quarter". United States Mint.
- ↑ "Reverend Dr. Pauli Murray Quarter". United States Mnit.
- ↑ "The Honorable Patsy Takemoto Mink Quarter". United States Mnit.
- ↑ "Dr. Mary Edwards Walker Quarter". United States Mnit.
- ↑ "Celia Cruz Quarter". United States Mnit.
- ↑ "Zitkala-Ša Quarter". United States Mnit.
- ↑ "United States Mint Announces Designs for 2025 American Women Quarters™ Program Coins". United States Mint. 17 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Cuartos de dólar America the Beautiful |
![]() Cuarto de dólar estadounidense Desde 2022 |
Sucesor: En uso |