Sally Ride
Sally K. Ride, nada en Encino (California) o 26 de maio de 1955 e finada en La Jolla o 23 de xullo de 2012, foi unha astronauta estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia procedía de Derbyshire (Inglaterra) e por vía materna de varias xeracións de daneses menonitas emigrados aos Estados Unidos de América[1]. Estudou na Universidade de Stanford graduándose en física e inglés, no segundo obtén unha distinción ao analizar a temática da graza nas obras de Shakespeare, Hamlet e A tempestade. No 1975, obtén a mestría en física, no 1978 o doutoramento pola Universidade de Stanford polo estudo da interacción dos raios X no medio interestelar.
Sally Ride é recoñecida como a primeira estadounidense en viaxar ao espazo. Membro da primeira tripulación de astronautas da NASA en incluír mulleres, rompeu cunha barreira dun cuarto de século de astronautas exclusivamente brancos e varóns cando foi escollida para a sétima misión en transbordador espacial, a misión STS-7 en 1983.[2].
Despois dun segundo voo espacial, Ride serviu nos paneis de investigación sobre a explosión do transbordador espacial Challenger e do transbordador espacial Columbia que supuxo a desintegración das naves e a morte das tripulacións. En ambas investigacións Ride defendeu o erro da axencia espacial en apertar para cumprir coa data de saída e apuntou a fallos internos de organización.[1].
Ride foi a cofundadora dunha compañía para a promoción da ciencia de base e a educación infantil, en especial a feminina. Co mecenado da compañía SRS sacou ao mercado unha serie de doce libros científicos orientada ao público xuvenil titulada Cool Careers in Science, onde se describían perfís de posíbeis carreiras na ciencia, dende a veterinaria á microbioloxía, a maioría deles representados por mulleres.[3].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2022, a figura de Wilma Mankiller foi homenaxeada ao ser a protagonista da segunda das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sherr, Lynn (2014). Sally Ride AMERICA'S FIRST WOMAN IN SPACE. Simon and Schuster.
- ↑ Historic Ride: NASAs Ad Gave Physicist Wings. Wasinghton Post. 1983.
- ↑ Kevles, Bettyan (2006). Almost heaven, the story of women in Space. Cambridge Mass.
- ↑ "Dr. Sally Ride Quarter". United States Mint.