Déixaas
Déixaas | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Mercedes Peón | ||||
Publicado | 27 de abril de 2018 | |||
Xénero(s) | Folk e punk | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Déixaas é o quinto disco da cantante galega Mercedes Peón. O álbum publicouse o 27 de abril de 2018. A revista británica Songlines escolleu Deixaas como un dos 15 mellores álbums europeos do ano 2018.[1]
Neste traballo, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O son, a contorna, a roupa e mais o traballo de arte do videoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao punk, a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor música industrial:
O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.
Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a Fernando Abreu co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de Yolanda Castaño cos ritmos vogais de María Reimóndez etc.[2]
O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é Alberto Castaño.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]- "Déixaas" (04:30)
- "MK" (05:19)
- "Partículas" (04:33)
- "Plataforma" (05:04)
- "Tras o muro" (04:09)
- "Cabelo" (00:39)
- "Linguas elementais" (03:35)
- "Ela propón" (04:24)
- "Cabo de min" (04:01)
- "Transición" (01:02)
- "Olores perdidos" (06:40)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salgado, Daniel (18 de febreiro de 2019). "A revista británica 'Songlines' escolle 'Deixaas' entre os mellores discos europeos do ano". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2019.
- ↑ "A resistencia á derrota de Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana García". Galicia Confidencial. 4/8/2017.