Saltar ao contido

Día da Nai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nalgúns países é tradicional que os cativos e cativas dean tarxetas ou debuxos á nai.

O Día da Nai é un día de festa que se celebra en honra da nai, como o Día do Pai celebra a paternidade e a crianza polos pais.

Ann Jarvis, a creadora da moderna celebración do Día da Nai, contra 1930

Existían tradicións anteriores de celebración da maternidade, como entre os gregos o culto á nai ou nai dos deuses, asociado con Cibeles ou Rea[1] ou a festival de Hilaria entre os romanos[2], ou outras máis recentes como o Mothering Sunday en Inglaterra que se espallou a outros países anglosaxóns e que ten a súa orixe na tradición que data do século XV cando os que estaban fóra volvían á igrexa onde foran bautizados (mother church) para o servizo do cuarto domingo de coresma, e como era tamén cando os nenos e mozos que servían fóra volvían ver á nai tamén pasou a coñecerse na época moderna como Día da Nai [3].

Non obstante, a moderna celebración do Día da Nai celebrouse por primeira volta o 10 de maio de 1908, cando Anna Jarvis celebrou un servizo pola súa nai na igrexa metodista de Santo André en Grafton (Virxinia Occidental)[4] que se continuou pola tarde en Filadelfia nunha concentración nun auditorio ao que foron 15000 persoas .[5]Jarvis iniciara unha campaña para que o Día da Nai fose festa nacional nos Estados Unidos en 1905, o ano da morte de súa nai, Ann Reeves Jarvis, unha recoñecida pacifista e creadora de clubs de traballo do día da nai, nos que se abordaba de temas de saúde[6]. Aínda que non logrou ao primeiro o recoñecemento federal, en 1911 todos os estados celebraban o día [7] e en 1914 o presidente Woodrow Wilson asinaba a proclamación do segundo domingo de maio como festivo nacional como Día da Nai [8].

Data de celebración

[editar | editar a fonte]
Segundo domingo de febreiro Noruega
30 de Shevat (cae entre o 30 de xaneiro e o 1 de marzo) Israel
3 de marzo Xeorxia
8 de marzo Azerbaidján, Afganistán, Albania, Armenia, Belarús, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Burundi, Burkina Faso, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro, Romanía, Rusia, Serbia, Romanía, Ucraína, Vietnam. A data coincide co Día Internacional da Muller.
15 de marzo San Marino
Cuarto domingo de Coresma Irlanda, Nixeria, Reino Unido
21 de marzo Bahrain, Exipto, Líbano, Palestina, Siria, Xordania
7 de abril Armenia
Primeiro domingo de maio Hungría, Lituania, Portugal, España
8 de maio Corea do Sur
10 de maio O Salvador, India, México, Omán, Paquistán, Qatar, Singapur
Segundo domingo de maio Alemaña, Anguila, Aruba, Australia, Austria, Bahamas, Barbados,Bangladesh, Bélxica, Belize, Bermudas, Bonaire, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Cuba, Croacia, Curaçao, Chequia, Dinamarca, Ecuador, Estonia, Finlandia, Grecia, Granada, Honduras, Hong Kong, Islandia, Italia, Letonia, Malta, Malaisia, Países Baixos, Nova Zelandia, Perú, Filipinas, Porto Rico, Eslovaquia, Suráfrica, Suriname, Suíza, Taiwán, Trinidad e Tobago, Turquía, Estados Unidos, Uruguai, Venezuela, Xamaica, Xapón
26 de maio Polonia
27 de maio Bolivia
Último domingo de maio Francia, República Dominicana, Haití, Suecia
30 de maio Nicaragua
12 de agosto Tailandia (nacemento da raíña Sirikit Kitiyakara)
15 de agosto Costa Rica
Segundo ou terceiro domingo de outubro Arxentina
8 de decembro Panamá
22 de decembro Indonesia
  1. Noel Robertson (1996). "The Ancient Mother of the Gods. A Missing Chapter in the History of Greek Religion". En Eugene N. Lane. Cybele, Attis and Related Cults: Essays in Memory of M.J. Vermaseren. BRILL. p. 239. 
  2. William Smith (1853). Dictionary of Greek and Roman Antiquities. C.C. Little and J. Brown. p. 608. 
  3. "Mothering Sunday"". BBC. 4 de marzo de 2010. 
  4. Kaag, John; Cleary, Skye C. (2018-05-10). "Nietzsche Wishes You an Ambivalent Mother's Day". The Paris Review. Consultado o 2018-05-13. 
  5. O'Reilly, Andrea (2010). Encyclopedia of Motherhood. Sage Publications (CA). p. 602. ISBN 978-1-4522-6629-9. 
  6. "Engaging Families - U.S. Department of Education". www2.ed.gov. 14 de decembro de 2017. 
  7. Antolini, Katharine Lane (2010). "Jarvis, Anna"". Encyclopedia of Motherhood. Sage. p. 602. 
  8. Lois M. Collins (6 de maio de 2014). "Mother's Day 100-year history a colorful tale of love, anger and civic unrest". Deseret News. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2019. Consultado o 06 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]