Ademais da moeda de investimento, a US Mint levou a cabo unha emisión para coleccionistas en acabamento estándar e outra con acabamento especial proof (fondo espello).
O reverso dos dólares da serie American Silver Eagle emitidos entre 1986 e 2021 foron deseñados e gravados por John Mercanti, e están caracterizados pola representación dunha aguiaheráldica detrás dun escudo. A aguia sostén unha póla de oliveira na súa gadoupa dereita e un feixe de frechas na esquerda, o que lle dá unha semellanza ao Gran Selo dos Estados Unidos. Sobre a aguia hai trece estrelas de cinco puntas que representan as Trece Colonias. Tamén se amosan neste reverso a marca de ceca e as lendas UNITED STATES OF AMERICA, na parte superior, e 1 OZ. FINE SILVER~ONE DOLLAR, na parte inferior, así como E PLURIBUS UNUM, esta última no estandarte que a aguia sostén co peteiro.[1][6]
O novo deseño do dólar American Silver Eagle introducido en 2021 é obra de Emily Damstra e nel a aguia xa non é heráldica, senón que ten trazos realistas e aparece pousándose na póla dunha árbore, con certa semellanza coa do reverso do dólar Eisenhower, emitido a partir de 1971. Completan o reverso as lendas UNITED STATES OF AMERICA e 1 OZ. FINE SILVER~ONE DOLLAR, e neste caso o lema E PLURIBUS UNUM amósase explícito no campo da moeda, á dereita da aguia.[2]
Antecedentes: venda de prata das reservas nacionais de defensa[editar | editar a fonte]
A idea do programa de comercialización da serie American Silver Eagle procede, en última instancia, dos plans do Goberno dos Estados Unidos levados a cabo na década de 1970 e no inicio da de 1980 para vender a prata das Reservas Nacionais de Defensa. Tal e como explicaba o The Wall Street Journal:[7][8]
“
... varias administracións intentaran sen éxito vender a prata das reservas, argumentando que a produción nacional de prata superaba amplamente as necesidades estratéxicas. Mais os intereses dos estadosmineiros opuxéronse a calquera venda, do mesmo xeito que os lexisladores promilitares, que querían garantías de que os ingresos se fosen utilizar para a adquisición de materiais que se necesitasen con urxencia, e non para a redución da débeda federal.
”
Nese período, as vendas que chegaron a producirse e os anuncios das vendas previstas provocaron un descenso inmediato do prezo da prata.[9]The Wall Street Journal informou disto en setembro de 1976 nestes termos: "Cando o Goberno dos Estados Unidos fai ruído sobre a venda de prata das reservas federais, os operadores de futuros comezan a descargar os seus contratos de futuros na especulación de que tal venda faga baixar os prezos".[10]
Malia a oposición do Congreso á venda da prata almacenada ata principios de xuño de 1981,[11][12][13] o Comité das Forzas Armadas da Cámara de Representantes decidiu o 10 de xuño aprobar a solicitude da Administración Reagan de vender a prata propiedade do Goberno a partir do ano fiscal 1982, para axudar a equilibrar os orzamentos federais.[14] En xullo de 1981, a Cámara de Representantes e o Senado acordaron permitir a venda do 75 % das existencias de prata (105,1 millóns de onzas troy) durante un período de tres anos,[7] e en setembro o prezo da prata caeu, en consecuencia, un 11 %.[15]
Xusto antes da primeira venda en outubro de 1981, un grupo de políticos de Idaho —un Estado gran produtor de prata— intentou bloquear a poxa alegando que a venda podería ter un "efecto desastroso" na industria mineira da prata dos Estados Unidos en xeral e en varias empresas mineiras de Idaho en particular.[16] O 3 de decembro de 1981, o senador republicano por Idaho James A. McClure propuxo unha emenda ao proxecto de lei de asignacións do Ministerio de Defensa, para lle pór fin á venda de prata por parte do Goberno "ata que o presidente, a máis tardar o 1 de xullo de 1982, volva determinar que a prata autorizada para a súa disposición é excesiva para as necesidades das reservas". O proxecto de lei de asignacións converteuse en lei (Lei pública 97-114) coa emenda intacta, co que se detivo en efecto a venda de prata almacenada.[17]
O senador por Idaho James A. McClure, un dos promotores da creación do dólar American Silver Eagle.
O 27 de maio de 1982, o senador McClure presentou un proxecto de lei "para dispor da prata das reservas da defensa nacional mediante a emisión de moedas de prata", para "reorientar a venda de prata das nosas reservas nun esforzo por minimizar o seu efecto no xa deprimido prezo da prata".[18] O 22 de xuño, o representante republicano por Idaho Larry E. Craig presentou un proxecto de lei idéntico; amos os proxectos foron remitidos aos comités encargados, mais non chegaron a promulgarse. O Wall Street Journal informou de que o prezo da prata se disparara "logo de que o secretario do Interior, James Watt, anunciara que a venda das reservas de prata do Goberno se posporía indefinidamente", xa que se adiara o estudo legalmente esixido sobre os posibles métodos de venda da prata.[19]
O 27 de xaneiro de 1983, o senador McClure presentou un novo proxecto de lei case idéntico ao que el mesmo presentara o 27 de maio de 1982. Do mesmo xeito que no anterior, o senador solicitaba:[20]
“
... se nos vemos na obriga de aceptar unha venda, por que utilizar o método que garante a caída do prezo e a disposición da prata co menor rendemento posible para os contribuíntes? Xa que logo, hoxe presento unha lei que establece que, en caso de que o presidente propoña e o Congreso autorice a venda de prata das reservas estratéxicas, esta prata se vendeía mediante a cuñaxe e a distribución dunha moeda de prata.
Dous anos despois, coas vendas de prata aínda suspendidas, o senador McClure presentou unha nova proposta encamiñada a esixir que as hipotéticas vendas se realizasen mediante a emisión de moedas cuñadas coa devandita prata. Esta vez, a súa proposta adoptou a forma de emenda á "Lei de moedas conmemorativas da Estatua da Liberdade e a Illa Ellis". O contido da emenda de McClure pódese resumir nos seguintes puntos:[22]
Autorización ao secretario do Tesouro para que ordene cuñar e emitir moedas de prata de investimento
Determinación das especificacións das moedas (diámetro, peso, lei, deseño, lendas e acabamento do canto).
Data de entrada en vigor: 1 de outubro de 1985; ademais, estipulación de que non se poderá vender ningunha moeda antes do 1 de setembro de 1986.
O Senado aceptou esta emenda o 21 de xuño de 1985 e a cámara aprobou o proxecto de lei modificado tres días despois e foi asinado polo presidente Ronald Reagan o 9 de xullo de 1985. Xa que logo, o programa American Silver Eagle quedou autorizado polo título II da Lei pública 99-61 (coñecida como Liberty Coin Act).[23][24]
A lei que autoriza a emisión da serie de investimento American Silver Eagle estipula que a prata utilizada para a cuñaxe das moedas se adquira das reservas nacionais da defensa, coa intención de esgotar as existencias paseniño ao longo de varios anos. En 2002 evidenciouse que as reservas se esgotarían axiña e que cumpriría un novo marco lexislativo para garantir a continuidade do programa. O 6 de xuño de 2002, o senador demócrata por Nevada Harry Reid presentou un proxecto de lei "de apoio ao programa de moedas de prata de investimento American Eagle Silver", encamiñado a "autorizar o secretario do Tesouro para a adquisición de prata no mercado aberto cando se esgoten as existencias de prata". Este proxecto de lei foi aprobado polo Senado o 21 de xuño de 2002 e pola Cámara de Representantes o 27 de xuño, e o presidente George W. Bush asinouno o 23 de xullo para o converter na Lei Pública 107-201.[24][25]
O primeiro dólar American Silver Eagle foi cuñado na Casa da Moeda de San Francisco o 29 de outubro de 1986.[26] O secretario do Tesouro James A. Baker presidiu a cerimonia de cuñaxe celebrada na Oficina de Ensaios de San Francisco. Segundo un artigo do Chicago Sun-Times, cando Baker "premeu o botón electrónico da prensa número 105, dirixiuse ao público e dixo: 'non preciso un pico e unha pa para iniciar a febre da prata de San Francisco de 1986'".[27]
En marzo de 2011, a Ceca de San Francisco levou a cabo unha proba de cuñaxe destas moedas en preparación da volta á súa cuñaxe ordinaria, o que se produciu nesa mesma primavera. A capacidade de produción adicional da Casa da Moeda de San Francisco comezou a completar, a partir dese momento, a produción das outras dúas cecas.[28][29]
Entre 1986 e 1992 o dólar American Silver Eagle emitiuse tamén en versión para o coleccionismo cun acabamento especial ("fondo espello" ou proof) na Casa da Moeda de San Francisco, e neste aso amosan a marca de ceca "S" no seu reverso. De 1993 a 2000, esta tiraxe proof levouse a cabo na Casa de Filadelfia e a súa marca de ceca é "P". Entre 2001 e 2008, a casa de moeda encargada da súa produción foi a de West Point, á que lle corresponde a marca de ceca "W".[30] En 2009 non se cuñaron moedas en versión proof e a partir de 2010 retomouse esta emisión na ceca de West Point, coa característica marca de ceca "W".[31]
Entre 2006 e 2008 e despois novamente a partir de 2011, a Casa da Moeda dos Estados Unidos emitiu tamén o dólar American Silver Eagle como moeda de colección na Casa da Moeda de West Point (marca "W"), cun acabamento estándar aínda que particularmente brillante.[32] Ademais, con motivo da celebración do 25 aniversario do dólar American Silver Eagle, a US Mint comercializou un xogo de moedas que, entre outras, incluía tamén unha moeda cuñada na Casa da Moeda de San Francisco (marca "S") con este acabamento estándar brillante.[33]
En 1993 comercializouse o Philadelphia Set, un conxunto de moedas para conmemorar o bicentenario da actividade da primeira casa de moeda dos Estados Unidos, a de Filadelfia, en 1793. Este conxunto incluía varias moedas de ouro, unha medalla elaborada para a ocasión e un dólar American Silver Eagle de 1993 con acabamento proof e coa marca de ceca "P".[34][35]
En 1995, a maiores da emisión proof habitual da Ceca de Filadelfia, a US Mint emitiu tamén un dólar proof cuñado en West Point, que se comercializou unicamente formando parte dun conxunto de cinco moedas —as outras catro de ouro— cuñadas nesta ceca para conmemorar o décimo aniversario do programa American Eagle. A súa tiraxe foi unicamente de 30.125 exemplares.[1][36][37]
En 2000, a US Mint emitiu un xogo de moedas conmemorativas do cambio de milenio (United States Millennium Coinage and Currency Set) que incluía un dólar American Silver Eagle de 2000 en versión de investimento cuñado en West Point —aínda que sen marca de ceca, como en todos os de investimento—, ademais dun dólar Sacagawea de 2000 da Ceca de Denver e un billete dun dólar da serie de 1999 cun número de serie que comezaba polos números "2000". Comercializáronse 75.000 unidades deste conxunto.[35][38][39]
Portada da presentación conxunta Legacies ofFreedom United States and United Kingdom, que amosa o anverso do dólar American Silver Eagle e o reverso da Britannia xuntos.[35]
En xaneiro de 2004, a US Mint lanzou o conxunto chamado Legacies of Freedom United States and United Kingdom Silver Bullion Coin Set, consistente nun dólar American Silver Eagle de investimento de 2003 e unha moeda de dúas libras de 2002 da serie británica de investimento Silver Britannia. Comercializáronse 50.000 destes xogos.[40]
Co gallo da celebración do vixésimo aniversario do programa American Silver Eagle en 2006, a US Mint realizou unha emisión especial do dólar cuñado na Ceca de Filadelfia e unicamente co seu reverso con acabamento proof. Esta moeda estaba dispoñible unicamente formando parte dun xogo de tres moedas dun dólar, que se completaba cunha co acabamento proof habitual —polas dúas faces— e outro con acabamento estándar brillante. De xeito excepcional, o acabamento proof destas moedas é o inverso do habitual; é dicir, en lugar de ter un relevo mate e un fondo espello, ten un fondo mate e as figuras puídas. Pola súa banda, a moeda da versión estándar tamén formou parte do xogo 20th Anniversary Gold & Silver Eagle Set, cunha tiraxe de 20.000 conxuntos que se completaban cunha moeda de ouro da ceca de West Point dese mesmo ano.[41][42][43]
En 2011, a Casa da Moeda dos EEUU emitiu un xogo con motivo do 25 aniversario do programa, coñecido como American Eagle 25th Anniversary Silver Coin Set. Este xogo incluía cinco moedas dun dólar nun estoxo de presentación: unha con acabamento proof cuñada en West Point, unha estándar da mesma ceca, outra estándar da Ceca de San Francisco, unha cuarta co anverso estándar e o reverso proof inverso —fondo mate e relevo puído—, e finalmente unha de investimento —sen marca de ceca—.[47][48]
En xuño de 2012, a US Mint emitiu un xogo numismático chamado San Francisco American Silver Eagle Two Coin Proof Set, en conmemoración do 75º aniversario da Casa da Moeda de San Francisco. Este xogo incluía unha moeda en versión proof 2012-S, e outra conn anverso estándar e reverso proof, tamén 2012-S.[49][50]
En agosto de 2012 emitiuse un novo xogo, o chamado Making American History Coin and Currency Set, que incluía un exemplar proof cuñado ese ano en San Francisco e un billete de cinco dólares da serie de 2009 co número de serie comezando por "150". Este xogo conmemoraba o 220º aniversario da Casa da Moeda dos Estados Unidos e o 150º aniversario da Oficina de Gravado e Impresión.[51]
En novembro de 2012 púxose á venda o conxunto chamado 2012 United States Mint Limited Edition Silver Proof Set, constituído por un dólar en versión proof cuñado ese ano en West Point, cinco moedas de cuarto dólar da serie America the BeautifulQuarters cuñadas en prata (proof) en San Francisco, unha moeda de medio dólar Kennedy de prata, e unha moeda de dez centavos de prata co busto de Roosevelt, ambas tamén de San Francisco.[52]
En maio de 2013, a US Mint comercializou o xogo 2013 American Eagle West Point Two-Coin Set, composto por dous dólares cuñados ese mesmo ano en West Point: un co reverso proof e outro estándar, aínda que cun acabamento particularmente puído e brillante.[53][54][55]
Exemplar de 2016 do 30º aniversario, encapsulado pola Numismatic Guaranty Corporation.En 2016 celebrouse o 30º aniversario do programa American Silver Eagle coa emisión de senllos dólares, en versións proof e estándar, cun deseño especial consistente na reprodución no canto da inscrición incusa 30th ANNIVERSARY, en lugar das habituais estrías. A versión proof púxose á venda en setembro de 2016 e a versión estándar en decembro. Ambas foron cuñadas na Ceca de West Point e levan a marca de ceca "W".[56]
En xuño de 2019 a Casa da Moeda dos Estados Unidos anunciou unha asociación coa Real Casa da Moeda do Canadá para emitir o xogo de moedas de prata chamado Pride of Two Nations, que contiña versións especiais de moedas das respectivas series American Silver Eagle e Silver Maple Leaf. A moeda estadounidense foi cuñada en West Point en versión proof —inverso— unicamente no reverso. Este xogo foi comercializado por ambas as casas de moeda, cunha tiraxe máxima de 100.000 unidades nos Estados Unidos e 10.000 no Canadá.[57][58][59]
O 14 de novembro de 2019, a US Mint puxo á venda moedas cuñadas ese ano en San Francisco, na modalidade de reverso proof e con marca de ceca "S", cunha tiraxe limitada a 30.000 exemplares, máis pequena aínda que a que tivera o dólar American Silver Eagle 1995-W. A venda limitouse a un espécime por cliente e foi a primeira moeda desta serie á que se lle xuntou un certificado de autenticidade dotado dun número de serie.[60][61][62]
Década de 2020
O 5 de novembro de 2020 lanzouse o conxunto chamado End of World War II 75th Anniversary American Eagle, cun dólar en versión proof, acompañado dunha moeda de ouro. Esta moeda está dotada dunha marca especial no seu anverso coa forma dunha vista de paxaro da Piscina do Arco Iris, en Washington, xunto coa inscrición V75. A súa tiraxe limitouse a 75.000 xogos.[63][64][65]
A primeira variante salientable entre os dólares da serie American Silver Eagle deuse en 2008. Nese ano introducíronse uns pequenos retoques de deseño no reverso con respecto ao ano precedente, que afectan á forma da letra "U" de UNITED STATES e ao guión entre SILVER e ONE. A variante consiste en que algunhas das moedas cuñadas en 2008 en West Point —marca de ceca "W"— utilizaron, por erro, os cuños correspondentes a 2007, que non reflectían esas lixeiras modificacións.[66]
Como consecuencia da recesión mundial aumentou a demanda dos metais preciosos por parte dos investidores, como vía de cobertura contra a inflación e a recesión. Este aumento da demanda comezou a afectar á dispoñibilidade dos dólares de investimento da serie American Silver Eagle en febreiro de 2008, cando se suspenderon temporalmente as vendas aos distribuidores autorizados. En marzo de 2008, as vendas multiplicáronse por nove con respecto ao mes anterior (de 200.000 a 1.855.000).[67][68] En abril de 2008, a Casa da Moeda dos Estados Unidos iniciou un programa de distribución polo que se racionaban semanalmente estas moedas aos distribuidores autorizados, por mor dunha demanda "sen precedentes".[67] Algúns observadores cuestionaron a legalidade deste programa de asignacións,[69] xa que o tesoureiro dos Estados Unidos está obrigado por lei a cuñar e a emitir moedas "en cantidades suficientes para satisfacer a demanda pública". O 6 de xuño de 2008, a US Mint anunciou que todos os discos de prata que se recibisen serían utilizados unicamente para a produción de dólares American Silver Eagle na súa versión de investimento, e non para as versións proof e estándar.[70] A versión proof deste dólar de 2008 deixou de estar dispoñible para a súa compra no mes de agosto e a versión estándar esgotouse en xaneiro de 2009 —aínda que seguiu formando parte do xogo anual de moedas dun dólar da US Mint ata que este se esgotou tamén, o 28 de xaneiro de 2010.[71]
O 5 de marzo de 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos anunciou que as versións proof do dólar American Silver Eagle se suspendían temporalmente, por mor da alta demanda que seguía a ter a versión de investimento.[72] O programa de distribución que comezara en marzo de 2008 deixou de estar efectivo o 15 de xuño de 2009, o que levou a especular coa posibilidade de que se retomase a produción das versións proof e estándar antes de que finalizase o ano.[73] No entanto, o 6 de outubro de 2009, a Casa da Moeda anunciou que estas versións non se emitirían naquel ano.[74]
A decepción dos coleccionistas quedou patente nun artigo publicado o 1 de decembro en Numismatic News polo representante demócrata por Míchigan Gary C. Peters.[75] Peters ofreceu opcións alternativas á cancelación das series para coleccionistas de 2009, e explicou que lle enviaría unha carta ao director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Edmund C. Moy, para o instar a retomar a cuñaxe destas versións o antes posible e continuar a produción ata finais do ano. Mais esta iniciativa non tivo éxito e as versións proof e estándar do dólar de 2009 non chegaron a producirse. Por outra banda, a venda da versión para investimento desa moeda suspendeuse entre o 24 de novembro e o 6 de decembro; o día seguinte restableceuse o programa de distribución e o produto acabou esgotándose o 12 de xaneiro de 2010.[76]
A produción da versión de investimento de 2010 comezou en xaneiro dese ano e as moedas comezaron a ser entregadas aos seus distribuidores autorizados, en virtude dun novo programa de asignación, ata o 3 de setembro.[77][78]
O 20 de xullo de 2010, o director da US Mint Edmund C. Moy prestou declaración ante a Subcomisión de Política Monetaria Nacional e Tecnoloxía da Cámara de Representantes sobre a cuestión dos dólares American Silver Eagle nas súas versións proof e estándar, e referiuse á posibilidade dunha solución de orde lexislativa. Nas súas palabras:[79]
“
... Ao non poder producir estes populares produtos monetarios, as persoas afeitas a adquirilos anualmente sentíronse moi decepcionadas. Como director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, comprendo a decepción destes coleccionistas, mais anímame coñecer que a subcomisión está a explorar a posibilidade dunha emenda á lei que lle outorgue ao secretario a autoridade de aprobar a cuñaxe e a emisión das moedas do programa American Silver Eagle en versións proof e stándar mesmo cando non poidamos satisfacer a demanda da poboación da versión de investimento destas moedas. Os coleccionistas da serie American Eagle e outros moitos clientes que compran estes produtos como regalo probablemente acollerían con agrado este cambio. De feito, sería unha das medidas máis positivas que se podería tomar para a satisfacción dos clientes, sen que tivese repercusión na capacidade da poboación para adquirir a versión de investimento. Xa lle proporcionamos ao seu persoal a asistencia técnica que nos solicitou para a redacción desta proposta de cambio, que debe ser promulgada axiña. Podemos cuñar 200.000 moedas ao mes e, se podemos comezar en setembro, poderiamos producir 830.000 moedas American Eagle dunha onza de prata para satisfacer a demanda dos coleccionistas deste produto nos meses restantes de 2010.
”
O 22 de setembro de 2010, o representante demócrata por Carolina do Norte Melvin L. Watt presentou o proxecto da "Lei de modernización, supervisión e continuidade das moedas de 2010",[80] para lle outorgar ao secretario do Tesouro a autoridade de cuñar moedas de prata e de ouro das seires American Gold Eagle e American Silver Eagle, nas versións e nas cantidades suficientes para satisfacer a demanda pública. Este proxecto de lei pronulgado o 14 de decembro de 2010 e convertido na Lei Pública 111-302 logo da súa sinatura polo presidente Barack Obama.[81]
O 4 de outubro de 2010 a Casa da Moeda anunciou que os dólares American Silver Eagle coa data dese ano estarían dispoñibles para a súa adquisición a partir do 19 de novembro a un prezo de 45,95 dólares por unidade, e que non se producirían en versión estándar, senón unicamente en versións de investimento e proof.[82]
En xaneiro de 2013, a Casa da Moeda suspendeu a comercialización das moedas de investimento desta serie logo dunha semana da súa saída á venda, por mor da súa alta demanda. A histórica caída do prezo da prata aumentou a demanda destas moedas e a ceca viuse obrigada a racionalizar a súa venda durante 18 meses, e posteriormente retomou o programa de distribución que se aplicara anteriormente, entre 2008 e 2010.[83][84][85]
Na emisión de 2014, as moedas esgotáronse no mes de novembro e na de 2015 na primeira semana de xullo, mais a Ceca de West Point continuou coa súa produción e a venda reiniciouse a finais de xullo de 2015..[85]
O 28 de marzo de 2020, a casa da Moeda de West Point —na que se estaban a producir en exclusiva as moedas de investimento da serie American Silver Eagle desde 2018—, pechou para a súa limpeza profunda, logo de que un dos seus empregados dese positivo nunha proba do SARS-CoV-2.[87][88] A ceca abriu novamente o 1 de abril, cunha produción de moedas de investimento reducida para evitar a exposición dos empregados ao COVID-19, e o 15 de abril pechou novamente por motivos de prevención sanitaria.[89]
Para compensar a redución e a posterior suspensión da produción de dólares de investimento American Silver Eagle, a Casa da Moeda de Filadelfia cuñou 240.000 exemplares desta moeda en acabamento estándar entre o 8 e o 20 de abril, o que a converteu na tiraxe neste acabamento máis pequena ata a data.[90] Aínda que estas moedas son fisicamente idénticas ás cuñadas en West Point, as entidades clasificadoras comezaron a emitir certificacións de dólares American Silver Eagle de 2020 da Ceca de Filadelfia como "emisións de emerxencia".[91] Tamén a Ceca de San Francisco cuñou un millón destas moedas para compensar a parada da produción en West Point.[92]
A produción en West Point retomouse en abril de 2021.[93]
Nesta táboa reflíctense as tiraxes anuais do dólar American Silver Eagle nas súas tres versións (investimento, proof e estándar). Na columna de proof inclúense todas as variantes antes mencionadas na sección "Emisións e presentacións especiais" (proof inverso, reverso proof etc.).[94]
Ano
Invest.
Proof
Estándar
Total
1986
5,393,005
1.446.778
6.839.783
1987
11.442.335
904.732
12.347.067
1988
5.004.646
557.370
5.562.016
1989
5.203.327
617.694
5.821.021
1990
5.840.110
695.510
6.535.620
1991
7.191.066
511.925
7.702.991
1992
5.540.068
498.654
6.038.722
1993
6.763.762
405.913
7.169.675
1994
4.227.319
372.168
4.599.487
1995
4.672.051
468.636
5.140.687
1996
3.603.386
500.000
4.103.386
1997
4.295.004
435.368
4.730.372
1998
4.847.549
450.000
5.297.549
1999
7.408.640
549.796
7.958.436
2000
9.239.132
600.000
9.839.132
2001
9.001.711
746.398
9.748.109
2002
10.539.026
647.342
11.186.368
2003
8.495.008
747.831
9.242.839
2004
8.882.754
801.602
9.684.356
2005
8.891.025
816.663
9.707.688
2006
10.676.522
1.341.352
466.573
12.484.447
2007
9.028.036
821.759
621.333
10.471.128
2008
20.583.000
700.979
533.757
21.817.736
2009
30.459.000
30.459.000
2010
34.764.500
849.861
35.614.361
2011
40.020.000
1.047.237
509.658
41.576.895
2012
33.742.500
1.379.533
503.401
35.625.434
2013
42.675.000
1.216.122
222.091
44.113.213
2014
44.006.000
944.757
253.169
45.203.926
2015
47.000.000
707.518
223.879
47.931.397
2016
37.701.500
651.467
237.753
38.590.720
2017
18.065.500
400.287
176.739
18.642.526
2018
15.700.000
590.080
138.966
16.429.046
2019
15.032.000
720.423
128.564
15.880.987
2020
31.329.500
154.864
31.484.364
2021
3.306.500
499.244
3.805.744
14.968.500
780.383
185.791
15.934.674
Total
585.536.982
25.422.382
4.356.538
615.315.902
NOTA: a primeira liña de 2021 refírese ás moedas cuñadas co primeiro anverso (1986-2021) e a segunda liña ás do segundo reverso.
A venda dos dólares American Silver Eagle de investimento comezaron o 24 de novembro de 1986 e a primeira tiraxe esgotouse de camiño por mor da súa boa demanda.[95]
As moedas de investimento da serie American Silver Eagle, xunto coas súas correspondentes en ouro da serie American Gold Eagle concibíronse como "alternativas de investimento viables ás moedas deste xénero producidas por outros países". Para garantir a súa distribución, a Casa da Moeda dos Estados Unidos adxudicou un contrato á compañía Grey Advertising para que colaborase na comercialización e na publicidade das moedas, a nivel tanto doméstico como internacional.[96] Os labores publicitarios iniciais estendéronse aos exercicios 1987 e 1988.[97][98]
Do mesmo xeito que as series American Gold Eagle e American Platinum Eagle, da venda do dólar American Silver Eagle non se encarga directamente a Casa da Moeda. Co fin de proporcionar "unha distribución eficaz e eficiente, que maximice a dispoñibilidade das moedas nos mercados polo miúdo e nos principais mercados de investimento", a US Mint utiliza unha rede de "compradores autorizados" para a distribución das moedas.[99][100][101] A Casa da Moeda vende as moedas por xunto cunha pequena prima sobre o prezo da prata para sufragar os gastos de produción e distribución.[102][103]
Caixa de plásticoverde utilizada pola US Mint para o envío de as moedas de prata de investimento. Cada unha contén 25 tubos de plástico máis pequenos que conteñen 20 moedas cada un (un total de 500 moedas).[104]
Os compardores autorizados deben facer pedidos mínimos de 25.000 moedas, que logo lle venden a comercializadores secundarios e estes, pola súa vez, ao públcio. Cando se iniciaron as vendas destas moedas en novembro de 1986, a Casa da Moeda establecera 28 compradores autorizados para a comercialización das moedas por todo o mundo.[105]
As moedas de investimento comezan a súa distribución dentro das chamadas "caixas monstro", unhas caixas plásticas de cor verde que albergan 500 moedas empaquetadas en tubos plásticos de 20 exemplares. Na tapa de cada caixa hai dous selos en relevo do Departamento do Tesouro, xunto coa inscrición "United States Mint". Antes do seu envío, as caixas son pechadas con bridas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e etiquetadas co ano de emisión e un número de serie.[104]
Os dólares American Silver Eagle en versión proof véndense directamente pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, a un prezo fixo. Estas moedas dispóñense nunha cápsula protectora de plástico montada nun estoxo de presentación forrado de veludo e satinado, e acompáñanse dun certificado de autenticidade.[106] En outubro de 2002, a Casa da Moeda inaugurou, ademais, un programa de subscrición para a súa adquisición.[107]
Do mesmo xeito, as moedas en versión estándar adquírense tamén directamente na Casa da Moeda desde a súa aparición en 2006, nunha embalaxe similar á das moedas proof. Tamén as emisións especiais se poden adquirir directamente na US Mint.
As tiraxes e, xa que logo, os prezos dos dólares American Silver Eagle, en calquera das súas tres versións (de investimento, proof ou estándar), sufriron variacións relevantes ao longo do tempo. En xeral, as versión de investimento cuñouse en cantidades superiores, de varios millóns ou mesmo decenas de millóns anuais, en tanto que as versións proof tiveron emisións máis curtas, da orde dos centos de miles anuais. A maioría das datas da versión de investimento non son particularmente caras (arredor de 25 dólares por exemplar, en setembro de 2016) e adoitan cotizarse cunha prima por riba do valor intrínseco da prata que conteñen. Porén, o prezo de case todas as moedas dedicadas ao coleccionismo, é dicir, as versións proof e estándar, acadan prezos superiores, dada a súa maior escaseza: entre 65 e 75 dólares a versión proof e entre 25 e 75 dólares a versión estándar (en 2016). Algunhas emisións especiais acadan prezos moi superiores; por exemplo: a proof de 1995-W (arredor de 3.800 dólares en 2016) e o xogo do 20º aniversario, de 2006, que contén tres versións da moeda (uns 250 dólares a partir de 2016).[108]
↑ 7,07,1"Government to Sell 75% of Its Silver Stockpile". En Wall Street Journal. 24 de xullo de 1981.
↑"Congress Asked to Clear Sales from Stockpile: Carter Administration Seeks Authority to Sell Silver, Tin, Other Commodities". En Wall Street Journal. 6 de marzo de 1978.
↑"Nixon Plan to Sell Stockpiled Commodities Could Be Slowed by Market, Legal Snags". En Wall Street Journal. 16 de marzo de 1973.
↑Jackewicz, S. A. (1976). "Possible Silver Stockpile Sale Seen as Bullish for Market in Long Run". En Wall Street Journal. 10 de setemrbo de 10.
↑"House Committee Rejects Sales of Silver from Government's Strategic Stockpile". En Wall Street Journal. 12 de setembro de 1979.
↑"House Refuses to Sell Any Silver in U.S. Stockpile: Compromise That Called for Sale of 5 Million Ounces Loses by Lopsided Margin". En Wall Street Journal. 13 de decemrbo de 1979.
↑"House Panel Rejects Reagan Bid to Sell All of Silver in Stockpile". En Wall Street Journal. 5 de xuño de 1981.
↑"Big U.S. Silver Sale Is Likely as Congress Reconciles Budget". En Wall Street Journal. 15 de xuño de 1981.
↑Lowenstein, R. (1981). "U.S. Plan to Sell Silver from Its Stockpile Depresses Metal's Price 11%; Gold Drops". En Wall Street Journal. 18 de setembro.
↑"Idaho Officials Protest GSA's Plans for Sale of Stockpiled Silver". En Wall Street Journal. 14 de outubro de 1981.
↑"National Security Silver Disposal Act of 1982". S. 2598, 97th Cong., 2d sess., Congressional Record 128, pt. 9:12321.
↑"Silver Price Soars After U.S. Postpones Sales of Stockpile". En Wall Street Journal. 30 de xuño de 1982.
↑"National Security Silver Disposal Act of 1983". S. 269, 98th Cong., 1st sess., Congressional Record 129, pt. 1:1050.
↑"Senate Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs, Gold and Silver Coinage Proposals: Hearing Before the Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs, United States Senate, Ninety-Eighth Congress, First Session, on S. 42 "To Provide for the Minting of American Gold Eagle Coins Pursuant to Article 1, Section 8 of the United States Constitution" and S. 269 "To Provide for the Disposal of Silver from the National Defense Stockpile through the Issuance of Silver Coins". 98th Cong., 1st sess. 15 de abril de 1983.
↑Amendment no. 418, 99th Cong., 1st sess., Congressional Record 131, pt. 12:16799-16800.
↑A versión proof de 1995-W do dólar de prata American Silver Eagle está considerada como a peza clave das emisións proof, por mor da súa baixa tiraxe e á posibilidade de adquirila só coas moedas de ouro que completaban a serie.