Dólar de prata do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano
Dólar de prata do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano | |
---|---|
![]() | |
A/: Figura feminina que sostén un facho e un pergamiño, sobre o globo terrestre. Marca de gravador (JM).
Lendas: UNITED STATES OF AMERICA/ FOR THE INCREASE AND DIFFUSION OH KNOWLEDGE / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR |
R/: Fachada do edificio sede do Instituto Smithsoniano. Marcas de ceca e de gravador (TDR).
Lenda: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / Smithsonian 1846-1996. |
|
O dólar de prata do 150 aniversario do Instituto Smithsoniano é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1996 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de Denver.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-96, do 10 de xaneiro de 1996,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa do 150 aniversario da fundación do Instituto Smithsoniano.[2]
Esta moeda está integrada nun programa de emisións para 1996 que conta tamén cunha moeda de 5 dólares de ouro conmemorativa da mesma efeméride.[3]
Deseño
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/CURTISS%2C_GLENN_HAMMOND._AVIATOR%2C_MANUFACTURER._CURTISS_AIRPLANE._LANGLEY_MEDAL_PRESENTED_HIM_BY_SMITHSONIAN%2C_FEBRUARY_13%2C_1913_LCCN2016867122.tif/lossy-page1-220px-CURTISS%2C_GLENN_HAMMOND._AVIATOR%2C_MANUFACTURER._CURTISS_AIRPLANE._LANGLEY_MEDAL_PRESENTED_HIM_BY_SMITHSONIAN%2C_FEBRUARY_13%2C_1913_LCCN2016867122.tif.jpg)
No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint John M. Mercanti, reprodúcese unha figura feminina cunha toga que sostén o facho do coñecemento e un pergamiño coas palabras ART ("Arte"), HISTORY ("Historia") e SCIENCE ("Ciencia"), posta de crequenas sobre o globo terrestre. A escena está baseada no deseño da medalla de ouro Langley, do Instituto Smithsoniano. Completan o anverso a lenda UNITED STATES OF AMERICA na parte superior, o lema E PLURIBUS UNUM e o valor facial na inferior, e á dereita da figura a lenda alusiva ao motivo conmemorado, FOR THE INCREASE AND DIFFUSION OH KNOWLEDGE ("Para o aumento e a difusión do coñecemento").[2][4]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Smithsonian_Castle_-_Washington%2C_D.C.jpg/220px-Smithsonian_Castle_-_Washington%2C_D.C.jpg)
Pola súa banda, o reverso, obra de Thomas D. Rogers, reproduce a fachada do edificio sede do Instituto Smithsoniano en Washington, cos lemas LIBERTY ("Liberdade") e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), na parte superior e a lenda "Smithsonian 1846-1996" no exergo.[2][4]
Produción e comercialización
[editar | editar a fonte]A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 650.000 de exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Denver na versión con acabamento especial (proof),[4] e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 5 de agosto de 2006.[2]
A súa produción foi de 31.230 moedas na súa condición estándar e 129.152 en versión con acabamento (proof), o que fai un total de 160.382 exemplares.[5]
A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof,[4] e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse nun 85 % para o financiamento das actividades do Instituto Smithsoniano e un 15 % para o funcionamento da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, xestionada tamén por este instituto. [2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Public Law 104-96 - JAN. 10, 1996". Uscode.house.gov
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Smithsonian 150th Anniversary Dollar". United States Mint.
- ↑ "Smithsonian 150th Anniversary Gold $5". United States Mint.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "1 Dollar Smithsonian 150th Anniversary". Numista.com
- ↑ "Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1996 Smithsonian 150th Anniversary". United States Mint.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Instituto Smithsoniano
- Moeda dun dólar estadounidense
- Moedas do dólar estadounidense
- Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "1996 Smithsonian Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)