Thomas D. Rogers
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) |
Actividade | |
Ocupación | deseñador |
Thomas D. Rogers, nado en Poughkeepsie, Nova York, en 1945, é un escultor e gravador, coñecido especialmente polos seus deseños de moedas para a Casa da Moeda dos Estados Unidos.
A súa marca de gravador máis común é TDR.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thomas D. Rogers naceu en 1945 na vila de Poughkeepsie, condado de Dutchess, no Estado de Nova York.[1]
Logo de servir na Armada, formouse en Artes no bienio 1970-1972 no Duitchess Community College, onde acadou un grao técnico en Arte Comercial. En 1972 ingresou na Medallic Art Company como deseñador de esbozos e escultor, e alí desenvolveu unha técnica para esculpir directamente no xeso. Dous anos máis tarde abandonou a compañía e estableceuse como deseñador e escultor independente ata 1990. Logo de exercer un ano como medallista na compañía Medalcraft Mint, de Wisconsin, en outubro de 1991 incorporouse á Casa da Moeda dos EEUU e desenvolveu o seu traballo nas instalacións da Casa da Moeda de Filadelfia ata a súa xubilación en 2001.[1][2][3]
Logo da súa xubilación, inicialmente pasou a residir en 2003 en Long Beach, Washington,[4] e en 2009 trasladouse a Oregón, onde continuou o seu traballo como artista.[1][3] Neste período fixo tamén algún deseño para a US Mint, xa como artista independente contratado.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2000): Premio da Arte Numismática á Excelencia na Escultura da Medalla, da American Numismatic Association.[6]
- (2001): Premio Moeda do Ano á mellor moeda de módulo grande emitida en 1999, pola dólar de prata Dolley Madison (autor do deseño do reverso).[7]
Obra
[editar | editar a fonte]Moedas circulantes
[editar | editar a fonte]O traballo polo que é máis recoñecido é o reverso do popular dólar Sacagawea, na súa versión inicial, de 2000 a 2008.[8][9] Así mesmo, foi o autor do deseño do reverso de 2016 desta moeda, conmemorativo dos descifradores indios da primeira e da segunda guerra mundial.[2][10][11]
Outros dos seus deseños para moedas circulantes foron os dos reversos cuartos de dólar da serie 50 State quarters, en concreto os dedicados a Massachusetts,[12] a Maryland[13] e a Carolina do Sur,[14] en 2000 e Rhode Island[15] en 2001.[2][4][11]
-
1/4 dólar "Massachusetts". R/. (2000).
-
1/4 dólar "Mariland". R/. (2000).
-
1/4 dólar "Carolina do S.". R/. (2000).
-
1/4 dólar "Rhode Island". R/. (2001).
Moedas conmemorativas
[editar | editar a fonte]Thomas D. Rogers conta tamén entre os seus traballos con deseños para varias moedas conmemorativas e de investimento emitidas pola US Mint, entre elas o reverso inicial das moedas de platino da serie American Platinum Eagle (1997),[16] así como dos reversos desta mesma serie correspondentes a 1998 e 2001.[2][17][11]
Igualmente deseñou os anversoa da moeda de 10 dólares de ouro da Biblioteca do Congreso (2000).[2][11][18]
Os deseños de Rogers son habituais, entre outras, nas moedas dun dólar de prata de carácter conmemorativo que a Casa da Moeda dos Estados Unidos emite anualmente con diferentes motivos, entre elas: o quinto centenario de Cristovo Colón (1992),[19] a Declaración de Dereitos (1993),[20] o 50 aniversario da II guerra mundial (1993),[21] o monumento aos veteranos de Vietnam (1994),[22] os Xogos Olímpicos Especiais (1995),[23] o 150 aniversario do Instituto Smithsoniano (1996),[24] o Servizo Comunitario Nacional (1996),[25] Robert F. Kennedy (1998),[26] Dolley Madison (1999)[27] e a Biblioteca do Congreso (2000).[2][11][28]
-
100 Dólares American Platinum Eagle. R/. (1997).
-
1 Dólar Robert Kennedy. A/. (1998).
-
1 Dólar Doley Madison. A/. (1999).
-
10 dólares "Biblioteca do Congreso". R/. (2000).
-
Dólar da Biblioteca do Congreso. A/. (2000).
Medallas
[editar | editar a fonte]Dentro da súa ampla produción medallística cabe salientar, entre outros moitos traballos, a medalla do centenario da American Numismatic Association (1991),[29] o anverso da medalla do bicentenario da US Mint (1992),[30] o anverso da medalla do Congreso a Gerald e Betty Ford (1998),[31] o reverso da medalla do bicentenario da Casa Branca (2000) ou o reverso da medalla do nomeamento presidencial de Barack Obama (2009)[32].[1][2][11]
-
Medalla do Congreso a Nelson Mandela. R/. (1998).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Thomas D. Rogers". Smithsonian American Art Museum.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Thomas D. Rogers, Sr.; Professional Biography". Tdrogers.com
- ↑ 3,0 3,1 Roach, S. (2009). "Former U.S. Mint sculptor-engraver shares secrets at ANA". En Coin World. Vol. 50. Nº. 2.558. 10 de abril. Páxina 100.
- ↑ 4,0 4,1 Hamilton, D. (2003). "Flip a coin: Heads … or salmon? or beavers? Get ready to rumble as state gears up to design its new quarter Arquivado 31 de maio de 2022 en Wayback Machine.". En Portland Tribune. 19 de agosto.
- ↑ Gilkes, P. (2016). "2016 Native American Dollar: U.S. Mint Launches Sales of Circulation-Quality Coins". En Coin World. Vol. 57. Nº 2.914. 15 de febreiro. Páxina 4.
- ↑ "ANA honors Thomas D. Rogers Sr. with Medallic Sculpture Award Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Association. 13 de agosto de 2000.
- ↑ Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
- ↑ "Sacagawea Golden Dollar Coin". United States Mint.
- ↑ Yeoman, R. S. (2009). The Official Red Book: A Guide Book of United States Coins (63ª ed). Whitman Publishing, Atlanta. Páxinas 226-227, 346-348. ISBN 978-079482763-2
- ↑ "2016 Native American $1 Coin". United States Mint.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 "U.S. Mint Designer Thomas Rogers Signs Exclusive PCGS Signature Label Deal". Professional Coin Grading Service. 20 de xuño de 2019.
- ↑ "Massachusetts State Quarter". United States Mint.
- ↑ "Maryland State Quarter". United States Mint.
- ↑ "Maryland State Quarter". United States Mint.
- ↑ "Rhode Island State Quarter". United States Mint.
- ↑ "American Eagle Platinum Bullion Coins". United States Mint.
- ↑ Schechter, S. (2018). "Revisiting platinum 'Vistas of Liberty': Platinum coins form five-year series". En Coin World. Vol. 59. Nº 3.026. 9 de abril. Páxina 32.
- ↑ "Library of Congress Commemorative Bi-Metallic Ten Dollar Coin". United States Mint.
- ↑ "Christopher Columbus Quincentenary Dollar". United States Mint.
- ↑ "Bill of Rights Dollar". United States Mint.
- ↑ "1 Dollar World War II". Numista.com
- ↑ "Vietnam Veterans Memorial Silver Dollar". United States Mint.
- ↑ "Special Olympics World Games Silver Dollar". United States Mint.
- ↑ "Smithsonian 150th Anniversary Dollar". United States Mint.
- ↑ "National Community Service Dollar". United States Mint.
- ↑ "Robert F. Kennedy Silver Dollar". United States Mint.
- ↑ "Dolley Madison Commemorative Silver Dollar". United States Mint.
- ↑ "Library of Congress Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.
- ↑ "ANA 100th Anniversary". Tdrogers.com
- ↑ "U.S. Mint Bicentennial Medal Reverse". Tdrogers.com
- ↑ "Gerald and Betty Ford Congressional Medal". Tdrogers.com
- ↑ "Barack Obama Presidential Inaugural Medal". Smithsonian American Art Museum.