Saltar ao contido

Dólar de prata conmemorativo do monumento aos veteranos de Vietnam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar de prata do
Monumento aos Veteranos de Vietnam
A/: Man sobre un panel do monumento aos veteranos de Vietnam. Data e marca de gravador (JM).

Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / VIETNAM VETERANS MEMORIAL

R/: Tres medallas de servizo na guerra de Vietnam. Marcas de ceca e de gravador (TDR).

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR

O dólar de prata do Monumento aos Veteranos de Vietnam é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1994 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de West Point.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-186, do 14 de decembro de 1993,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda para render tributo aos veteranos da guerra de Vietnam, en conmemoración do décimo aniversario do Monumento aos Veteranos de Vietnam, sito en Washington.[2]

Esta moeda está integrada nun programa de emisións para 2004 dedicado aos veteranos de guerra que integra tamén o dólar de prata da muller no servizo militar dos EEUU e o dólar de prata dos prisioneiros de guerra estadounidenses.[1][3]

O monumento aos veteranos de Vietnam, en Washington, nunha perspectiva similar á reproducida na moeda conmemorativa.

No anverso da moeda, deseñado polo gravador da US Mint John Mercanti, reprodúcese unha man tocando un nome no panel 03E do muro do monumento aos veteranos de Vietnam, onde se inscribiron os nomes dos caídos nesa guerra, e ao fondo albíscase o Monumento a Washington. A lenda alusiva ao motivo conmemorado é VIETNAM VETERANS MEMORIAL.[2][4]

Pola súa banda, o reverso, obra de Thomas D. Rogers, reproduce tres medallas de servizo na guerra de Vietnam, de esquerda a dereita: a medalla expedicionaria das Forzas Armadas, medalla de servizo en Vietnam e a medalla da da Campaña de Vietnam.[2][4]

Produción e comercialización

[editar | editar a fonte]

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa de Moeda de West Point, onde se cuñaron as pezas estándar, e na Casa da Moeda de Filadelfia, que cuñou as moedas con acabamento especial (proof)[4] e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 29 de xullo de 2004.[2]

A súa produción foi de 57.290 moedas na súa condición estándar e 227.671 en versión con acabamento proof, o que fai un total de 284.961 exemplares, pouco máis da metade da tiraxe total autorizada.[4][3]

A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 35 en versión proof,[4] e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Fondo para o mantemento do Monumento dos Veteranos de Vietnam.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]