Saltar ao contido

Dólar do Caribe Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar do Caribe Oriental
East Caribbean dollar (en inglés)
Código:XCD
Ámbito: Antiga e Barbuda
Dominica
Granada
Saint Kitts e Nevis
Santa Lucía
San Vicente e as Granadinas
Anguila
Montserrat
Símbolo:$, EC$
Fracción:100 cents
Moedas:5, 10 e 25 cents, 1 dólar
Billetes:2, 5, 10, 20, 50, 100 dólares
Emisor:Banco Central do Caribe-Leste
Taxa de troco:
fixa
1 USD = 2,7 XCD
Troco actual

O dólar do Caribe Oriental (en inglés, East Caribbean Dollar) é a moeda oficial en 6 estados independentes pertencentes á Organización dos Estados do Caribe Oriental (Antiga e Barbuda, Dominica, Granada, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía e San Vicente e as Granadinas) e dous territorios do Reino Unido (Anguila e illa Montserrat) que se encontran localizados no mar Caribe.

O código ISO 4217 para o dólar do Caribe Oriental é XCD e comunmente é representado como EC$. Subdivídese en 100 cents ou céntimos. Hai en circulación moedas de 5, 10 e 25 cents e 1 dólar, e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

A moeda substituíu o dólar das Indias Orientais en 1983 e é emitida polo Banco Central do Caribe-Leste (en inglés, Eastern Caribbean Central Bank, ECCB) con sede en Saint Kitts e Nevis. Este banco foi constituído nun acordo asinado en Port of Spain o 5 de xullo de 1983, como sucesor da Autoridade Monetaria do Caribe Oriental (Eastern Caribbean Currency Authority). Esta moeda substituíu a moeda colonial empregada por estes países, o Dólar das Índias Orientais Británicas, usadas na extinta Federación das Indias Orientais.

En Xuño de 2003 o Banco Central mantiña en circulación 483.3 millóns de EC$, dos cales 432.8 millóns circulaban en papel moeda e 50.5 millóns en moeda metálica. O papel moeda é impreso pola compañía De la Rue Currency e as moedas son fabricadas pola Real Casa de Moeda do Reino Unido. Tódolos membros da Organización dos Estados do Caribe Oriental empregan este dólar, a excepción das Illas Virxes Británicas, que empregan o dólar estadounidense.

As emisións de moedas posúen letras que permiten identificar o país responsable da emisión conforme segundo a seguinte lista:

  • A - Antiga e Barbuda
  • D - Dominica
  • G - Granada
  • K - Saint Kitts e Nevis
  • L - Santa Lucía
  • M - Illa de Monserrat
  • U - Anguila
  • V - San Vicente e as Granadinas
Moeda de 1 dólar do Caribe-Oriental.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]