Daði Freyr
(2022) | |
Nome orixinal | (is) Daði Freyr Pétursson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xuño de 1992 (32 anos) Reiquiavik, Islandia |
Residencia | Berlín (2014–) |
Educación | Sudurland College (en) |
Altura | 208 cm |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | cantante, cantautor, compositor de cancións, informático teórico |
Período de actividade | 2012 - |
Xénero artístico | Música pop |
Selo discográfico | AWAL (pt) |
Participou en | |
2021 | Festival de Eurovisión 2021 |
2020 | Iceland in the Eurovision Song Contest 2020 (en) |
2017 | Iceland in the Eurovision Song Contest 2017 (en) |
Sitio web | dadifreyr.com |
Daði Freyr Pétursson, nado en Reiquiavik o 30 de xuño de 1992, e coñecido artisticamente como Daði Freyr ou soamente Daði, é un músico islandés. É coñecido por representar a Islandia no Festival de Eurovisión coa canción "Think About Things", antes de que o Festival de Eurovisión 2020 fose cancelado. O ano seguinte volveu representar a Islandia coa canción "10 Years", acadando o cuarto posto.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Daði naceu en Reiquiavik mais medrou en Dinamarca até os nove anos, cando a súa familia regresou a Islandia e se asentou en Suðurland, primeiro en Laugaland e despois en Ásahreppur. Daði graduouse no Fjölbrautaskóli Suðurlands en 2012 e conseguiu un BA en Music Management e Produción de Son en Berlín en 2017.[2]
Na súa adolescencia, Daði tocou a batería e estudou piano e baixo. Foi membro de RetRoBot, uníndose ó cantante Gunnlaugur Bjarnason e ó guitarrista Guðmundur Einar Vilbergsson, ós cales coñeceu no Instituto Multicultural de Suðurlands. En 2012, a banda RetRoBot gañou o Músíktilraunir ("Experimentos Musicais") e Daði foi escollido como músico electrónico do ano.[3] RetRoBot lanzou un álbum, Blackout, un ano despois.
Söngvakeppnin e Eurovisión
[editar | editar a fonte]En 2017, Daði participou en Söngvakeppnin (competindo para representar a Islandia no Festival de Eurovisión de 2017) coa canción "Hvað með það?". Quedou en segundo lugar, despois de Svala Björgvinsdóttir que interpretou a canción "Paper".[4] Daði participou no Söngvakeppnin de 2020, coa canción "Think About Things" (a versión alternativa en islandés titulouse "Gagnamagnið").[5] Participou cun grupo de amigos nos que están a súa irmá Sigrún Birna Pétursdóttir (coros), a súa muller Árný Fjóla Ásmundsdóttir (baile), e Hulda Kristín Kolbrúnardóttir (coros), Stefán Hannesson (baile) e Jóhann Sigurður Jóhannsson (baile), acreditados colectivamente como "Daði og Gagnamagnið".[6][7] O grupo caracterízase polos seus traxes de cor verde e polo pixel art nas interpretacións.[8] Gañou a competición de 2020 e ían representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2020, mais o evento foi cancelado por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. O 23 de outubro de 2020, anunciouse que Daði & Gagnamagnið serían de novo os representantes de Islandia no Festival de Eurovisión 2021.[1] Interpretaron a canción "10 Years",[9] pero durante a súa semifinal e na final emitiuse unha actuación pregravada do segundo ensaio, debido a que un membro do grupo deu positivo por COVID-19.[10] Despois de clasificarse para a final, quedaron cuartos con 378 puntos.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Daði Freyr casou coa músico Árný Fjóla Ásmundsdóttir; a súa filla Áróra, naceu en 2019.[12][13] A súa filla foi a inspiración para letra da canción "Think About Things".[14][15][16] A segunda filla da parella, Kría Sif, naceu en 2021.[17]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Título | Detalles |
---|---|
& Co. |
|
EPs
[editar | editar a fonte]Título | Detalles |
---|---|
Næsta Skref |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Daði og Gagnamagnið return for Iceland". Eurovision.tv (en inglés). 2020-10-23. Consultado o 2020-10-23.
- ↑ "Daði Freyr ætlar ekki að flytja aftur til Íslands á næstunni". DV (en islandés). 24 de abril de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ inporter (8 de maio de 2013). "Hljómsveitin RetRoBot frá Selfossi sigraði Músíktilraunir 2012". Reykjavíkurborg (en islandés). Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "Svala fulltrúi Íslands". www.mbl.is (en islandés). Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "Daði Freyr snýr aftur í Söngvakeppnina". www.mbl.is (en islandés). Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "Daði Freyr - Think About Things (Daði og Gagnamagnið)". YouTube. 14 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "Eurovision 2020: in Islanda trionfano Daði Freyr e i Gagnamagnið con "Think about things"". Eurofestival News (en italiano). 29 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2020. Consultado o 1 de marzo de 2020.
- ↑ "Iceland: Daði & Gagnamagnið release the music video for "Think about things" ahead of semi-final 2 of Söngvakeppnin 2020". wiwibloggs (en inglés). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de marzo de 2020.
- ↑ Farren, Neil (2021-01-27). "🇮🇸 Iceland: Eurovision 2021 Entry to Be Revealed on March 13". Eurovoix. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Morris, Woody (10 de maio de 2021). "Eurovision 2021: Covid upsets Iceland's live shows". Newsbeat. BBC. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Grand Final of Rotterdam 2021 - Eurovision Song Contest". eurovision.tv. Consultado o 25 de maio de 2021.
- ↑ "Daði Freyr og Árný Fjóla eignast stúlkubarn - Vísir". visir.is. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ "Daði Freyr: "I originally wrote the song in English to me that is the real version of the song"". ESCBubble (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020.
- ↑ "Daði Freyr og Árný Fjóla eignast stúlkubarn - Vísir". visir.is. Consultado o 2020-03-02.
- ↑ "Daði Freyr: "I originally wrote the song in English to me that is the real version of the song"". ESCBubble (en inglés). Consultado o 2020-05-03.
- ↑ "Daði Freyr: "I originally wrote the song in English to me that is the real version of the song"". Consultado o 6 de marzo de 2020.
- ↑ Ásmundsdóttir, Árný Fjóla (2021-09-25). "17.9.2021". www.instagram.com. Archived from the original on 11 de abril de 2023. Consultado o 2021-10-28.
- ↑ Apple Music, ed. (12 de xuño de 2019). "& Co. by Daði Freyr on Apple Music". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2020.
- ↑ Apple Music, ed. (26 de outubro de 2017). "Næsta Skref - EP by Daði Freyr on Apple Music". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2020.