Dan Rather
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1931 (93 anos) Wharton, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Sam Houston State University (en) Heights High School (en) South Texas College of Law |
Actividade | |
Ocupación | presentador de novas, produtor de televisión, xornalista, xornalista de opinión |
Período de actividade | 1950 - |
Empregador | Associated Press |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | newsandgutsmedia.com |
|
Daniel Irvin Rather Jr., nado en Wharton (Texas) o 31 de outubro de 1931, é un xornalista estadounidense, coñecido por ser o presentador das novas CBS Evening News e por ser o editor e presentador do magazine Dan Rather Reports en AXS TV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rather foi o presentador de CBS Evening News durante 24 anos, dende o 9 de marzo de 1981 ata o 9 de marzo de 2005. Tamén contribuíu ao programa 60 Minutes, de CBS. Viuse envolto en controversias sobre unha reportaxe de noticias en disputa sobre o servizo do presidente George W. Bush durante a guerra de Vietnam na Garda Nacional e posteriormente abandonou CBS Evening News en 2005. Deixou a emisora por completo en 2006, despois de 43 anos de carreira.[1]
Xunto con Peter Jennings en ABC News e Tom Brokaw en NBC News, Rather foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores de informativos dos anos oitenta, noventa e principios do século XXI. Os tres foron presentadores dos programas de noticias nocturnos máis importantes das súas emisoras durante máis de vinte anos, e comezaron e retiráronse con menos dun ano de diferenza.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Rather casou con Jean Goebel en 1957. Tiveron un fillo e unha filla, e viven entre Nova York e Austin, Texas.[2] A súa filla Robin é activista polo medio natural e pola comunidade en Austin.[3] O seu fillo Dan é axudante do fiscal do distrito na oficina do fiscal en Manhattan, Nova York.[4]
A Sam Houston State University renomeou o seu edificio de comunicación de masas en honra de Rather en 1994.[5] O edificio alberga The Houstonian e KSHU, estacións de radio e televisión que levan os estudantes. En maio de 2007, Rather recibiu un doutoramento de honra polo Siena College en Loudonville, Nova York, polas súas contribucións ao xornalismo.[6]
Libros
[editar | editar a fonte]- The Palace Guard, con Gary Paul Gates, 1977. ISBN 9780060135140.
- The Camera Never Blinks: Adventures of a TV Journalist, con Mickey Hershkowitz, 1977. ISBN 978-0688031848.
- I Remember, con Peter Wyden, 1991. ISBN 978-0316734400.
- The Camera Never Blinks Twice: The Further Adventures of a Television Journalist, with Mickey Hershkowitz, 1994. ISBN 978-0688097486.
- Rather, Dan (19 de maio de 1999). Deadlines and Datelines: Essays at the Turn of the Century. ISBN 9780688165666., 1999. ISBN 978-0788193491.
- "The American Dream: Stories from the Heart of Our Nation", 2001. ISBN 978-0688178925.
- Rather Outspoken : My Life in the News., con Digby Diehl, 2013. ISBN 978-1455502400.
- What Unites Us: Reflections on Patriotism, con Elliot Kirschner, 2017. ISBN 978-1616207823.
Premios
[editar | editar a fonte]Rather recibiu numerosos premios Emmy, varios premios Peabody e varios graos de honra de universidades.[7]
Premio | Ano | Título do programa |
---|---|---|
Peabody | 1975 | CBS News |
Peabody | 1976 | 60 Minutes |
Peabody | 1994 | CBS Reports: D-Day |
Peabody | 1995 | CBS Reports: In the Killing Fields of America |
Paul White Award Radio Television Digital News Association |
1997[8] | Lifetime Achievement |
Peabody | 2000 | 48 Hours: Heroes Under Fire |
Peabody | 2001 | 60 Minutes II: Memories of a Massacre |
Peabody | 2004 | 60 Minutes II: Abuse at Abu Ghraib |
Emmy Trustees Award | 2014 | Lifetime Achievement |
Ademais deste premios, Rather foi incluído no Salón da Fama da Televisión en 2004.[9]
"Kenneth, what is the frequency?"
[editar | editar a fonte]O 4 de outubro de 1986, mentres camiñaba por Park Avenue cara ao seu piso en Manhattan, Rather foi atacado e golpeado dende atrás por un home que quería saber "Kenneth, what is the frequency?" ("Kenneth, cal é a frecuencia?") mentres un segundo asaltante o collía e batía nel. Mentres o asaltante pateaba nel continuaba a repetir a pregunta. Describindo o incidente, Rather dixo "fun atacado. Quen entende estas cousas? Eu non e tampouco agora. Non fixen moito diso nin o fago agora. Oxalá soubese quen o fixo e por que, mais non teño idea ningunha".[10] Ata que o delito se resolveu anos despois, a descrición de Rather do estraño suceso provocou algunhas dúbidas sobre a veracidade da historia,[11] aínda que o porteiro que rescatou a Rather confirmou a súa versión.[10]
O asalto permaneceu sen solución algún tempo, e foi referido múltiples veces na cultura popular. A frase "What's the frequency, Kenneth?" converteuse nunha referencia popular, como nunha escena da novela gráfica Like a Velvet Glove Cast in Iron de Daniel Clowes. En 1994, o grupo R.E.M. estreou a canción "What's the Frequency, Kenneth?" no seu disco Monster. Rather cantou posteriormente con R.E.M. durante unha proba de son antes dunha actuación no Madison Square Garden, que se emitiu a noite seguinte en Late Show with David Letterman.[12]
En 1997, un crítico de televisión do New York Daily News resolveu o misterio, publicando unha fotografía do suposte asaltante, William Tager, que recibiu unha sentenza de entre 12½ e 25 anos de cárcere por matar o encargado da tremoia de NBC Campbell Montgomery na saída do estudio de The Today Show en 1994.[11] Rather confirmou a historia: "Non teño dúbida ningunha de que esa é a persoa".[11] O fiscal do distrito de Nova York Robert M. Morgenthau dixo que "a identidade de William Tager como o home que atacou a Mr. Rather foi establecida no curso dunha investigación da miña oficina".[13] Tager afirmou que pensaba que as redes de televisión estaban a emitir sinais no seu cerebro.[14] Cando asasinou o traballador, Tager estaba a tratar de entrar no estudio da NBC cunha arma para descubrir a frecuencia que as redes estaban a empregar para atacalo e así poder bloquealas. Tager recibiu a liberdade condicional en outubro de 2010.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dan Rather Leaves CBS After 44 Years" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Dan Rather Retorting". Texas Monthly. marzo de 2005.
- ↑ Dreyer, Throne (27 de setembro de 2013). "Rag Radio 2013-09-27 - Newsman Dan Rather & Environmentalist Robin Rather in First Father-Daughter Interview". archive.org. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Judith M. White And Dan Rather, Lawyer, to Marry". The New York Times (The New York Times Company). 17 de abril de 1988. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Dan Rather To Speak At SHSU On September 28". shsu.edu. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Dan Rather | Siena College". siena.edu. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "MSU WELCOMES DAN RATHER AS ADVANCED DEGREE COMMENCEMENT SPEAKER". msutoday.msu.edu. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Dan Rather Accepting the Paul White Award". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2007., Radio Television Digital News Association Conference & Exhibition, 20 de setembro de 1997. Consultado o 27 de maio de 2014.
- ↑ "Bob Barker Inducted into TV Hall of Fame". FoxNews.com. Fox News Network, LLC. 25 de marzo de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2019.
- ↑ 10,0 10,1 McFadden, Robert D. (6 de outubro de 1986). "Park Ave. Assault on Rather Leaves Mystery as to Motive". The New York Times. Consultado o 21 de abril de 2015.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Bruni, Frank (30 de xaneiro de 1997). "Belatedly, the Riddle of an Attack on Rather Is Solved". The New York Times. Consultado o 21 de abril de 2015.
- ↑ "REM & Dan Rather - What's The Frequency Kenneth? - 1995". youtube.com. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "No Doubt in Rather Case", The New York Times, 5 de novembro de 2004.
- ↑ Strange story behind R.E.M.'s song "What's the Frequency, Kenneth"
- ↑ "Full text of "William Tager parole documents"". archive.org. 28 de agosto de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dan Rather |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rather, Dan; Diehl, Digby (2012). Rather Outspoken: My Life in the News. Grand Central Pub. ISBN 978-1-4555-0241-7. OCLC 756584260.
- Downie, Leonard; Kaiser, Robert G. (2003). The news about the news: American journalism in peril. Vintage. ISBN 978-0-375-71415-3.
- Hertsgaard, Mark (1988). On Bended Knee: The Press and the Reagan Presidency. Farrar Straus & Giroux. ISBN 978-0-374-25197-0.
- Rather, Dan. The Palace Guard, with Gary Gates
- Rather, Dan; Hershkowitz, Mickey (19 de febreiro de 1984). The Camera Never Blinks: Adventures of a TV Journalist. Ballantine Books. ISBN 978-0-345-31833-6. OCLC 444864709..
- Rather, Dan. I Remember, with Peter Wyden.
- Rather, Dan with Herskowitz, Mickey. The Camera Never Blinks Twice. 1995. William Morrow.
- Rather, Dan (2 de xuño de 1999). Deadlines and datelines. William Morrow & Co. ISBN 978-0-688-16566-6.
- Boyer, Peter J. (April 15, 1989). Who killed CBS?: the undoing of America's number one news network. St Martins Press. ISBN 978-0-312-91531-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dan Rather's Personal Website
- AXS TV The Big Interview Arquivado 04 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
- Dan Rather: American Journalist (Briscoe Center for American History Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.)