Darío Barrio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1972 Madrid, España |
Morte | 6 de xuño de 2014 (41 anos) Cortijos Nuevos, España (en) |
Causa da morte | morte accidental, caída de altura |
Residencia | Tejadilla |
Actividade | |
Ocupación | chef, presentador de televisión |
Darío Barrio Domínguez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1972 e finado en Segura de la Sierra, Xaén o 6 de xuño de 2014, foi un afamado cociñeiro dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión Todos contra el Chef, de Cuatro. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Caseríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en Granada e tres anos en As Palmas de Gran Canaria) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de Donostia, Santander, Xirona e Madrid (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).[2] Tralos seus estudos en España viaxou por diferentes países de Europa e Estados Unidos durante un período de case 13 anos, cociñando en Zürich, Londres, Bordeos e Pensilvania.
Posuía o restaurante Dassa Bassa en Madrid desde xuño de 2004, no que ademais exercía de cociñeiro.
Faleceu en accidente o 6 de xuño de 2014, no transcurso da primeira xornada da XV Edición do «Festival Internacional de Cine del Aire El Yelmo» de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra.[3] Precisamente o acto era unha homenaxe a Álvaro Bultó, falecido nas mesmas circunstancias dez meses antes.[4]
Estaba separado de Itziar Ortega e tiña dous fillos varóns con ela, Telmo e Lucas.[5][6][7]
Televisión
[editar | editar a fonte]- Todos contra el chef (2005-2006) (Cuatro).
- Channel nº4 (2005-2008) (Cuatro).
- Las Mañanas de Cuatro (2006-2010) (Cuatro).
- Darío Diario (2008-2009) (Cuatro).
- Bombón (2010-2011) (Canal Cocina).
- Darío y Cía (2011-2012) (Canal Cocina).
- Splash! Famosos al agua (2013) (Antena 3) - Concursante.
- Aventura Límite : After Earth Experiencie (Discovery Max).
- Ruta 179 (Telemadrid).
Premios
[editar | editar a fonte]- (2008) Premio ao Home do ano pola revista Men´s Health.
- (2006) Premio Aura ao impulso gastronómico
- (2005) Premio Restaurante Revelación en La luna de Metrópoli.
- (2005) Premio ao Restaurante Revelación en Madrid Fusión
- (2002) Segundo clasificado no VIII Campionato de Cociñeiros da Comunidade de Madrid.
- (2001) Primeiro clasificado no VIII Campionato Oficial de Cociña da Comunidade de Madrid.
- Premio Amer á Iniciativa Gastronómica.[8]
Obras
[editar | editar a fonte]- "Las recetas de Todos contra el chef", Darío Barrio, setembro de 2006, editado por Aguilar, ISBN 978-84-03-09717-9.[9]
- "Cocina, disfruta, vive", Darío Barrio, maio de 2013, editado por La Esfera de Los Libros, ISBN 978-84-9970-809-6.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muere el cocinero Darío Barrio mientras practicaba salto base
- ↑ "Dassa Bassa". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2015.
- ↑ Festival Internacional de Cine del Aire "El Yelmo"
- ↑ Muere el cocinero Darío Barrio
- ↑ "Semana". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2015.
- ↑ Wire Image
- ↑ El Mundo
- ↑ "Premios de Dario Barrio". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2015.
- ↑ Casa del Libro
- ↑ Casa del Libro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Darío Barrio |