Debbie Googe
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1962 ![]() Yeovil, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | música ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Xénero artístico | Rock alternativo ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Selo discográfico | Fever Records ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Deborah Ann Googe, nada o 24 de outubro de 1962,[1][2][3] é unha músico inglesa que acadou fama internacional como baixista da banda My Bloody Valentine. Os seus álbums de estudio Isn't Anything (1988) e Loveless (1991) estableceron a Googe como unha figura pioneira no xénero shoegaze. Googe tamén traballou con artistas como Snowpony, Primal Scream e Thurston Moore.
Carreira
[editar | editar a fonte]My Bloody Valentine
[editar | editar a fonte]Googe naceu en Yeovil, Somerset. Antes de unirse a My Bloody Valentine, tocou nunha banda chamada Bikini Mutants na súa cidade natal, e que tocou con The Mob.[3] Googe mudouse de Yeovil a Londres, e a comezos de 1985 unha exmoza súa recomendouna como baixista a Kevin Shields e Colm Ó Cíosóig de My Bloody Valentine. Uniuse á banda tras unha audición en abril de 1985 e deixou o grupo en 1995, sinalando que "levaba tempo sen ser feliz".[3]
Googe gravou o baixo nos tres álbums da banda Isn't Anything (1988), Loveless (1991) e m b v (2013), é coñecida polo seu estilo estridente de tocar o baixo nas actuacións en directo de My Bloody Valentine. No ano 2007 uniuse á reunión da banda e ás súas xiras posteriores.
Outros traballos
[editar | editar a fonte]Tras deixar MBV en 1995, Googe traballou brevemente como taxista, e en 1996 formou o supergrupo Snowpony coa súa moza de entón, Katharine Gifford, que tocara antes en Stereolab.[3] A banda publicou tres álbums e catro EPs entre 1997 e 2003.
Googe toca ocasionalmente o teclado coa banda de experimentadores de órganos fuzz Pimmel , e tamén toca a batería e fai coros en Rockhard.
En 2012 anunciouse que Googe sería a baixista de xira de Primal Scream, substituíndo a Mani tras a súa marcha para unirse novamente a The Stone Roses.[4] Posteriormente sería substituída en Simone Butler.[5]
O 4 de agosto de 2014, Googe uniuse a Thurston Moore para o seu álbum en solitario The Best Day, e continuou colaborando con el nos seguintes álbums Rock n Roll Consciousness de 2017, By The Fire de 2020, e Flow Critical Lucidity de 2024,[6] xunto con Steve Shelley, e o músico británico James Sedwards.[7]
Tamñen tocou o baixo en dúas cancións do álbum de 2018 de Tim Burgess As I Was Now,[8] e colaborou coa poeta estadounidense Ann Waldman no álbum de 2020 Sciamachy, xunto con William Parker e Laurie Anderson.[9]
No ano 2022 Brix Smith, ex-The Fall, anunciou que Googe formaría parte da súa nova banda en directo, composta unicamente por mulleres.[10]
En novembro de 2023, Googe anunciou un novo proxecto en solitario co nome da Googie.[11] Ese mesmo mes lanzou un disco compartido de 12" co dúo Too Many Things, con catro temas destes últimos e tres cancións de Googe: "Slither", "Pipe Dreams" e "November New".[12][13] Durante o ano 2024 da Googie publicou o sinxelo "Kiss Me You Fool",[14] e dous temas compostos con Too Many Things.[15] En marzo de 2025 publicará o álbum The Golden Thread con Cara Tivey.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cavanagh, David. "3AM Eternal" Select 1992
- ↑ Maconie, Stuart. "The Artery of Noise!" NME, 21 de abril de 1990
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "My Bloody Valentine - Creation Records". creation-records.com (en inglés). 2010-02-23. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ Goodwyn, Tom (2012-04-27). "Primal Scream name My Bloody Valentine's Debbie Googe as new bassist". NME (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Primal Scream announce new mystery bassist". NME (en inglés). 2012-10-10. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Deb Googe". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Thurston Moore forms new band with members of Sonic Youth and My Bloody Valentine". AV Club (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "‘As I Was Now’ Is the Most Personal, Revealing Music That Tim Burgess Has Released". PopMatters (en inglés). 2018-06-07. Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "SCIAMACHY, by Anne Waldman". B R A H J A {aka Devin Brahja Waldman} (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ Trendell, Andrew (2022-02-18). "Brix Smith to release solo album 'Valley Of The Dolls', forms all-female live supergroup". NME (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ johnrobb (2023-11-01). "Debbie Googe (My Bloody Valentine) announces new solo project!". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "da Googie/Too Many Things split, by da Googie". da Googie (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Too Many Things / da Googie Split, by Too Many Things". Too Many Things (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Kiss Me You Fool, by da Googie". da Googie (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "Beautiful Dreamer/ It's Another Day, by da Googie and Too Many Things". da Googie (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
- ↑ "The Golden Thread, by da Googie + Cara Tivey". da Googie (en inglés). Consultado o 2025-01-18.