The Best Day
The Best Day | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Thurston Moore | ||||
Publicado | 20 de outubro de 2014 | |||
Duración | 50:22 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, noise rock | |||
Selo(s) | Matador Records | |||
Produtor | Thurston Moore | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Best Day é o cuarto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Thurston Moore, publicado o 20 de outubro de 2014 a través do selo Matador Records. A portada do disco é unha fotografía da nai de Moore tomada ao redor do ano 1940.[1]
Edición
[editar | editar a fonte]A lanzamento de The Best Day anunciouse en marzo de 2014 a través do blog de noticias oficial de Sonic Youth. Un mes antes deste anuncio Moore publicou o tema "Detonation" como un sinxelo de 7 polgadas, acompañado de "Germs Burn" como cara b a través do selo independente inglés Blank Editions como parte das súas Solo Series.[2][3]
O 20 de agosto realizouse un anuncio formal do lanzamento do disco por parte de Matador Records, incluíndo a súa portada, a listaxe de temas e as datas de edición.[4] O álbum sería publicado o 20 de outubro en Dinamarca, Francia, Suecia e o Reino Unido; o 21 en España e os Estados Unidos; e o 24 en Alemaña, Irlanda, Países Baixos e Suíza. Unha semana antes do lanzamento internacional oubo dispoñibles streamings oficiais do disco a través das páxinas de NPR Music e The Guardian.[5][6] The Best Day foi lanzado como LP dobre, CD sinxelo e descarga dixital, levando as 100 primeiras copias do vinilo estadounidense un póster autografado.[7]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Speak to the Wild" | 8:30 |
2. | "Forevermore" | 11:15 |
3. | "Tape" | 5:54 |
4. | "The Best Day" | 4:31 |
5. | "Detonation" | 2:56 |
6. | "Vocabularies" | 4:31 |
7. | "Grace Lake" | 6:53 |
8. | "Germs Burn" | 5:52 |
Persoal
[editar | editar a fonte]- The Thurston Moore Band
- Thurston Moore - voces, guitarra
- James Sedwards - guitarra
- Debbie Googe - baixo
- Steve Shelley - batería
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rolling Stone (ed.). "Thurston Moore's New Day: Inside His Upbeat Rock & Roll Solo Album". Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ The Vinyl Factory (ed.). "Hear Thurston Moore’s ‘Detonation’ 7″ inspired by Stoke Newington activists". Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Listen: Thurston Moore: "Detonation"". Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ Matador Records (ed.). "oming October 21 : Thurston Moore’s ‘The Best Day’". Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ NPR Music (ed.). "First Listen: Thurston Moore, 'The Best Day'". Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ The Guardian (ed.). "Thurston Moore – The Best Day: album stream". Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ Matador Records (ed.). "The Best Day". Consultado o 7 de agosto de 2017.