Def Leppard
Def Leppard | |
---|---|
Orixe | Sheffield, Inglaterra |
Período | 1977 - presente |
Xénero(s) | hard rock, heavy metal, glam metal |
Selo(s) discográfico(s) | Mercury, Universal, Phonogram, Vertigo, PolyGram, Bludgeon-Riffola, Island, Frontiers |
Membros | Rick Savage Joe Elliott Rick Allen Phil Collen Vivian Campbell |
Antigos membros | Tony Kenning Pete Willis Steve Clark Frank Noon |
Na rede | |
defleppard.com | |
Def Leppard é unha banda inglesa de hard rock formada no ano 1977 en Sheffieldcomo parte do movemento New Wave of British Heavy Metal. Dende 1992 o grupo está composto por Rick Savage (baixo e coros), Joe Elliott (voz), Rick Allen (batería e coros), Phil Collen (guitarra e coros) e Vivian Campbell (guitarra e coros).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa etapa máis exitosa comercialmente foi durante a década dos 80. O seu álbum de 1981 High 'n' Dry foi producido por Robert John "Mutt" Lange, que axudounos a definir o seu estilo, destacando del o tema "Bringin' On the Heartbreak" que foi un dos primeiros vídeos de metal emitidos na MTV en 1982. O seguinte álbum de estudio, Pyromania, editado en 1983 e que contiña como sinxelo principal o tema "Photograph", converteu a Def Leppard nun nome familiar. En 2003 o disco foi colocado no porto 384 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".
O cuarto álbum de Def Leppard, Hysteria, publicado en 1987, chegou ao primeiro posto das listas estadounidenses e británicas. Cara ao ano 2009 fora platino 12 veces nos Estados Unidos, e vendera uns 20 millóns de copias en todo o mundo. Do disco sacáronse sete sinxelos, entre eles o número 1 na lista Billboard Hot 100 "Love Bites", xunto con "Pour Some Sugar on Me", "Hysteria", "Armageddon It", "Animal", "Rocket" e "Women".
O seu seguinte traballo de estudio, Adrenalize (o primeiro tras a morte do guitarrista Steve Clark), acadou o número 1 da lista estadounidense Billboard 200 e da lista británica de álbums en 1992. Este disco contén varios éxitos como "Let's Get Rocked" e "Have You Ever Needed Someone So Bad". O seu álbum de 1993 Retro Active contén o hit acústico "Two Steps Behind", e no seu álbum de grandes éxitos Vault, puclicado en 1995, aparece o novo tema "When Love & Hate Collide".
Como uns dos artistas musicais con máis vendas en todo o mundo, Def Leppard leva despachados máis de 100 millóns de álbums en todo o globo, e ten dous discos certificados diamante pola RIAA, Pyromania e Hysteria. É un dos únicos cinco grupos de rock con dous álbums de estudio con máis de 10 millóns de vendas nos Estados Unidos. A banda foi olocada no posto 31 da lista de VH1 dos "100 mellores artistas de hard rock" e están no número 70 da lista dos "100 mellores artistas de todos os tempos".
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
On Through the Night | 1980 | Vertigo/Mercury |
High 'n' Dry | 1981 | Vertigo |
Pyromania | 1983 | Vertigo/Mercury |
Hysteria | 1987 | Vertigo/Mercury |
Adrenalize | 1992 | Mercury/Bludgeon Riffola |
Slang | 1996 | Mercury |
Euphoria | 1999 | Mercury |
X | 2002 | Island/Bludgeon Riffola/Mercury |
Songs from the Sparkle Lounge | 2008 | Island/Universal/Bludgeon Riffola/Mercury |
Def Leppard | 2015 | Bludgeon Riffola/earMUSIC Records/Mailboat Records |
Diamond Star Halos | 2022 | Bludgeon Riffola, Mercury |