Vivint Smart Home Arena
Vivint Smart Home Arena | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | pavillón deportivo e recinto ![]() | |||
Epónimo | Delta Air Lines, Vivint (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Custo | $93 millóns | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Utah | |||
County of Utah (en) ![]() | Condado de Salt Lake (pt) ![]() | |||
Cidade | Salt Lake City ![]() | |||
Localización | ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 9 de outubro de 1991 ![]() | |||
Inauguración | 4 de outubro de 1991 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 19.911 | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Larry Miller Sports & Entertainment | |||
Arquitecto/a | FFKR Architecture | |||
Enxeñeiro/a | Ralph L. Wadsworth Engineering | |||
Ocupante | Utah Jazz e Utah Hockey Club ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | baloncesto ![]() | |||
Localía | Utah Jazz (NBA) | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | deltacenter.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Vivint Smart Home Arena, antes coñecido como Delta Center (1991–2006) e EnergySolutions Arena (2006–2015), é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Salt Lake City (Utah, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipo de baloncesto da National Basketball Association (NBA) Utah Jazz. Ten capacidade para 19.911 espectadores para partidos de baloncesto, a cal pode variar para outro tipo de actividades ou espectáculos, como o hóckey sobre xeo (14.000) ou concertos (20.000). Foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos de Inverno de Salt Lake City 2002, acollendo as probas de patinaxe artística sobre xeo e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Durante as Olimpíadas o pavillón foi coñecido como Salt Lake Ice Center.
Historia
[editar | editar a fonte]O pavillón foi pensado para acoller 20.000 espectadores nos partidos dos Utah Jazz da NBA e dos Salt Lake Golden Eagles, un equipo das ligas menores de hóckey sobre xeo, substituíndo ao xa demolido Salt Palace, que contaba con 12.616 localidades. O financiamento correu a cargo do empresario de Utah Larry H. Miller, comezando as obras o 22 de maio de 1990 e sendo inaugurado o 4 de outubro de 1991. O custo total ascendeu a 93 millóns de dólares.
O primeiro partido que se disputou nel foi o disputado entre os Golden Eagles e os Peoria Rivermen, o 16 de outubro de 1991, mentres que o primeiro partido de baloncesto foi un de pretemporada entre os Jazz e os New York Knicks, con vitoria destes últimos por 101-95. Nel foron celebrados diversos eventos de importancia, como os torneos de baloncesto masculino da Western Athletic Conference entre 1993 e 1995, o All-Star Game de 1993, o campionato dos Estados Unidos de Patinaxe artística sobre xeo en 1999, así como diversas probas dos Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. En agosto de 1999 o teito da instalación viuse seriamente danado por un tornado, custando a súa reparación case 4 millóns de dólares. Vivint comprou os dereitos do nome do pavillón en outubro de 2015, substituíndo a EnergySolutions.