Saltar ao contido

Demòcrates per Andorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demòcrates per Andorra
Logo
AcrónimoDA e Demòcrates per Andorra
Tipopartido político
Ideoloxíaconservadorismo liberal
Data de fundación25 de febreiro de 2011
Presidente/aXavier Espot Zamora (2019-) Editar o valor en Wikidata
Secretario/aJaume Serra Serra
Nº de membros300 (2023) Editar o valor en Wikidata
SedeEscaldes-Engordany
PaísAndorra
Na rede
http://www.democrates.ad/
editar datos en Wikidata ]

Demòcrates per Andorra (DA, en galego: Demócratas por Andorra) é unha coalición política de Andorra, formadoa por liberais e conservadores que se presentou ás eleccións xerais de Andorra de 2011.

Nas eleccións de 2009, as forzas de centrodereita de Andorra, agrupadas na denominación da Coalició Reformista perderon o poder a mans do Partido Socialdemócrata de Andorra. Dous anos máis tarde, en medio da crise financeira mundial, o presidente do goberno de Andorra, Jaume Bartumeu non foi quen de aprobar os orzamentos e convocou eleccións xerais, que se celebraron o 3 de abril de 2011.

A eses comicios a oposición liberal-conservadora chegou coa creación de Demócratas por Andorra, que integraba a membros do Partit Liberal d'Andorra, do Nou Centre, do Partit Reformista d'Andorra e mesmo dalgunhas persoas vencelladas ao Partido Socialdemócrata de Andorra. A coalición tamén recibiu o apoio do partido parroquial Unió Laurediana.

O seu cabeza de lista foi o liberal Antoni Martí, que obtivo unha esmagadora maioría co 55% dos votos, e 28 dos 34 conselleiros no Consello Xeral de Andorra[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]