Xavier Espot Zamora
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1979 (44 anos) Escaldes-Engordany, Andorra |
Presidente Demócratas por Andorra | |
xuño de 2019 – | |
7º Presidente do Goberno de Andorra | |
16 de maio de 2019 – ← Antoni Martí | |
Minister of Justice and the Interior (en) | |
24 de xullo de 2012 – 1 de marzo de 2019 ← Maria Rosa Ferrer Obiols (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Esade Universidade Ramon Llull ESADE Business School (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, xurista |
Partido político | Demócratas por Andorra |
Familia | |
Pais | Xavier Espot Miró e Melània Zamora |
Parentes | Júlia Bonet Fité, avoa |
Xavier Espot Zamora, nado en Escaldes-Engordany o 30 de outubro de 1979, é un político andorrano, actual xefe de goberno do Principado de Andorra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xavier Espot Zamora naceu o 30 de outubro de 1979 en Escaldes-Engordany.
Realizou os seus estudos superiores en Barcelona, graduouse en Dereito pola Facultade da ESADE, na Universidade Ramon Llull. Tamén completou o máster en Dereito na mesma facultade e ao mesmo tempo completou o título de Licenciado en Humanidades tamén na Universidade Ramon Llull.
Entre setembro de 2004 e xuño de 2008 foi secretario xudicial da Batllia de Andorra e, entre xullo e decembro de 2008, foi secretario do Tribunal de Xustiza de Andorra. En 2009 traballou como batlle en prácticas no Tribunal de Grande Instance de Tolosa e no Tribunal de Primeira Instancia de Barcelona. Antes de ingresar ao goberno, exerceu como batlle andorrano na división civil número 2, na sección de menores número 2 e na antiga sección de instrución número 5.
En 2011 ingresou no Goberno de Andorra, presidido por Antoni Martí Petit como Secretario de Estado de Xustiza e Interior, baixo o mandato ministerial de Marc Vila Amigó.[1] En 2012 pasou a ser Ministro de Xustiza e Interior do Principado de Andorra, engadindo máis adiante, en xaneiro de 2016, a carteira de Asuntos Sociais, sucedendo a Rosa Ferrer.
O 16 de maio de 2019 foi proclamado xefe de goberno polo Consello Xeral de Andorra.[2]
Carreira política
[editar | editar a fonte]- 2019 - presente : Xefe de Goberno do Principado de Andorra
- 2012 - 2019 : Ministro de Xustiza e Interior
- 2011 - 2012 : Secretario de Estado de Xustiza e Asuntos Internos
Distincións honoríficas
[editar | editar a fonte]- Presidente de honor (Gran Mestre) da Orde de Carlomagno, Principado de Andorra (2019-presente).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto do 16-10-2011 de nomenamento do Sr. Xavier Espot Zamora como secretario de Estado de Xustiza e Interior." (en catalán). Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ "Xavier Espot (DA) es proclamado nuevo jefe de Gobierno de Andorra" (en castelán). 15 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xavier Espot Zamora |