Dersu Uzala (libro)
Dersu Uzala | |
---|---|
Portada | |
Título orixinal | Дерсу Узала |
Autor/a | Vladímir Arséniev |
Orixe | República Socialista Federativa Soviética de Rusia |
Lingua | ruso |
Tema(s) | Literatura de viaxes |
Xénero(s) | Aventuras; viaxes |
Data de pub. | 1921 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dersu Uzala (Дерсу Узала, Dersu Uzala) é o título dun libro escrito polo capitán Vladímir Arséniev no que narra as súas viaxes pola conca do río Ussuri, na parte máis oriental de Rusia.
Alí coñeceu a Dersu Uzala (1849-1908), un cazador do pobo nanái, que serviu como guía dun grupo de expedicionarios entre 1902 e 1907, salvándoos de morrer de fame e frío en varias ocasións.
Dersu era nómade e animista, e tiña unha relación coa natureza de igual a igual, sen intentar impoñerse como facía a civilización occidental.
Este libro está considerado en Rusia como un clásico.
En 1907 Vladímir Arséniev invitou a Dersu a vivir na súa casa de Khabarovsk debido á perda de visión que Dersu empezou a sufrir, pola que non podía seguir cazando. Na primavera de 1908, despois de comprobar que lle era moi difícil adaptarse á vida da cidade, decidiu regresar á rexión da que proviña.
Dersu morreu asasinado, segundo conta o libro, no poblo de Korfovskiy, e enterrado nunha tumba na taiga rusa.
Adaptacións cinematográficas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dersu Uzala (filme de 1975).
Dersu Uzala é, tamén, o título dun filme de 1975 baseado no libro de Arséniev, de produción soviética e dirixida polo zaponés Akira Kurosawa. Foi rodada durante 1974 nos escenarios naturais da taiga siberiana que percorreron Dersu e Arséniev, a pesar de que facía mal tempo para o rodaxe.
Dersu foi interpretado por Maksim Munzuk e o capitán Arséniev por Yuri Solomin.
Ganou un Óscar en 1975 como «mellor filme de fala non inglesa», así como o Gran premio no Festival Internacional de Cine de Moscova e o David de Donatello ao mellor filme do ano.
O filme axudou á difusión en Occidente do libro homónimo.
O libro tivera outra adaptación cinematográfica en 1961, dirixida por Agasi Babayán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dersu Uzala |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Capítulo 2 da novela (en inglés).
- Versión de son no sitio de Internet Archive.
- Dersu Uzala Crítica do filme, (en castelán).
- Dersu Uzala Info (en inglés).
- "Dersu Uzala" na IMDb (en inglés). (en castelán).