Saltar ao contido

Desviación típica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Desviación estándar»)
Imaxe dunha distribución normal onde cada faixa ten unha largura de 1 desviación típica.

En probabilidade e estatística, a desviación típica ou desvío padrón (tamén desvío ou desviación estándar)[1][2][3] é a medida máis común de dispersión. De xeito sinxelo, mide como están de dispersos os valores nunha colección de datos.

A desviación estándar está definida como a raíz cadrada da varianza. Defínese desta maneira para dar unha medida da dispersión que é un número non negativo que ten as mesmas unidades que os datos.

O termo desviación estándar foi introducido en estatística por Karl Pearson en 1894.

Interpretación e aplicación

[editar | editar a fonte]

A desviación estándar é unha medida do grao de dispersión dos datos do valor medio. Dito doutra maneira, a desviación estándar é simplemente a "media" ou variación esperada con respecto da media aritmética.

Unha desviación estándar grande indica que os puntos están lonxe da media e unha desviación pequeno indica que os datos están agrupados cerca da media.

Por exemplo, as tres mostras (0, 0, 14, 14), (0, 6, 8, 14) e (6, 6, 8, 8) cada unha teñen unha media de 7. As súas desviacións estándar son 7, 5 e 1, respectivamente. A terceira mostra ten unha desviación moito menor que as outras dúas porque os seus valores están máis próximos a 7.

A desviación estándar pode ser interpretado como unha medida de incerteza. A desviación estándar dun grupo repetido de medidas dá a precisión destas. Cando se vai determinar se un grupo de medidas está de acordo co modelo teórico, a desviación estándar desas medidas é de vital importancia: se a media das medidas está demasiado afastada da predición (coa distancia medida en desviacións estándar), entón considérase que as medidas contradín a teoría. Isto é de esperarse xa que as medicións caen fóra do rango de valores dos cales sería razoable esperar que ocorresen se o modelo teórico fose correcto.

Formulación

[editar | editar a fonte]

A desviación estándar (DS/DE) é unha medida de dispersión usada en estatística que indica canto tenden a afastarse os valores puntuais da media nunha distribución. De feito, especificamente a desviación estándar é "a media da distancia de cada punto respecto do valor medio". Adóitase representar por un S ou coa letra sigma, . Esta medida é máis estable que o percorrido e toma en consideración o valor de cada dato.

É posible calcular a desviación estándar como a raíz cadrada da integral

onde

  • O DS é a raíz cadrada da varianza da distribución

Así a varianza é a media dos cadrados das diferenzas entre cada valor da variable e a media aritmética da distribución.

Aínda que esta fórmula é correcta, na práctica interesa realizar inferencias de poboación, polo que no denominador en vez de n, úsase n-1 (Corrección de Bessel)

Tamén temos outra función máis sinxela de realizar e con menos risco de ter equivocacións:

Aquí móstrase como calcular a desviación estándar dun conxunto de datos. Os datos representan a idade dos membros dun grupo de nenos. { 5, 6, 8, 9 }

1. Calcular a media .

.

Neste caso, N = 4 porque hai catro datos:

      Substituíndo N por 4
  Esta é a media.

2. Calcular a desviación estándar

      Substituíndo N por 4
      Substituíndo por 7
  Esta é a desviación estándar.
  1. USC (1995). "bUSCatermos". Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para desviación.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para desvío.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]