Diagrama de puntos e liñas
Un diagrama de puntos e liñas ou gráfica de liñas, ou gráfica de curvas,[1] é un tipo de gráfica que mostra información como unha serie de puntos de datos chamados "marcadores" conectados por segmentos de liña recta.[2] É un tipo básico de gráfica común en moitas disciplina. A miúdo úsase un gráfico de liñas para visualizar unha tendencia nos datos en intervalos de tempo (unha serie temporal), polo que a liña adoita debuxarse cronoloxicamente. Nestes casos coñécense como gráficas de execución.
Exemplo
[editar | editar a fonte]Nas ciencias experimentais, os datos recollidos dos experimentos adoitan visualizarse mediante unha gráfica. Por exemplo, se un recolle datos sobre a velocidade dun obxecto en determinados momentos, pódese visualizar os datos nunha táboa de datos como a seguinte:
Velocidade (m s -1 ) | ||
---|---|---|
0,01 | ||
0,03 | ||
0,05 | ||
0,08 | ||
0,12 | ||
0,16 | ||
0,18 |
Esta representación en táboas de datos é unha boa forma de mostrar valores exactos, mais pode impedir o descubrimento e a comprensión de modelos nos valores. A maiores, a visualización dunha táboa adoita considerarse erróneamente como unha recollida ou almacenamento obxectiva e neutral dos datos (e, nese sentido, incluso pode considerarse erróneamente como os propios datos), mentres que de feito é só unha das varias visualizacións posíbeis de datos.
A comprensión do proceso descrito polos datos da táboa axúdase producindo unha gráfica de velocidade en función do tempo. Tal visualización aparece na figura da dereita. Esta visualización pode permitir que o espectador comprenda rapidamente todo o proceso dunha ollada.
Mellor axuste
[editar | editar a fonte]Os gráficos adoitan incluír unha función matemática superposta que representa a tendencia que mellor se axusta aos datos dispersos. Esta capa denomínase capa de mellor axuste e o gráfico que contén esta capa denomínase a miúdo como gráfico de liñas.
A capa de mellor axuste pode revelar tendencias nos datos. A maiores, as medicións como o gradiente ou a área baixo a curva pódense facer visualmente, o que leva a máis conclusións ou resultados que os da táboa de datos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diagrama de puntos e liñas |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]