Saltar ao contido

Didier Drogba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDidier Drogba

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Didier Yves Drogba Tébily Editar o valor en Wikidata
11 de marzo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Abidjan, Costa do Marfil Editar o valor en Wikidata
Outros nomesTito Drogba Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaCosta do Marfil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League, Major League Soccer e United Soccer Leagues Professional Division (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2002 Le Mans Football Club 64(12)
2002–2003 En Avant de Guingamp 45(20)
2003–2004 Olympique de Marsella 35(19)
2004–2012   Chelsea F.C. (dianteiro)226(100)
2012–2013 Shanghai Shenhua FC 11(8)
2013–2014 Galatasaray Spor Kulübü 37(15)
2014–2015   Chelsea F.C. (dianteiro)28(4)
2015–2016 CF Montréal 39(24)
2017–2018 Phoenix FC 26(17)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002–2014   Selección de fútbol de Costa do Marfil 104(65)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2013Copa de África de Nacións de 2013
2012Copa de África de Nacións de 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2010Copa de África de Nacións de 2010
2008Copa de África de Nacións de 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2006Copa de África de Nacións de 2006
Middle East and Africa Summit 2020 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webdidierdrogba.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: didier.drogba.71216141 Twitter: didierdrogba Instagram: didierdrogba Discogs: 1412032 FIFA: 212306 UEFA: 70482 Editar o valor en Wikidata

Tébily Didier Yves Drogba (AFI: [didje dʁɔɡba]), máis coñecido como Didier Drogba, nado en Abidjan (Lagunes) o 11 de marzo de 1978, é un futbolista profesional internacional marfilés que xoga como dianteiro para o Montreal Impact da Major League Soccer.

Aínda que nado en Costa do Marfil, Drogba mudouse a Francia cando aínda era moi novo. Alí, comezou a súa carreira futbolística xogando en diferentes en equipos xuvenís, até que con 18 anos debuta como profesional nun partido da Ligue 2 co Le Mans. Porén, non sería até a tempada 2002-03 cando mostraría todo o seu potencial, anotando anotar 17 goles en 34 partidos co seu segundo equipo, o Guingamp da Ligue 1. Durante esa tempada, o 8 de setembro, Drogba foi chamado por vez primeira á selección de Costa do Marfil. Porén, non anotaría o seu primeiro gol internacional até febreiro do ano seguinte. Ao ano seguinte é contratado por un dos equipos máis laureados do fútbol francés: o Olympique de Marseille, nun traspaso valorado en 3,3 millóns de libras. No equipo marsellés converteuse rapidamente no principal goleador, terminando finalmente como o terceiro máximo anotador da liga con 19 goles. Tamén ese ano xogaría a Copa da UEFA, axudando ao Olympique a acadar a final da competición con seis goles.

Ao ano seguinte Drogba é traspasado ao Chelsea FC da Premier League despois de que o club londiniense pagase 24 millóns de libras, converténdose no futbolista marfilés máis caro da historia. Inmediatamente despois de chegar, converteuse no dianteiro favorito da afección, ao anotar goles decisivos na Community Shield e na final da Football League Cup e ao axudar ao Chelsea a conseguir o seu primeiro título da Premier. En 2006 Drogba consegue ser recoñecido como un dos mellores dianteiros do mundo, ao gañar o bicampeonato co Chelsea na e ao ser elixido capitán da selección do seu país. Precisamente coa súa selección xogaría ese verán no Mundial de Alemaña, onde a pesar de marcar un só gol, logo é elixido como Futbolista do Ano en África. Galardón que repetiría en 2009.

A nivel extradeportivo, Drogba foi recoñecido polo seu papel vital na batalla pola paz no seu país.[1] Despois de que Costa do Marfil se cualificase para a Copa Mundial de Fútbol de 2006, Drogba fixo unha súplica desesperada aos grupos rebeldes, pedíndolles que depuxesen as súas armas, unha súplica que foi contestada cun cesamento ao lume despois de 5 anos de guerra civil.[2] Posteriormente tamén lograría que o partido de clasificación para a Copa Africana de Nacións de 2008 entre Costa do Marfil e Madagascar se disputase en Bouaké, cidade onde se atopan algúns dos movementos rebeldes máis perigosos do país. Esta foi unha acción que reafirmou a loita pola paz nese país. Esta participación na loita pola paz no seu país fixo que fose elixido como unha das 100 persoas máis influentes de 2010 pola revista Time.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tébily Didier Yves Drogba naceu o 11 de marzo de 1978 en Abidjan, principal cidade de Costa do Marfil. Con todo, á idade de cinco anos foi enviado polos seus pais a vivir a Francia co seu tío Michael Goba, un futbolista profesional que chegara a ser internacional coa selección marfilesa. Porén, pronto sentiu unha profunda nostalxia e regresou 3 anos despois á súa cidade natal, onde xogaba ao fútbol todos os días nun pequeno aparcadoiro da cidade. A súa avoa chegouno a alcumar "Tito", xa que ela admiraba a Josip Broz Tito, expresidente de Iugoslavia.[4] O seu regreso a Costa do Marfil foi moi curto xa que os seus pais perderon o seu traballo, polo que tivo que regresar a Francia a morar de novo co seu tío.[5] En 1991, os seus pais viaxaron a Francia. Primeiro viaxaron a Vannes, mais despois estabelecéronse en Antony, nos Altos do Sena, onde se volveron reunir co seu fillo cando contaba cunha idade de 12.[6] Foi aquí onde Drogba comezou a xogar ao fútbol, uníndose ás categorías inferiores dun equipo local, o Levallois SC, un club semiprofesional onde se gañou a súa reputación como prolífico goleador, impresionando ao adestrador pola súa actitude profesional. As súas actuacións valéronlle un lugar no primeiro equipo, mais, a pesar de debutar no primeiro equipo cunha gol con tan só 18 anos de idade, non puido convencer ao adestrador Jacques Loncar.[7]

Cando terminou o colexio, Drogba cambiou de cidade para poder estudar contabilidade na universidade, polo que tamén tivo que cambiar de club, uníndose a un equipo da Ligue 2, o Le Mans. Con todo, os seus dous primeiros anos víronse afectados polos horarios escolares e as lesións.[5] O aquel entón adestrador do Le Mans, Marc Westerloppe, comentou que "tomou catro anos para que Drogba puidese adestrar, xogar e estudar todos os días á semana". Por outra banda, a vida familiar de Drogba viuse afectada, xa que xogaba e adestraba todos os días como un profesional, deixando de lado á súa familia.[8]

Aos 21 anos, Drogba tiña que estabelecerse obrigadamente no primeiro equipo ou as súas oportunidades de converterse en xogador profesional desaparecerían. Afortunadamente, Drogba logrou debutar no primeiro equipo do Le Mans, asinando un contrato profesional co equipo en 1999. A vida persoal de Drogba facíase cada vez máis difícil, xa que el e a súa esposa Diakité Lalla tiveron ao seu primeiro fillo, ao cal chamaron Isaac. Drogba tomou isto como unha nova responsabilidade, dicindo: "O nacemento de Isaac foi un punto de reflexión na miña vida, endereitoume."[5] A súa primeira tempada disputada foi un bo agoiro para o futuro, anotando 7 goles en 30 partidos. Porén, na tempada seguinte as súas expectativas baixaron. Drogba perdeu a titularidade fronte a Daniel Cousin debido a unha lesión, mais no seu regreso non puido anotar durante o resto da tempada. Con todo, Drogba volveu anotar na seguinte tempada, anotando 5 goles en 21 partidos disputados. Durante a metade da tempada 2001-02, o Guingamp consolidou o seu interese por Drogba, ofrecendo ao Le Mans 80.000 libras esterlinas, tengo lugar finalmente a operación.[5]

Durante a segunda metade da tempada 2001-02, Drogba anotou 3 goles en 11 partidos disputados co Guingamp. Aínda que a súa contribución axudou a evitar o descenso do club, o corpo técnico do club seguía sen estar convencido do seu talento. Con todo, a tempada seguinte, Drogba recompensou a paciencia dos adestradores, ao anotar 17 goles en 34 partidos, axudando a que o Guingamp terminase 7º na liga.[5] Drogba deu crédito aos seus compañeiros pola súa impresionante tempada, destacando a contribución do extremo Florent Malouda como un factor clave da súa prolificación goleadora esa tempada. A súa gran cantidade de goles anotados atraeu a atención dun dos clubs grandes en Francia, o Olympique de Marsella, quen pagou ao Guingamp 3,3 millóns de libras esterlinas, logrando a súa contratación.[8]

O adestrador do Olympique, Alain Perrin, foi quen pediu contratou a Drogba, aínda que Perrin logo foi substituído por José Anigo. A pesar diso, Drogba conservou o seu lugar no equipo, correspondendo con anotando 19 goles na tempada 2003-04 e sendo elixido o Xogador do Ano na Liga Francesa de Fútbol. Tamén anotou 5 goles na Liga de Campións da UEFA e 6 na Copa da UEFA. Ao final da tempada, Drogba foi contratado polo Chelsea Football Club de Inglaterra, equipo que pagou 24 millóns de libras esterlinas ao Olympique. Drogba segue sendo de grande estima en Marsella, onde a afección do Olympique segue cantando o seu nome no Stade Vélodrome. A camisola que usou na súa única tempada disputada co Olympique foi enmarcada na basílica de Notre-Dame de la Garde de Marsella, a cal está no templo desde a final da Copa da UEFA.[9]

Drogba chega finalmente ao Chelsea en xullo de 2004. O seu primeiro gol chega no terceiro partido contra do Crystal Palace. Porén, a súa tempada foi interrompida debido a unha lesión nun músculo do estómago que sufriu durante un partido contra o Liverpool FC, a cal o deixou fóra dos terreos de xogo por máis de 2 meses. Nesa tempada o Chelsea gañou a Premier League, no que supoñía o seu primeiro título de liga despois de 50 anos, e a Football League Cup, onde Drogba anotou o gol que lle deu a vitoria ao Chelsea por 3-2 sobre o Liverpool no Millennium Stadium, así como acadar as semifinais da Liga de Campións da UEFA. Nesa tempada Drogba anotou 16 goles en 40 partidos co Chelsea, dos cales 10 foron na Premier, 5 na Champions e un na final da Football League Cup.

A tempada 2005-06 comezou anotando dous goles na vitoria do Chelsea sobre o Arsenal FC na Community Shield. A súa reputación viuse embazada no medio de acusacións de fraude durante a vitoria do Chelsea por 2-0 sobre o Manchester City. As repeticións amosaron que utilizara a súa man para controlar o balón antes de anotar o segundo gol. Este incidente tivo lugar tan só dúas semanas despois dun incidente similar co Fulham FC, onde o gol fora anulado e Drogba acusado de facer trampa. Nunha entrevista realizada pola BBC ao xogador despois do partido admitiu que controlara o balón coa man. Ao final do ano oChelsea logrou reter o seu título de Liga a falta de dous partidos por disputar, converténdose no segundo equipo inglés en gañar de forma consecutiva a Premier. Drogba terminou de novo a tempada con 16 anotacións, incluíndo 12 na liga, 2 na Community Shield, un na Liga de Campións e un na FA Cup.

Despois da saída de Damien Duff ao Newcastle United, Drogba cambiou a súa camiseta co dorsal 15 polo seu identificativo 11, a cal Duff deixara vacante. A tempada 2006-07 de gran suceso persoal para Drogba, xa que logrou anotar 33 goles en todas as competicións. Isto supuxo marca un gol máis que nas dúas tempadas anteriores combinadas. Deses 33 goles, 20 foron na Premier League, o que lle valeu para conseguir o título de máximo anotador da tempada. Foi ademais o primeiro xogador do Chelsea en alcanzar 30 goles nunha tempada desde Kerry Dixon en 1985. A repartición dos seus 33 goles na tempada é: 20 na Premier League, 6 na Liga de Campións, 3 na FA Cup e 4 na Football League Cup. Ese mesmo ano, no mes de xaneiro, Drogba foi electo "Mellor Xogador de Costa do Marfil", por diante de xogadores como Abdul Kader Keïta, Aruna Dindane e Kolo Touré.[10] Alén diso, en marzo, foi nomeado o "Futbolista Africano do Ano" por vez primeira na súa carreira, superando a Samuel Eto'o e a Michael Essien.[11] As súas grandes actuacións durante a tempada incluírono no "Equipo do Ano da Premier League", ademais de quedar en segundo no Premio ao "Xogador do Ano", só por detrás de Cristiano Ronaldo.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Temporada Liga Copa Nacional* Copa Internacional** Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Le Mans
Francia
1998-99 2 0 - - - - 2 0
1999-00 30 7 2 0 - - 32 7
2000-01 11 0 3 1 - - 14 1
2001-02 21 5 3 2 - - 24 7
Total 64 12 8 3 - - 72 15
Guingamp
Francia
2001-02 11 3 - - - - 11 3
2002-03 34 17 5 4 - - 39 21
Total 45 20 5 4 - - 50 24
Olympique
Francia
2003-04 35 19 4 2 16 11 55 32
Total 35 19 4 2 16 11 55 32
Chelsea
Inglaterra Inglaterra
2004-05 26 10 6 1 9 5 41 16
2005-06 29 12 5 3 7 1 41 16
2006-07 36 20 12 7 12 6 60 33
2007-08 19 8 2 1 11 6 32 15
2008-09 24 5 8 4 10 5 42 14
2009-10 32 29 7 5 5 3 44 37
2010-11 36 11 3 0 7 2 46 13
2011-12 24 5 3 2 8 6 35 13
2014-15 18 4 6 1 4 2 28 7
Total 238 102 48 24 73 36 369 164
Shanghái Shenhua
China
2012 11 8 - - - - 11 8
Total 11 8 - - - - 11 8
Galatasaray
Turquía Turquía
2013 13 5 - - 4 1 17 6
2013-14 24 10 4 2 8 2 36 14
Total 36 15 4 2 13 3 53 20
Total na súa carreira 436 178 71 34 103 51 610 263
Estatísticas até o 7 de marzo de 2015.[12]

Resumo estatístico

[editar | editar a fonte]
Partidos Goles Media
Francia Ligue 2 64 12 0,188
Francia Ligue 1 90 39 0,433
Inglaterra Premier League 238 102 0,429
República Popular da China Chinese Super League 11 8 0,727
Süper Lig 36 15 0,417
Francia Coupe de France 9 7 0,778
Francia Coupe de la Ligue 8 2 0,250
Inglaterra FA Cup 29 12 0,414
Inglaterra League Cup 19 10 0,526
Inglaterra Community Shield 4 2 0,500
Türkiye Kupası 3 1 0,333
TFF Süper Kupa 1 1 1,000
Unión Europea Europa League 16 11 0,688
Unión Europea Champions League 85 39 0,459
Costa do Marfil Costa do Marfil 104 65 0,625
Total 714 328 0,459
Estatísticas até o 7 de marzo de 2015.
  1. Merrill, Austin (10 de xullo de 2007). Vanity Fair, ed. "Best Feet Forward" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  2. Kouassi, Selay Marius (4 de xuño de 2010). "The Power of Football - How Didier Drogba United a Divided Country" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  3. Wilson, Jeremy (29 de abril de 2010). "Didier Drogba named by Estafe as one of the world's 100 most influential people". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  4. Dreadis (8 de outubro de 2009). Vital Football, ed. "Whose My Tito?". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2015. Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Observer Sport Monthly, ed. (4 de febreiro de 2007). "I love England. If only my son wouldn't wear an Arsenal shirt". Consultado o 4 de marzo de 2013. 
  6. didierdrogba.com (ed.). "Biography: My childhood" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  7. didierdrogba.com (ed.). "Biography: My Training" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  8. 8,0 8,1 McCarra, Kevin (25 de novembro de 2006). The Guardian, ed. "Rough diamond Drogba adds the polish" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  9. Labidou, Alex (4 de abril de 2011). ESPN, ed. "Is Drogba headed to MLS?" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  10. BBC Sport, ed. (6 de xaneiro de 2007). "Drogba swoops Ivorian award" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  11. BBC Sport, ed. (1 de marzo de 2007). "Drogba wins African player award" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  12. Soccer Base (ed.). "Didier Drogba's Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]