Saltar ao contido

Mundial de Fútbol de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copa Mundial de Fútbol de 2006»)
Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2006
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
LemaA time to make friends (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MascotaGoleo VI (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localización Volksparkstadion (Altona)
Veltins-Arena (Gelsenkirchen-Nord (en) Traducir)
Signal Iduna Park (Dortmund)
RheinEnergieStadion (pt) Traducir (Müngersdorf)
Red Bull Arena (Leipzig)
MHPArena (Bad Cannstatt (pt) Traducir)
HDI-Arena (pt) Traducir (Mitte (en) Traducir)
Fritz-Walter-Stadion (pt) Traducir (Kaiserslautern)
Frankenstadion (pt) Traducir (Núremberg)
Estadio Olímpico de Berlín (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Traducir)
Deutsche Bank Park (Frankfurt-Süd (en) Traducir)
Allianz Arena (Schwabing-Freimann (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo9 de xuño de 2006 – 9 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata
Número de edición18  (2006) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoItalia Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor en Wikidata
Goles147 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosMiroslav KloseAlemaña (5) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores3.359.439 Editar o valor en Wikidata
Outro
Cancelo#wm2006 Editar o valor en Wikidata

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese en Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e o Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e o Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Teamgeist™ ("espírito de equipo"). Balón oficial do campionato.

Expectativas antes do torneo

[editar | editar a fonte]
Países participantes

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiana. A pesar de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que so o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a selección italiana por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experiencia, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no día 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que o 79,8% dos brasileiros cren no hexacampionato mundial.[1]

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi, [1]

Cidade Estadio Club Capacidade
Berlín Olympiastadion Hertha Berlin 76.176
Dortmund Signal Iduna Park Borussia Dortmund 66.981
Frankfurt Commerzbank-Arena Eintracht Frankfurt 48.132
Gelsenkirchen Veltins-Arena Schalke 04 53.804
Hamburgo AOL Arena Hamburger SV 51.055
Hannover AWD-Arena Hannover 96 44.652
Kaiserslautern Fritz-Walter-Stadion FC Kaiserslautern 41.170
Colonia RheinEnergieStadion FC Köln 46.120
Leipzig Zentralstadion FC Sachsen Leipzig 44.199
München Allianz-Arena Bayern Múnic 66.016
Nuremberg Frankenstadion FC Nürnberg 41.926
Stuttgart Gottlieb-Daimler-Stadion VfB Stuttgart 54.267

Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns apenas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohibe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para o seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

Países clasificados

[editar | editar a fonte]
Mapa dos países classificados para o torneio.

Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

País Participacións Clasificación
Alemaña Alemaña 15
Croacia Croacia 2* 8 de outubro de 2005
Francia Francia 11 12 de outubro de 2005
Países Baixos Países Baixos 7 8 de outubro de 2005
Inglaterra Inglaterra 11 8 de outubro de 2005
Italia Italia 15 8 de outubro de 2005
Polonia Polonia 6 8 de outubro de 2005
Portugal Portugal 3 8 de outubro de 2005
Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro 1* 12 de outubro de 2005
Suecia Suecia 10 12 de outubro de 2005
Ucraína Ucraína Estrea 3 de setembro de 2005
Suíza Suíza 7 16 de novembro de 2005
España España 11 16 de novembro de 2005
Chequia República Checa Estrea** 16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) clasificáronse oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partir de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

América do Sur (CONMEBOL)

[editar | editar a fonte]
País Participacións Clasificación
Arxentina Arxentina 13 8 de xuño de 2005
Brasil Brasil 17 (único totalista) 4 de setembro de 2005
Ecuador Ecuador 1 8 de outubro de 2005
Paraguai Paraguai 6 8 de outubro de 2005

América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF)

[editar | editar a fonte]
País Participacións Clasificación
Estados Unidos Estados Unidos 7
México México 12
Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago Estrea
Costa Rica Costa Rica 2
País Participacións Clasificación
Arabia Saudita Arabia Saudita 3 8 de xuño de 2005
Corea do Sur Corea do Sur 6 8 de xuño de 2005
Xapón Xapón 2 8 de xuño de 2005
Irán Irán 2 8 de xuño de 2005
País Participacións Clasificación
Angola Angola Estrea 8 de outubro de 2005
Costa do Marfil Costa do Marfil Estrea 8 de outubro de 2005
Ghana Ghana Estrea 8 de outubro de 2005
Togo Togo Estrea 8 de outubro de 2005
Tunisia Tunisia 3 8 de outubro de 2005

Oceanía (OFC)

[editar | editar a fonte]
País Participacións Clasificación
Australia Australia 1 16 de novembro de 2005

O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, España, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

  • Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campión, fica no Grupo F, para evitar un posible enfrontamento con Alemaña antes da final.
  • Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excepción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente.
  • Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais.
  • Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos."
  • Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para previr que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo.
  • Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.
Pote A Pote B Pote C Pote D

Arxentina Arxentina
Brasil Brasil
Inglaterra Inglaterra
Francia Francia
Alemaña Alemaña
Italia Italia
México México
España España

Angola Angola
Australia Australia
Costa do Marfil Costa do Marfil
Ecuador Ecuador
Ghana Ghana
Paraguai Paraguai
Togo Togo
Tunisia Tunisia

Croacia Croacia
Chequia República Checa
Países Baixos Países Baixos
Polonia Polonia
Portugal Portugal
Suíza Suíza
Suecia Suecia
Ucraína Ucraína

Costa Rica Costa Rica
Irán Irán
Xapón Xapón
Corea do Sur Corea do Sur
Arabia Saudita Arabia Saudita
Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago
Estados Unidos Estados Unidos

Pote especial

Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos disputándose unha praza.[2][3]

Composición dos equipos

[editar | editar a fonte]

Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[4].

Árbitros

[editar | editar a fonte]

A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. [2] Arquivado 30 de xuño de 2006 en Wayback Machine.

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Exipto Essam Abd El Fatah Dramane Dante Senegal Mamadou Ndoye
2 Paraguai Carlos Amarilla Paraguai Amelio Andino Paraguai Manuel Bernal
3 Benito Archundia José Ramírez Hector Vergara
4 Suíza Massimo Busacca Suíza Francesco Buragina Suíza Matthias Arnet
5 Benín Coffi Codjia Celestin Ntagungira Benín Aboudou Aderodjou
6 Bélxica Frank De Bleeckere Bélxica Peter Hermans Bélxica Walter Vromans
7 Italia Massimo De Santis Italia Alessandro Griselli Italia Marco Ivaldi
8 Horacio Elizondo Darío García Rodolfo Otero
9 Valentin Ivanov Nikolay Golubey Evgueni Volnin
10 Toru Kamikawa Yoshikazu Hiroshima Kim Dae Young
11 Uruguai Jorge Larrionda Uruguai Walter Rial Uruguai Pablo Fandino
12 Singapur Shamsul Maidin Tailandia Prachya Permpanich Emiratos Árabes Unidos Eisa Ghuloum
13 España Luis Medina Cantalejo España Victoriano Giráldez Carrasco España Pedro Medina Hernández
14 Alemaña Markus Merk Alemaña Christian Schraer Alemaña Jan-Hendrik Salver
15 Eslovaquia Lubos Michel Eslovaquia Roman Slysko Eslovaquia Martin Balko
16 Inglaterra Graham Poll Inglaterra Philip Sharp Inglaterra Glenn Turner
17 Francia Eric Poulat Francia Lionel Dagorne Francia Vincent Texier
18 Peter Prendergast Anthorny Garwood Joseph Taylor
19 Marco Rodríguez José Luis Camargo Leonel Leal
20 Italia Roberto Rosetti Italia Christiano Copelli Italia Alessandro Stagnoli
21 Óscar Ruiz Fernando Tamayo José Navia
22 Australia Mark Shield Australia Nathan Gibson Australia Ben Wilson
23 Carlos Simon Aristeu Tavares Ednilson Corona

Árbitros de apoio

[editar | editar a fonte]
Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Khalil Al Ghamdi Hamdi Al Kadri Fathi Rabati
2 Chile Carlos Chandia Chile Christian Julio Chile Rodrigo González
3 Jerome Damon Enock Molefe Justice Yeboah
4 Mohamed Guezzaz Alxeria Brahim Djezzar Jean Marie Endeng Zogo
5 Kevin Stott Chris Strickland Gregory Barkey

Táboa de partidos

[editar | editar a fonte]

O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en quenda única. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partir desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.

Primeira fase

[editar | editar a fonte]
Data Localidade Seleccións Grupo Resultado²
Venres, 9 de xuño de 2006 Múnic Alemaña Alemaña - Costa Rica Costa Rica A 4-2 (2-1)
Venres, 9 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Polonia Polonia - Ecuador Ecuador A 0-2 (0-1)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Frankfurt Inglaterra Inglaterra - Paraguai Paraguai B 1-0 (1-0)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Dortmund Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago - Suecia Suecia B 0-0
Sábado, 10 de xuño de 2006 Hamburgo Arxentina Arxentina - Costa do Marfil Costa do Marfil C 2-1 (2-0)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Leipzig Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro - Países Baixos Países Baixos C 0-1 (0-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Nuremberg México México - Irán Irán D 3-1 (1-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Colonia Angola Angola - Portugal Portugal D 0-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Kaiserslautern Australia Australia - Xapón Xapón F 3-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Estados Unidos Estados Unidos - Chequia República Checa E 0-3 (0-2)
Luns, 12 de xuño de 2006 Hannover Italia Italia - Ghana Ghana E 2-0 (1-0)
Martes, 13 de xuño de 2006 Frankfurt Corea do Sur Corea do Sur - Togo Togo G 2-1 (0-1)
Martes, 13 de xuño de 2006 Stuttgart Francia Francia - Suíza Suíza G 0-0
Martes, 13 de xuño de 2006 Berlín Brasil Brasil - Croacia Croacia F 1-0 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Leipzig España España - Ucraína Ucraína H 4-0 (2-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Múnic Tunisia Tunisia - Arabia Saudita Arabia Saudita H 2-2 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Dortmund Alemaña Alemaña - Polonia Polonia A 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Hamburgo Ecuador Ecuador - Costa Rica Costa Rica A 3-0 (1-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Berlín Suecia Suecia - Paraguai Paraguai B 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Nuremberg Inglaterra Inglaterra - Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago B 2-0 (0-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Arxentina Arxentina - Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro C 6-0 (3-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Hannover México México - Angola Angola D 0-0
Venres, 16 de xuño de 2006 Stuttgart Países Baixos Países Baixos - Costa do Marfil Costa do Marfil C 2-1 (2-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Frankfurt Portugal Portugal - Irán Irán D 2-0 (0-0)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Kaiserslautern Italia Italia - Estados Unidos Estados Unidos E 1-1 (1-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Colonia Chequia República Checa - Ghana Ghana E 0-2 (0-1)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Leipzig Francia Francia - Corea do Sur Corea do Sur G 1-1 (1-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Múnic Brasil Brasil - Australia Australia F 2-0 (0-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Nuremberg Xapón Xapón - Croacia Croacia F 0-0
Luns, 19 de xuño de 2006 Dortmund Togo Togo - Suíza Suíza G 0-2 (0-1)
Luns, 19 de xuño de 2006 Hamburgo Arabia Saudita Arabia Saudita - Ucraína Ucraína H 0-4 (0-2)
Luns, 19 de xuño de 2006 Stuttgart España España - Tunisia Tunisia H 3-1 (0-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Berlín Ecuador Ecuador - Alemaña Alemaña A 0-3 (0-2)
Martes, 20 de xuño de 2006 Hannover Costa Rica Costa Rica - Polonia Polonia A 1-2 (1-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Kaiserslautern Paraguai Paraguai - Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago B 2-0 (1-0)
Martes, 20 de xuño de 2006 Colonia Suecia Suecia - Inglaterra Inglaterra B 2-2 (0-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Frankfurt Países Baixos Países Baixos - Arxentina Arxentina C 0-0
Mércores, 21 de xuño de 2006 Gelsenkirchen Portugal Portugal - México México D 2-1 (2-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Leipzig Irán Irán - Angola Angola D 1-1 (0-0)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Múnic Costa do Marfil Costa do Marfil - Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro C 3-2 (1-2)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Dortmund Xapón Xapón - Brasil Brasil F 1-4 (1-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Hamburgo Chequia República Checa - Italia Italia E 0-2 (0-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Nuremberg Ghana Ghana - Estados Unidos Estados Unidos E 2-1 (2-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Stuttgart Croacia Croacia - Australia Australia F 2-2 (1-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Berlín Ucraína Ucraína - Tunisia Tunisia H 1-0 (0-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Hannover Suíza Suíza - Corea do Sur Corea do Sur G 2-0 (1-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Kaiserslautern Arabia Saudita Arabia Saudita - España España H 0-1 (0-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Colonia Togo Togo - Francia Francia G 0-2 (0-0)
Nota2: Entre parénteses, o resultado do partido no final do primeiro tempo.;

Clasificacións

[editar | editar a fonte]
Regras de clasificación na fase de grupos

1. maior número de puntos obtidos en tódolos partidos do grupo;
2. diferenza de goles en todolos partidos do grupo;
3. maior número de goles marcados en tódolos partidos do grupo;

Se dúas ou máis escuadras ficaran iguais no que respecta ós criterios anteriores, a súa clasificación será determinada da seguinte forma:
4. maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
5. diferenza de goles resultante dos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
6. maior número de goles marcados nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
7. sorteo realizado por parte do Comité Organizador do Campionato do Mundo.
—  Regras do campionato

Co fin dos partidos da segunda rolda (15/06) do Grupo A, a selección alemá e a selección ecuatoriana garantiron o seu paso á seguinte fase. Os partidos da terceira rolda definiron as posicións das mesmas no grupo. A selección polaca e a selección costarriqueña xa non tiñan oportunidades de clasificación.

No Grupo B, a Inglaterra tamén se garantiu a súa praza na vindeira fase. Paraguai quedou fóra da competición. A outra praza do grupo disputárona na terceira xornada Suecia e Trindade e Tobago, saíndo os suecos gañadores.

Ó remate da segunda xornada (16 de xuño) do Grupo C, Arxentina e Holanda xa garantiran a súa praza na seguinte fase. Resta saber quen quedará co primeiro lugar, o que se definirá na terceira xornada. Consecuentemente, Costa do Marfil e Serbia e Montenegro xa esgotaron as súas opcións de clasificarse.

No día 17 de xuño, a selección portuguesa garantiuse coma sexta clasificada para os oitavos de final, ó vencer a Irán, xá sen opcións, por 2 a 0.

Cos partidos da segunda rolda nada se definira no grupo.

Brasil garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Australia por 2 a 0.

España garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Tunisia por 3 a 1.

  • Pasaron á segunda fase:
    • Alemaña
    • Arxentina
    • Australia
    • Brasil
    • Ecuador
    • España
    • Francia
    • Ghana
    • Holanda
    • Inglaterra
    • Italia
    • México
    • Portugal
    • Suecia
    • Suíza
    • Ucraína
  • Caeron eliminados na primeira fase:
    • Angola
    • Arabia Saudita
    • Corea do Sur
    • Costa do Marfil
    • Costa Rica
    • Croacia
    • Estados Unidos
    • Irán
    • Xapón
    • Paraguai
    • Polonia
    • República Checa
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
    • Trindade e Tobago
    • Tunisia
  • Gañaron tódolos encontros da primera fase:
    • Alemaña
    • Brasil
    • España
    • Portugal


  • Perderon tódolos encontros da primeira fase:
    • Costa Rica
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
  • Non encaixou ningún gol en toda a Copa:
    • Suíza (Levou 3 nos penaltis contra Ucraína)


  • Non fixo gol na copa:
    • Trindade e Tobago

Clasificacións dos grupos

[editar | editar a fonte]
Selección Pt X V E D GF GC SG
Alemaña Alemaña 9 3 2 0 0 8 2 6
Ecuador Ecuador 6 3 2 0 1 5 3 2
Polonia Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2
Costa Rica Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6
Selección Pt X V E D GF GC SG
Inglaterra Inglaterra 7 3 2 1 0 5 2 3
Suecia Suecia 5 3 1 2 0 3 2 1
Paraguai Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0
Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
Arxentina Arxentina 7 3 2 1 0 8 1 7
Países Baixos Países Baixos 7 3 2 1 0 3 1 2
Costa do Marfil Costa do Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1
Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8
Selección Pt X V E D GF GC SG
Portugal Portugal 9 3 3 0 0 5 1 4
México México 4 3 1 1 1 4 3 1
Angola Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1
Irán Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
Italia Italia 7 3 2 1 0 5 1 4
Ghana Ghana 6 3 2 0 1 4 3 1
Chequia República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1
Estados Unidos Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
Brasil Brasil 9 3 3 0 0 7 1 6
Australia Australia 4 3 1 1 1 5 5 0
Croacia Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1
Xapón Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5
Selección Pt X V E D GF GC SG
Suíza Suíza 7 3 2 1 0 4 0 4
Francia Francia 5 3 1 2 0 3 1 1
Corea do Sur Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1
Togo Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5
Selección Pt X V E D GF GC SG
España España 9 3 3 0 0 8 1 7
Ucraína Ucraína 6 3 2 0 1 5 4 1
Tunisia Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3
Arabia Saudita Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5

Fases seguintes

[editar | editar a fonte]
Segunda Ronda Cuartos de finais Semifinais Final
                           
24 xuño - Múnic            
 Alemaña Alemaña  2
30 xuño- Berlín
 Suecia Suecia  0  
 Alemaña Alemaña (pen.)  1(4)
24 xuño - Leipzig
   Arxentina Arxentina  1(2)  
 Arxentina Arxentina (pro.)  2
4 xullo - Dortmund
 México México  1  
 Alemaña Alemaña  0
26 xuño - Kaiserslautern
   Italia Italia (pro.)  2  
 Italia Italia  1
30 xuño- Hamburgo
 Australia Australia  0  
 Italia Italia  3
26 xuño - Colonia
   Ucraína Ucraína  0  
 Suíza Suíza  0(0)
9 xullo - Berlín
 Ucraína Ucraína (pen.)  0(3)  
 Italia Italia (pen.)  1(5)
25 xuño - Stuttgart
   Francia Francia  1(3)
 Inglaterra Inglaterra  1
1º xullo - Gelsenkirchen
 Ecuador Ecuador  0  
 Inglaterra Inglaterra  0(1)
25 xuño - Nuremberg
   Portugal Portugal (pen.)  0(3)  
 Portugal Portugal  1
5 xullo - Múnic
 Países Baixos Países Baixos  0  
 Portugal Portugal  0
27 xuño - Dortmund
   Francia Francia  1   Terceiro posto
 Brasil Brasil  3
1º xullo - Frankfurt 8 xullo - Stuttgart
 Ghana Ghana  0  
 Brasil Brasil  0  Alemaña Alemaña  3
27 xuño - Hannover
   Francia Francia  1    Portugal Portugal  1
 España España  1
 Francia Francia  3  

* Despois da prórroga.
**Despois da quenda de penaltis.
Entre parénteses: resultado no fin do primeiro tempo.

Goles marcados

[editar | editar a fonte]

No final da copa, o artilleiro recibirá a "Chuteira de Ouro" Adidas (Golden Shoe Award)[5]. O xogador brasileiro Ronaldo foi o último vencedor do premio na Copa de 2002, con 8 goles marcados, e é o único vencedor que continua xogando. Ronaldo é o maior artilleiro de todas as Copas, con 15 goles. Xa Just Fontaine é o maior artilleiro dunha única edición do torneo con 13 goles anotados na Copa de 1958.

Goles en contra

Clasificación final

[editar | editar a fonte]

A Clasificación final das seleccións leva en conta a fase á que a selección chegou e despois a súa puntuación así como outros criterios de desempate. Por exemplo: Ucraína cun total de 7 puntos ficou diante da España que obtivo un total de 9 puntos. Iso debido a que España foi eliminada nos oitavos de final, mentres que Ucraína saíu na fase de cuartos de final.

Finalistas

[editar | editar a fonte]

Premiados

[editar | editar a fonte]
Vencedor
Itália
Italia
Tetracampioa


Premio FIFA Chuteira de Ouro (goleador): Premio FIFA Balón de Ouro (mellor xogador): Premio FIFA Yashin (mellor porteiro) Premio FIFA Mellor Xogador novo: Trofeo FIFA Fair Play (equipo máis limpo): Equipo máis entretido:
Alemaña
Miroslav Klose
Francia
Zinedine Zidane
Italia
Gianluigi Buffon
Alemaña
Lukas Podolski
Brasil Brasil
España España
Portugal Portugal

Selección do Mundial

Ó final da competición un grupo da FIFA seleccionou a selección da copa, que é composta polos 23 mellores xogadores do torneo.

Porteiro Defensores Mediocampistas Dianteiros

Italia Gianluigi Buffon
Alemaña Jens Lehmann
Portugal Ricardo Pereira

Roberto Ayala
Inglaterra John Terry
Francia Lilian Thuram
Alemaña Philipp Lahm
Italia Fabio Cannavaro
Italia Gianluca Zambrotta
Portugal Ricardo Carvalho

Zé Roberto
Francia Patrick Vieira
Francia Zinedine Zidane
Alemaña Michael Ballack
Italia Andrea Pirlo
Italia Gennaro Gattuso
Italia Francesco Totti
Portugal Luís Figo
Portugal Maniche

Hernan Crespo
Francia Thierry Henry
Alemaña Miroslav Klose
Italia Luca Toni

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
1 Italia 17 7 5 2 0 12 2 +10 80,9%
2 Francia 15 7 4 3 0 9 3 +6 71,4%
3 Alemaña 16 7 5 1 1 14 6 +8 76,2%
4 Portugal 13 7 4 1 2 7 5 +2 62,0%
5 Brasil 12 5 4 0 1 10 2 +8 80,0%
6 Arxentina 11 5 3 2 0 11 3 +8 73,3%
7 Inglaterra 11 5 3 2 0 6 2 +4 73,3%
8 Ucraína 7 5 2 1 2 5 7 -2 46,6%
9 España 9 4 3 0 1 9 4 +5 75,0%
10    Suíza 8 4 2 2 0 4 0 +4 66,6%
11 Holanda 7 4 2 1 1 3 2 +1 58,3%
12 Ecuador 6 4 2 0 2 5 4 +1 50,0%
13 Ghana 6 4 2 0 2 4 6 -2 50,0%
14 Suecia 5 4 1 2 1 3 4 -1 41,6%
15 México 4 4 1 1 2 5 5 0 33,3%
16 Australia 4 4 1 1 2 5 6 -1 33,3%
17 Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1 44,4%
18 Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0 33,3%
19 República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1 33,3%
20 Costa do Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1 33,3%
21 Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2 33,3%
22 Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1 22,2%
23 Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1 22,2%
24 Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3 11,1%
25 Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
26 Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
27 Trindade e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4 11,1%
28 Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
29 Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
30 Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5 0,0%
31 Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6 0,0%
32 Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8 0,0%
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2008. Consultado o 09 de xullo de 2006. 
  2. (en inglés) Artigo do xornal The Guardian sobre o 'Grupo da Morte'
  3. (en inglés) Artigo da FOX Sports sobre o 'Grupo da Morte' Arquivado 16 de maio de 2006 en Wayback Machine.
  4. (en inglés) http://eur.i1.yimg.com/eur.yimg.com/i/eu/fifa/regen.pdf Arquivado 01 de xuño de 2006 en Wayback Machine. Regras oficiais FIFA (PDF)
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2006. Consultado o 09 de xullo de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]