Diego Ferrero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1985 (39 anos) Campo Grande, Mato Grosso do Sur, Brasil |
Outros nomes | Di Ferrero |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Emo |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Isabeli Fontana (2016–) |
Sitio web | nxzero.com.br |
Diego José Ferrero, máis coñecido como Di Ferrero, nado en Campo Grande o 11 de xuño de 1985, é o vocalista da banda brasileira NX Zero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A primeira vez que se escoitou falar de Di Ferrero foi nun programa de Xuxa en 1997, onde cantou unha canción de Michael Jackson e realizou un dos seus bailes tamén.
Diego entrou a NX Zero no ano 2004, pouco tempo antes da saída de Yuri Nishida. En decembro de 2008 o cantante sufriu un accidente de moto, onde se quebrou unha perna, polo tanto nalgúns espectáculos presentouse nunha cadeira de rodas.
Di aparece todos os anos en Altas Horas xunto cos integrantes de NX Zero. Foi escollido como o máis guapo do ano no VMB (brasileiro) de 2007, e gañou o Colirio Nacional de 2008 pola revista Capricho. NX Zero tamén gañou o premio á banda do ano en 2009 no programa de televisión Domingão do Faustão.
Participacións
[editar | editar a fonte]Diego gravou en conxunto coa cantante Nelly Furtado a versión en portugués da canción "All Good Things (Come to an End)" para a edición brasileira do disco Loose. Participou tamén na canción "Todo passa" do rapper Túlio Dek e gravou unha canción coa banda Rouge.
O cantante tamén gravou Abra a Felicidade xunto con Pitty e MV Bill. A canción foi o tema da campaña publicitaria no verán de 2009 de Coca-Cola.
Discografía
[editar | editar a fonte]CDs
- Diálogo? (2004)
- NX Zero (2006)
- Agora (2008)
- Sete Chaves (2009)
- Projeto Paralelo (2010)
DVDs
- MTV ao Vivo - 5 Bandas de Rock (2007)
- 65 horas até aqui (2008)