Dielectro
Dielectro Industrial S.A. | |
---|---|
Sede e centro loxístico en Sabón. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1951 como Dielectro Galicia na Coruña |
Matriz | Sonepar Ibérica |
Localización | Avda. da Prensa 55, 15142 Arteixo, A Coruña Galiza |
Fundador | Emilio Lostalé |
Persoas clave | Pilar María González |
Industria | Distribución |
Produtos | Material eléctrico Electrónica Telecomunicacións |
Beneficio | 84 millóns de euros (2014) |
Número de empregados | 280 (en 2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dielectro é unha empresa galega de subministración de material eléctrico e electrónico con sede en Arteixo no polígono de Sabón.
A empresa ten 22 centros de distribución por toda España[1].
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa ten as súas orixes en 1951 como almacén e distribuidor de material eléctrico. En 2001 inicia a ampliación fóra de Galicia, na Comunidade de Madrid con catro delegacións: Leganés, San Fernando de Henares, Alcobendas e Pinto no 2007. En 2004 o negocio chega a Cataluña en Sant Boi de Llobregat (Barcelona). Máis tarde Badalona e Poble Nou. En 2005 ten rede propia de distribución en Asturias (Oviedo). Xa no 2006 abren as sedes en Castela e León (Ponferrada) e Levante (Massanassa-Valencia), no 2007 abre a delegación de Gandia[2].
Actualmente a empresa adícase tamén a distribución de material de fontanería, calefacción ou enerxías alternativas. En 2015 a empresa foi mercada polo grupo francés Sonepar[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Presentación Corporativa 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2018.
- ↑ "Historia y Trayectoria". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2013.
- ↑ Un gigante francés se hace con la empresa gallega de material eléctrico Dielectro lavozdegalicia.es
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Dielectro (en varias linguas)