Distrito electoral de Pontedeume
Aparencia
O Distrito electoral de Pontedeume era unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923 con dúas interrucións de 1853 a 1857, e de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Castro (actualmente Miño), Fene, Monfero, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.
Lista dos deputados electos polo distrito de Pontedeume
[editar | editar a fonte]Nome | Data de posesión[1] | Data de cesamento[2] |
---|---|---|
Jacobo Luis Fitz-James Stuart Ventimiglia, Duque de Alba | 4 de xaneiro de 1847 | 7 de abril de 1851 |
Eugenio de Abella | 14 de xuño de 1851 | 10 de decembro de 1853 |
Incluído no distrito da Coruña (1854-1856)[3] | ||
Rafael López Ballesteros | 11 de maio de 1857 | 13 de maio de 1858 |
Joaquín Peralta Pérez de Salcedo | 6 de decembro de 1858 | 21 de outubro de 1860 |
Frutos Saavedra Meneses | 30 de novembro de 1860 | 12 de xullo de 1865 |
Incluído no distrito da Coruña (1866-1870)[4] | ||
Domingo Caramés García (1º período) | 22 de abril de 1871 | 24 de xaneiro de 1872 |
Joaquín Ignacio Figueroa Mendieta | 28 de abril de 1872 | 28 de xuño de 1872 |
Prudencio Urcullu | 19 de setembro de 1872 | 22 de marzo de 1873 |
Juan Martínez de Tejada | 6 de xuño de 1873 | 8 de xaneiro de 1874 |
Domingo Caramés García (2º período) | 18 de febreiro de 1876 | 25 de xuño de 1881 |
Daniel Rodríguez Rodríguez | 31 de agosto de 1881 | 20 de xullo de 1883 |
Gaspar Rodríguez Rodríguez | 12 de xaneiro de 1884 | 31 de marzo de 1884 |
Román Folla Miragaya | 7 de xuño de 1884 | 29 de outubro de 1889 |
Enrique Sors Martínez | 1 de xaneiro de 1890 | 29 de decembro de 1890 |
Juan Armada Losada, Marqués de Figueroa | 24 de febreiro de 1891 | 14 de abril de 1910 |
José Lombardero Franco | 15 de xullo de 1910 | 26 de outubro de 1912 |
Julio Wais Sanmartín | 3 de decembro de 1912 | 15 de setembro de 1923 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Data da primeira toma de posesión cando se encadean varios mandatos consecutivos
- ↑ Data do último cesamento cando se encadean varios mandatos consecutivos
- ↑ A provincia da Coruña formaba unha única circunscrición electoral
- ↑ Na provincia da Coruña había dous distritos electorais: A Coruña e Santiago de Compostela con seis deputados cada un
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquivo histórico de Deputados Arquivado 22 de setembro de 2013 en Wayback Machine. na web do Congreso dos Deputados.