Dorothy Parker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dorothy Rothschild 22 de agosto de 1893 West End, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 7 de xuño de 1967 (73 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | enfarte agudo do miocárdio (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Educación | Miss Dana's School for Young Ladies (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | columnista, crítica literaria, xornalista, compositora de cancións, escritora, poetisa, guionista, escritor de diálogos |
Empregador | Vogue Life Vanity Fair The New Yorker |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía e sátira |
Familia | |
Cónxuxe | Alan Campbell |
Pai | Jacob Henry Rothschild |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Паркер Дороти) Obálky knih, American Women Writers |
Sitio web | dorothyparker.com |
|
Dorothy Parker, de solteira Rothschild, nada en Long Branch (Nova Jersey) o 22 de agosto de 1893 e finada en Nova York o 7 de xuño de 1967, foi unha contista, dramaturga, crítica teatral, humorista, guionista e poeta estadounidense. Moi coñecida polo seu cáustico enxeño, o seu sarcasmo e a súa afiada pluma á hora de captar o lado escuro da vida urbana no século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]Tamén coñecida como Dot ou Dottie, o seu nome real era Dorothy Rothschild, filla de Jacob Henry[1] e Eliza Annie Rothschild (de solteira Marston).[2] A casualidade quixo que nacese nun día en que a familia gozaba das súas vacacións en Nova Jersey,[3] pero ela considerábase puramente neoiorquina. A súa nai finou no West End en xullo de 1898, cando Parker estaba a piques de cumprir cinco anos.[4]
O seu pai volveu casar en 1900 con Eleanor Frances Lewis (1851–1903).[5] Parker odiaba o seu pai, a que acusaba de abuso físico e desprezaba a esposa deste, á que non chamaba "nai", "madrasta" ou "Eleanor", senón que se refería a ela como "a ama de casa" ("the housekeeper").[6] Creceu no Upper West Side, asistindo ao Blessed Sacrament Convent School, a pesar de que o seu pai era xudeu e o seu madrasta protestante.[7] A súa educación formal terminou cando cumpriu trece anos.
En 1913 xa perdera toda a súa familia e a partir de entón tivo que gañar a vida tocando o piano nunha escola de baile, entre outros traballos. Logrou vender un poema á revista Vanity Fair en 1914. Un ano máis tarde foi contratada como axudante editorial pola revista Vogue.[8]
Casou co corretor de bolsa de Wall Street Edwin Pond Parker II,[9] mais separáronse ao comezo da primeira guerra mundial. Ela continuou a traballar para ambas as revistas; a escritora gardaba sentimentos ambiguos respecto da súa condición de xudía e adoitaba facer bromas asegurando que casou foi só para cambiar de apelido.[10]
A mesa redonda do Algonquin
[editar | editar a fonte]Dende 1919 foi a principal animadora do faladoiro de escritores, críticos, dramaturgos, actores e xornalistas coñecida como mesa redonda do Algonquin (1919-1929), chamada xocosamente "círculo vicioso do Algonquin" porque se realizaba no Hotel Algonquin, un club consagrado a acuñar maldades, chistes e epigramas cáusticos sobre estreas e temas de actualidade durante as súas comidas e partidas de póker.
Foron membros fixos do faladoiro do Algonquin, á parte de Dorothy Parker, o columnista Franklin Pierce Adams, o humorista e actor Robert Benchley, probablemente o mellor amigo de Parker; o columnista deportivo Heywood Broun, o dramaturgo Marc Connelly, a feminista Ruth Ale, o dramaturgo e director George S. Kaufman, o produtor de Broadway Brock Pemberton, o editor do The New Yorker Harold Ross, o escritor e dramaturgo Robert E. Sherwood, o publicista John Peter Toohey e o crítico e xornalista Alexander Woollcott. Outros membros movíanse máis libremente e participaban dun modo máis eventual: as actrices Tallulah Bankhead, Blyth Daly, Eva Le Gallienne, Margalo Gillmore, Estelle Winwood e Peggy Wood, os dramaturgos Noël Coward, Edna Ferber, Donald Ogden Stewart e Beatrice Kaufman; as escritoras Jane de Grant, Margaret Leech e Alice Duer Miller; a ilustradora de revistas Neysa McMein, os humoristas Harpo Marx e Frank Sullivan e o compositor Deems Taylor.
Nese ano de 1919, comezou a despuntar a súa carreira mediante a crítica teatral elaborada para Vanity Fair. Porén, a súa extrema acidez supúxolle ser despedida en 1920 e empezou a traballar como escritora independente. Unha vez separada do seu marido, tivo diversos romances con outros homes. Ao fundarse a revista The New Yorker, en 1925, formou parte do persoal fixo. Nesa época escribía poesía humorística, aínda que posteriormente refugou esa faceta.
Os seguintes quince anos foron os máis produtivos; publicou sete volumes de contos e poesía que foron moi ben recibidos pola crítica, que destacou neles o seu forte contido autobiográfico. A parte máis importante da obra de Parker constitúena os seus contos. Aínda que a miúdo xocosos, eran sobrios e punzantes, e gardaban un fondo máis agridoce que cómico. As súas amizades atopaban neles fonte de gozo e de tristeza ao mesmo tempo.
O seu relato máis coñecido apareceu en Bookman Magazine baixo o título Big Blonde ("A gran loura"). Foi galardoado co prestixioso Premio O. Henry como o conto máis sobresaliente de 1929. Este relato, entre outras obras mestras do xénero, foi seleccionado por Augusto Monterroso para a súa célebre Antología del cuento triste. Ao mesmo tempo corría a súa vida sementada de decepcións; divorciouse en 1928 e iniciou, entre outras, unha relación sentimental co dramaturgo convertido en reporteiro Charles MacArthur; quedou embarazada mais perdeu o fillo e iso levouna a unha depresión que culminou co primeiro dos seus tres intentos de suicidio. En 1927 as execucións dos anarquistas Sacco e Vanzetti espertaron para sempre a súa vocación en favor dos dereitos civís.
Contraeu matrimonio co actor aspirante a guionista Alan Campbell en 1934.[11] O matrimonio trasladouse a Hollywood onde Parker escribiron con Robert Carson o guión do filme de William A. Wellman Naceu unha estrela (1937), polo que foron candidatos ao Oscar.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Durante a década de 1930, a autora, de tendencia esquerdista, desenvolveu unha intensa actividade política axudando a fundar a Anti-Nazi League ("Liga antinazi") en Hollywood. Foi investigada pola FBI como sospeitosa de pertencer ao Partido Comunista,[12] polo que chegou a aparecer na Lista Negra de Hollywood e tivo problemas para traballar como guionista. Durante o período da guerra civil española foi unha moi activa defensora da causa republicana,[13] participando en campañas de recadación de fondos para dita causa e mesmo realizando unha viaxe a España. Testemuña desa viaxe a España foi o conto "Soldiers of the Republic", ambientado nun café de Valencia, conto de carácter triste e melancólico publicado en The New Yorker. A perda da guerra por parte dos republicanos deixou un triste sinal nela, facendo aumentar o seu xa de por si desmesurado pesimismo vital.
O seu matrimonio con Campbell foi tempestuoso, con tensións aumentadas polo crecente alcoholismo de Parker e o romance de Campbell cunha muller casada durante a segunda guerra mundial.[14] Divorciáronse en 1947,[15] volveron casar en 1950,[16] e separáronse en 1952 cando Parker volveu mudarse a Nova York.[17] Entre 1957 e 1962, viviu no Volney Residential Hotel de Manhattan's Upper East Side e escribiu recesións de libros para Esquire magazine.[18] A súa escritura volveuse errática debido ao abuso do alcohol. Volveu a Hollywood en 1961, reconciliouse con Campbell, e colaborou con el nun número de proxectos sen producir ata o pasamento de Campbell por mor dunha sobredose de drogas en 1963.[19]
Morte
[editar | editar a fonte]Defendendo sempre os dereitos civís, morreu dun ataque cardíaco en 1967, aos 73 anos, en Nova York, nun cuarto de hotel co seu can e unha botella de alcol. A súa mellor amiga dende os anos 30, a dramaturga Lillian Hellman, moza de Dashiell Hammett, organizou o funeral.[20] Legou todos os seus bens ao movemento de Martin Luther King, a NAACP (National Association for the Advancement of Colored People, "Asociación Nacional para o Desenvolvemento das Persoas de Raza Negra").[21] Foi incinerada e durante dezasete anos ninguén reclamou as súas cinzas,[22] ata que a NAACP comprou para elas unha tumba en Baltimore; na lápida loce o epitafio, como ela desexara, de "Excuse My Dust" ("Perdoen polo po").
Obras
[editar | editar a fonte]- Enough Rope (1926)
- Sunset Gun (1927)
- Close Harmony (1929) (teatro)
- Laments for the Living (1930)
- Death and Taxes (1931)
- After Such Pleasures (1933)
- Collected Poems: Not So Deep As A Well (1936)
- Here Lies (1939)
- The Portable Dorothy Parker (1944)
- The Ladies of the Corridor (1953) (teatro)
- Constant Reader (1970)
- A Month of Saturdays (1971)
- Not Much Fun: The Lost Poems of Dorothy Parker (1996)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Meade, Marion (1987). Dorothy Parker: What Fresh Hell Is This?. Nova York: Penguin Books. p. 5. ISBN 0-14-011616-8.
- ↑ Meade 6
- ↑ Whitman, Alden (8 de xuño de 1967). "Dorothy Parker, 73, Literary Wit, Dies". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de outubro de 2018.
- ↑ Meade 12
- ↑ Meade 13
- ↑ Herrmann, Dorothy (1982). With Malice Toward All: The Quips, Lives and Loves of Some Celebrated 20th-Century American Wits. Nova York: G. P. Putnam's Sons. p. 78. ISBN 0-399-12710-0.
- ↑ Meade 14
- ↑ Silverstein 13
- ↑ Herrmann 78
- ↑ Penzer, Otto (2007). The Vicious Circle: Mystery and Crime Stories by Members of the Algonquin Round Table. Nova York: Pegasus Books. p. 99. ISBN 978-1933648675.
- ↑ Meade 238
- ↑ Koch, Stephen, Double Lives: Stalin, Willi Munzenberg and the Seduction of the Intellectuals, Nova York: Enigma Books (2004), Revised Edition, ISBN 1-929631-20-0
- ↑ Meade 285
- ↑ Meade 327
- ↑ Meade 329
- ↑ Meade 339
- ↑ Malanowski, James (July 17, 1959). "Dead & Famous; Where the Grim Reaper has Walked in New York". Spy. Consultado o 10 de abril de 2013.
- ↑ Itzkovitz, Daniel (28 de maio de 1998). "Dorothy Rothschild Parker (1893–1967)". Jewish Virtual Library. Consultado o 25 de setembro de 2005.
- ↑ Meade 392–3
- ↑ El Cultural
- ↑ Silverstein 59.
- ↑ Meade 412.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorothy Parker |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Randall Calhoun, Dorothy Parker: A Bio-Bibliography. Westport, Connecticut: Greenwood Press, 1993. ISBN 0-313-26507-0
- Kevin C. Fitzpatrick, A Journey into Dorothy Parker's New York. Berkeley, California: Roaring Forties Press, 2005. ISBN 0-9766706-0-7
- John Keats, You Might As Well Live: The Life and Times of Dorothy Parker. Nova York: Simon & Schuster, 1970.
- Marion Meade, Dorothy Parker: What Fresh Hell is This?. Nova York: Villard, 1988.
- S. J. Perelman, "Dorothy Parker". In The Last Laugh. Nova York: Simon & Schuster, 1981.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Capron, Marion (verán de 1956). "Dorothy Parker, The Art of Fiction No. 13". The Paris Review.
- Dorothy Parker Society
- Algonquin Round Table
- Minstrels Archive section on Parker's works
- Selected Poemas de Dorothy Parker
- Parker's resting place
- Emdashes coverage Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. of Dorothy Parker
- Dorothy Parker photo gallery; GettyImages