Douai
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Public institution of intermunicipal cooperation with own taxation (en) | communauté d'agglomération du Douaisis (en) | ||||||
Capital de | canton of Douai-Nord-Est (en) canton of Douai-Sud-Ouest (en) canton of Douai-Nord (en) arrondissement of Douai (en) canton of Douai-Sud (en) Norte, Francia (1790–1803) canton of Douai (en) (2015–) | ||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 39.648 (2021) (2.348,82 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921416 Q3551004 | ||||||
Superficie | 16,88 km² | ||||||
Altitude | 38 m-16 m | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcalde | Frédéric Chéreau (2014–) | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 59500 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Páxina web | douai.fr | ||||||
Douai (Dowaai en neerlandés), é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Norte, na rexión Norte-Paso de Calais, que é a capital da comarca do douaisis.
Douai, que tivo a súa orixe no asentamento romano de Castellum Duacum ou Duacum, desenvolveuse como cidade sede dunha importante universidade católica e un rico centro téxtil de Flandres durante o dominio dos Habsburgo españois desde o século XVI até o século XVII.
Tras incorporarse á coroa de Francia no século XIX creceu impulsada pola revolución industrial e, tras a segunda guerra mundial, como centro da industria mineira do norte de Francia. A crise económica do sector e a reconversión industrial dos anos 1980 causou unha perda da poboación, que se recuperou a finais dos anos 1990 tras a orientación económica da cidade cara ao sector da automoción.
O Beffroi de Douai, un edificio ricamente ornamentado do século XVI, forma parte do conxunto de beffrois, un tipo de torres cívicas, campanarios municipais de Bélxica e Francia clasificados Patrimonio UNESCO da Humanidade.
Así mesmo, o desfile procesional dos xigantes Gayant, manifestación do folclore de Flandres, está catalogado como unha das obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Douai |