Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
Aparencia
(Redirección desde «Doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela»)
Esta é unha lista de doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
- Gumersindo Busto (1934), creador da Biblioteca América da USC.
- Gustavo Cordeiro Ramos (1950), Presidente do Instituto para a Alta Cultura de Portugal, pola Facultade de Filosofía e Letras.
- Paulo Merèa (1955), catedrático de Historia do Dereito na Universidade de Coímbra, pola Facultade de Dereito.
- Andrés Segovia (13 de setembro de 1963), intérprete musical e profesor de "Música en Compostela", pola Facultade de Filosofía e Letras.
- Marcelo Caetano (19 de setembro de 1970), profesor da Universidade de Lisboa, presidente do Consello de Ministros de Portugal, pola Facultade de Dereito.
- Francisco Grande Covián (1970), catedrático da Facultade de Medicina.
- Pedro Barrié de la Maza (1970), financeiro, presidente-fundador da Fundación "Barrié de la Maza".
- Ernst Chain (1977), do Imperial College of Science and Technology de Londres, premio Nobel da Facultade de Medicina.
- Hamao Umezawa (1977), do Instituto Nacional de Saúde do Xapón, pola Facultade de Farmacia.
- Roberto Caldeyro Barcia (1978), catedrático de xinecoloxía da Universidade de Montevideo, pola Facultade de Medicina.
- Alvaro Cunqueiro Mora (20 de xaneiro de 1980), da Real Academia Galega, pola Facultade de Filoloxía.
- Camilo José Cela Trulock (20 de xaneiro de 1980), da Real Academia Española, pola Facultade de Filoloxía.
- Joseph M. Piel (20 de xaneiro de 1980), profesor emérito das universidades de Colonia e Lisboa, pola Facultade de Filoloxía.
- Isidro Parga Pondal (2 de decembro de 1983), pola Facultade de Bioloxía.
- Raúl Ricardo Alfonsín (4 de xuño de 1988), da Facultade de Dereito.
- Gonzalo Torrente Ballester (27 de xuño de 1988), pola Facultade de Filoloxía.
- Miguel Fernández Refojo (16 de decembro de 1988), pola Facultade de Medicina.
- Luciano Martini (16 de decembro de 1988), pola Facultade de Medicina.
- Jacques-Louis Lions (23 de xuño de 1989), pola Facultade de Matemáticas.
- José Luis Pinillos Díaz (25 de maio de 1990), pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.
- Vernon Mountcastle (10 de abril de 1991), pola Escola de Medicina.
- Giuseppe Tavani (10 de abril de 1991), pola Facultade de Filoloxía.
- Severo Ochoa (31 de maio de 1991), pola Facultade de Bioloxía.
- Isaac Díaz Pardo (28 de xaneiro de 1992), polas Facultades de Xeografía e Historia e Bioloxía.
- Georges Duby (24 de abril de 1992), pola Facultade de Xeografía e Historia.
- Mario Soares (21 de novembro de 1992), pola Facultade de Ciencias Políticas.
- Federico Mayor Zaragoza (15 de maio de 1993), pola Facultade de Medicina.
- José Luis Aranguren (31 de maio de 1995), pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.
- Edmond Malinvaud (31 de maio de 1995), pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Alonso Zamora Vicente (31 de maio de 1995), pola Facultade de Filoloxía.
- Andrés Negro Vilar (20 de decembro de 1995), pola Facultade de Medicina, Departamento de Fisioloxía.
- Paul Ricoeur (28 de febreiro de 1996), pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.
- Xose Filgueira Valverde (26 de abril de 1996), pola Facultade de Xeografía e Historia, Departamento de Historia da Arte.
- Leon O. Chua (28 de maio de 1996), pola Facultade de Física, Departamento de Física de Materia Condensada.
- Enrique Fuentes Quintana (28 de maio de 1996), pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Manuel Alonso Olea (14 de xuño de 1996), pola Facultade de Dereito, departamentos de Dereito Mercantil e Laboral.
- Eduardo García de Enterría (14 de xuño de 1996), pola Facultade de Dereito, Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado.
- Ramón Valdés Costa (12 de xullo de 1996), pola Facultade de Dereito, Departamento de Dereito Público Especial.
- Jorge Alarçao (12 de xullo de 1996), pola Facultade de Xeografía e Historia, Departamentos de Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Antiga e Ciencias e Técnicas Historiográficas.
- Nélida Piñon (1 de abril de 1998), pola Facultade de Filoloxía, Departamento de Filoloxía Galega.
- Konrad Messmer (26 de outubro de 1998), pola Facultade de Medicina, Departamento de Cirurxía.
- Pierre Aubenque (9 de decembro de 1998), pola Facultade de Filosofía.
- Julio María Sanguinetti (17 de marzo de 1999), pola Facultade de Dereito.
- Juan Rosai (11 de maio de 1999), pola Facultade de Medicina.
- Salvador Moncada (21 de outubro de 1999), pola Facultade de Medicina.
- Terry Eagleton (2 de decembro de 1999), pola Facultade de Filoloxía, departamento de filoloxía inglesa e alemá.
- José Ángel Valente (15 de decembro de 1999), pola Facultade de Ciencias da Educación, Departamento de Teoría e Historia da Educación.
- Pierre Furter (20 de xaneiro de 2000), pola Facultade de Ciencias da Educación, Departamento de Teoría e Historia da Educación.
- Alphonse Capella (27 de marzo de 2001), pola Facultade de Física.
- Yahya Rahmat-Samii (27 de marzo de 2001), pola Facultade de Física.
- Joachim Strahale (8 de maio de 2001), pola Facultade de Química.
- Andrés Santiago Suárez Suárez (22 de xuño de 2001), pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Carlos Svestkakase (22 de febreiro de 2002), pola Facultade de Medicina.
- John Bannister Goodenough (5 de abril de 2002), pola Facultade de Física.
- Ulrich Engel (8 de maio de 2002), pola Facultade de Filoloxía.
- Jürgen Untermann (9 de maio de 2003), pola Facultade de Filoloxía.
- Ignacio Ramonet (26 de xuño de 2003), pola Facultade de Ciencias da Comunicación.
- John Corcoran (8 de outubro de 2003), pola Facultade de Filosofía.
- James Patrick Griffin (8 de outubro de 2003), pola Facultade de Filosofía.
- Juan S. López-Arranz (19 de novembro de 2003), pola Facultade de Medicina e Odontoloxía.
- Ramachandran PK Nair (1 de abril de 2008), pola Escola Politécnica Superior.
- Winfried Stute (1 de abril de 2008), pola Facultade de Matemáticas.
- Jaime Gil Aluja (23 de abril de 2008), pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Cesare Segre (27 de marzo de 2009), pola Facultade de Filoloxía.
- Alan A. Watson (29 de maio de 2009), pola Facultade de Física.
- James W. Cronin (29 de maio de 2009), pola Facultade de Física.
- Gatze Lettinga (25 de xuño de 2013) pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
- Antonio Bonet Correa (15 de xullo de 2013), pola Facultade de Xeografía e Historia.
- Luis Díez-Picazo e Ponce de León (25 de outubro de 2013), pola Facultade de Dereito.
- Juan Manuel Escudero Muñoz (4 de abril de 2014), pola Facultade de Ciencia da Educación.
- Amable Liñán Martínez (28 de abril de 2014), pola Facultade de Matemáticas.
- Enric Trillas (17 de xuño de 2016), pola Facultade de Física.
- Jean Michel Uhaldeborde (17 de xuño de 2016), pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Crispian Scully (28 de outubro de 2016), pola Facultade de Medicina e Odontoloxía.
- Giorgio Franceschetti (28 de outubro de 2016), pola Facultade de Física.
- Carlos Ulises Moulines (6 de xuño de 2017), pola Facultade de Filosofía.
- Tomás Salvador Vives Antón (6 de xuño de 2017), pola Facultade de Dereito.
- Mikhail Alexandrovich Braun (6 de xuño de 2017), pola Facultade de Física.
- Nicholas A. Peppas (8 de maio de 2019), pola Facultade de Farmacia.
- Bernard L. Feringa (8 de maio de 2019), pola Facultade de Química.
- Klaus Von Gadow (28 de xuño de 2019), pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría