Centro Espacial de Kourou
Centre spatial guyanais (fr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Departamento | Güiana Francesa | |||
Distritos | arrondissement of Cayenne (en) | |||
Cantón | Canton of Kourou (en) | |||
Comuna | Kourou | |||
Creación | 1964 | |||
Sitio web | cnes.fr… |
O Centro Espacial de Kourou oficialmente coñecido como Centre Spatial Guyanais o CSG é o lugar de lanzamento da Axencia Espacial Europea no territorio de ultramar da Güiana Francesa, moi preto de Kourou.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1964 o goberno de Francia creouno como base espacial para lanzar satélites. Cando se fundou a Axencia Espacial Europea no ano 1975 Francia ofreceuse a compartir o porto espacial de Kourou coa ESA. A ESA mellorou as instalacións e preparounas para o foguete europeo Ariane.
Plataforma de lanzamento
[editar | editar a fonte]A súa situación a unha latitude de 5° 3', a uns 500 km do ecuador terrestre fai o lugar axeitado para lanzamentos espaciais, permitindo aproveitar a velocidade de rotación da Terra gañando pulo, aforrando combustible e cartos.
O centro ten tres zonas de lanzamento.
ELA 1
[editar | editar a fonte]Foi plataforma de lanzamento do foguete Ariane, usada para os modelos Ariane 1, Ariane 2 e Ariane 3 os cales foron retirados do servizo en 1989. Volveu utilizarse para o lanzamento do foguete Vega que iniciou a súa primeira engalaxe o 13 de febreiro de 2012.[1][2]
ELA 2
[editar | editar a fonte]Foi usado para lanzar Ariane 4 ata o ano 2004.
ELA 3
[editar | editar a fonte]Desde 1996 úsase para o lanzamento de Ariane 5.
Ensemble de Lancement Soiouz (ELS) no Centre Spatial Guyanais (CSG)
[editar | editar a fonte]Plataforma de lanzamento do foguete fabricado por Rusia Soiuz. A plataforma é case idéntica a doutros sitios como Baikonur en Kazakhstán e Plesetsk en Rusia e capaz de poñer 3 toneladas en órbita xeoestacionaria no Centro espacial de Kourou comparadas 1,7 toneladas do Cosmódromo de Baikonur. O seu primeiro lanzamento puxo en orbita os dous primeiros satélites do europeo Sistema de Navegación por Satélite Galileo o 21 de novembro de 2011 [3] [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ESA (ed.). "Lugar de lanzamento do foguete Vega" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Lanzamentos" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ ESA, 20 de setembro de 2011.
- ↑ http://www.esa.int/esaMI/Launchers_Access_to_Space/SEM6JRS4LZE_0.html, 21 outubro de 2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ESAArquivado 15 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).