ESRO 1B
ESRO 1B / Boreas | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 1 de outubro de 1969, 22:29 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Scout B[2][6] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos fenómenos aurorais.[2] |
Decaemento | 23 de novembro de 1969[1] |
NSSDC ID | 1969-083A |
Masa | 80,0 kg[2][7] |
ESRO 1B (European Space Research Organization 1B), tamén coñecido como Boreas, foi un satélite artificial europeo lanzado o 1 de outubro de 1969 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][6]
Características
[editar | editar a fonte]ESRO 1B foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 1B foi estudar os fenómenos aurorais mediante sete instrumentos. Os estudos incluían observacións da luminosidade auroral, a composición e temperatura da ionosfera e o fluxo, tipo e espectro de enerxía das partículas atrapadas e precipitadas (electróns de enerxías de entre 1 e 400 KeV e protóns de entre 1 KeV e 30 MeV). Debido ao fallo da última etapa do foguete Scout, o satélite foi inxectado nunha órbita inicial máis baixa do planeada, de 339 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 85,1 graos e un período de 90,6 minutos, o que reducíu a vida útil do satélite a 52 días. O eixo de simetría do satélite estaba aliñado magneticamente co campo magnético terrestre. Funcionou sen problemas a pesar de non estar na órbita planeada, recollendo datos simultaneamente a ESRO 1A, lanzado case un ano antes. Reentrou na atmosfera o 23 de novembro de 1969[1][2][3][4][7]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]ESRO 1B levaba a bordo un conxunto de instrumentos idéntico ó de ESRO 1A:[2][6]
- Medidor de espectro de enerxía e fluxos de electróns atrapados e precipitados.
- Analizador electrostático de partículas a altas latitudes.
- Medidor de espectros de protóns atrapados e precipitados.
- Medidor de distribución angular de electróns e protóns.
- Medidor de espectros de enerxía e fluxos de protóns solares.
- Fotómetros aurorais.
- Sonda Langmuir.
- Medidor de temperatura e composición iónica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ESRO 1B (BOREAS)" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Boreas" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 17 April 1970 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (70-10824). 11 de maio de 1970: 4. Consultado o 2 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-51402). 2 de marzo de 2004: 3. Consultado o 2 de marzo de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "ESRO 1B / Boreas" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 1B, 1B (Boreas, Boreas)" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "ESRO" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2013.