Ecgberht I de Northumbria
Nome orixinal | (ang) Ecgberht |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | I milenio |
Morte | 873 |
Rei de Northumbria | |
867 – 872 ← Aelle de Northumbria – Ricsige de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Eadwulf II of Northumbria, Ecgberht II of Northumbria |
Pai | Aethelred II de Northumbria |
Ecgberht, finado en 873, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A información sobre este período da historia de Northumbria é escasa e sabemos moi pouco de Ecgberht.
Aparece por primeira vez tras as mortes de Ælla e Osberht en batalla contra os viquingos do grande exército pagán en York o 21 de marzo de 867. Simeón de Durham rexistra:
Case todos os northumbrianos foron postos en fuga e destruídos, os dous reis mortos; os sobreviventes fixeron paces cos pagáns. Despois destes acontecementos, os pagáns nomearon a Ecgberht rei baixo o seu propio dominio; Ecgberht reinou seis anos, sobre os northumbrianos alén do Tyne[1].
Os historiadores supoñen que Ecgberht gobernou como recadador de impostos para o Grande exército e que pertencía a unha das moitas familias reais de Northumbria.[2] A seguinte información sobre Ecgberht é de 872:
Os northumbrianos expulsaron ao seu rei Ecgberht, e o seu arcebispo Wulfhere[3].
Finalmente, a morte de Ecgberht repórtase en 873, e cítase que o sucedeu Ricsige.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. ISBN 0-04-445692-1
- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Simeón de Durham (1855). "The Historical Works of Simeon of Durham". Church Historians of England, volume III, part II. J. Stevenson, translator. Seeley's. Consultado o 2007-01-27.