Sitric II de Northumbria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | século X |
Familia | |
Pai | Sitric Cáech |
Sitric II foi rei no século décimo da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jorvik. A única proba da súa existencia son algunhas moedas que se descubriron e que datan de sobre 942.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sábese que existiu por un puñado de moedas cuñadas en York, coa inscrición SITRIC CVNVNC ("rei Sitric"). Están datadas no ano 942 e teñen semellanzas de estilo coas acuñadas polo reinado de Olaf Cuaran e Ragnall Guthfrithson, que reinaron en Northumbria na década dos 940[1]. Hai dous tipos destas moedas: en primeiro lugar hai unha pequena cruz en cada rostro e no segundo tipo, hai unha triquetra (ou un nó de tres follas) dun lado e un triángulo sobre o outro[2]. Na bibliografía do período non é mencionado un rei chamado Sitric.[3] Olaf Guthfrithsson gobernou Northumbria de 939 ata a súa morte en 941. Downham suxeriu que entre a morte de Olaf e a chegada de Ragnall a York, quizais nos últimos meses do 943, Northumbria estaba a ser gobernada conxuntamente por Sitric e Olaf Cuaran[4]. Nos libros de numismática Sitric é chamado ás veces "Sitric Sitricsson" e identificado como un irmán de Olaf Cuarán e o fillo de Sitric Cáech, pero esta é só unha suposición[1][5]: Non hai que confundir este Sitric co rei do mesmo nome, que foi rei de Dublín, mencionado nos Anais dos catro mestres o 941. Segundo Downham este individuo "parece que en vez de ser unha invención poética en vez dun rei histórico"[6]. Sitric tamén foi identificado provisionalmente cun home chamado igual, que desembarcou en Normandía, en 942 e foi derrotado por Lois IV de Francia.[7][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Skingley 2014, p. 119.
- ↑ Grierson, P.; Blackburn, M. A. S. (1986). Páxina 324.
- ↑ Gooch 2012, p. 100.
- ↑ Downham 2007, p. 111.
- ↑ 5,0 5,1 Lake 2011, p. 411.
- ↑ Downham 2007, p. 111 n.24.
- ↑ Lake 2013, p. 124.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
- Gooch, Megan L. (2012). Money and Power in the Viking Kingdom of York c.895–954 (Tese). Durham University.
- Grierson, Philip; Blackburn, Mark A. S. (1986). Medieval European Coinage: With a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-03177-6.
- Lake, Justin (2013). Richer of Saint-Remi. CUA Press. ISBN 978-0-8132-2125-0.
- Richer of Saint-Rémi (5 September 2011). Lake, Justin, ed. Histories. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-06003-6.
- Skingley, Philip, ed. (2014). Coins of England & the United Kingdom: Standard Catalogue of British Coins 2015. Spink & Sons Ltd. ISBN 978-1-907427-43-5.