Raedwulf de Northumbria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | 844 Elvet, Reino Unido (en) |
Rei de Northumbria | |
844 – 844 ← Aethelred II de Northumbria – Aethelred II de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Raedwulf (tamén escrito Rædwulf), foi rei de Northumbria por un curto período de tempo difícil de definir, cando depuxeron a Eanred.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se sabe cales foron os seus antepasados, pero crese probábel que os reis Osberht e Aelle de Northumbria fosen parentes seus.
Atopáronse moedas do seu reinado. A única bibliografía antiga que o nomea é a Flores Historiarum de Roger de Wendover, na que se di que morreu loitando contra os pagáns, unha palabra coa que o autor se refire aos viquingos[1][2].
Nos anais do Flores Historiarum dátase o inicio do seu reinado no ano 844, pero a análise cronolóxica non dá moita credibilidade a esta data. O descubrimento dunha moeda co nome de Eanred, datada preto de 850, fixo repensar a datación dos reis posteriores[3]. Segundo esta nova visión, o reinado de Rædwulf podería ser arredor do ano 858[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rollason 2003, p. 212.
- ↑ Douglas & Whitelock 1979, p. 282.
- ↑ Pagan 1969, p. 1-15.
- ↑ Kirby 1992, p. 198.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. ISBN 0-04-445692-1
- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Pagan, H. E. (1969). "Northumbrian numismatic chronology in the ninth century" (PDF). British Numismatic Journal 38: 1–15. Consultado o 7 xuño 2015.
- Rollason, David (2004). "Eardwulf (fl. 796–c.830), king of Northumbria". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Consultado o 2007-10-03.
- Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8