Economía de Madagascar
Economía de Madagascar | |
---|---|
Moeda | Ariany |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 20,51 mil millóns (2009) |
Posición do PIB | 122ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 0,4% (2009) |
PIB per cápita | $ 1.000 (2009) |
PIB por sector | agricultura 26,6%, industria 15,6%, comercio e servizos 57,8% (2009) |
Inflación | 8% (2009) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 9 504 000 (2009) |
Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | procesamento de carne, marisco, xabón, cervexa, curtido de coiro, azucre, téxtiles, vidro, cemento, montaxe de automóbiles, papel, petróleo, turismo |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 1,04 mil millóns (2009) |
Produtos de exportación | café, vainilla, marisco, azucre, tecidos de algodón, cromita, derivados de petróleo |
Principais mercados | Francia 38,9%, Estados Unidos 20,3%, Alemaña 5% (2008) |
Importacións | 1 836 millóns (2009) |
Principais produtos importados | bens de capital, petróleo, bens de consumo, alimentos |
Principais mercados | República Popular da China 20,1%, Bahrain 8,7%, Francia 6,3%, Suráfrica 5,7%, Estados Unidos 4,9%, India 4,4% (2008) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 2.054 millóns (2009) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A agricultura e tamén a pesca e a silvicultura son os piares da economía de Madagascar, respondendo por 25% do produto interno bruto e 80% dos empregos do país[1]. A industria ten como principais actividades a fabricación de téxtiles e o procesamento de produtos agrícolas. As exportacións de roupas creceron nos últimos anos, grazas ao acceso sen impostos ao mercado dos Estados Unidos[1].
Entre o 1992 e o 1997 o país creceu menos que a súa poboación. Entre o 1997 e o 2001 a pesar da aceleración do crecemento, a pobreza permaneceu elevada, especialmente nas áreas rurais. Unha crise disparada pola disputa presidencial de decembro de 2001 paralizou a economía do país por 6 meses. O produto interno bruto caeu 12,7% o 2002. Porén, grazas a investimentos externos, o país retomou o crecemento o 2003 en máis de 9%. Entre o 2004 e o 2005 a depreciación da moeda (o franco malgaxe, substituído polo ariany o 2005) e a inflación dificultaron o crecemento económico.
A redución da pobreza e o combate á corrupción deberán ser os piares das políticas económicas nos próximos anos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2011. Consultado o 20 de agosto de 2009.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).