Economía de Tonga
Economía de Tonga | |
---|---|
Moeda | pa'anga |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Sparteca |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 551,7 millóns (2009) |
Posición do PIB | 210ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -0,5% (2009) |
PIB per cápita | $ 4.600 (2009) |
PIB por sector | agricultura 25%, industria 17%, comercio e servizos 57% (2006) |
Inflación | 5,9% (2009) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 39.960 (2009) |
Forza de traballo por sector | agricultura 31,8%, industria 30,6%, comercio e servizos 37,6% (2003) |
Desemprego | 13%% (2004) |
Industrias | turismo, construción, pesca |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 22 millóns (2006) |
Produtos de exportación | abóbora, peixe, sementes de vainilla, raízes |
Principais mercados | Os Estados Unidos 28,2%, o Xapón 11,4%, Nova Zelandia 11,4%, Taiwán 9,5%, Fidxi 6,8%, Samoa 5,7%, Australia 4,6%, Corea do Sur 4,2%, Hong Kong 4,1% (2008) |
Importacións | 139 millóns (2006) |
Principais produtos importados | alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, combustibles, produtos químicos |
Principais mercados | Fidxi 36,9%, Nova Zelandia 24%, Estados Unidos 9,3%, Australia 8,9%, República Popular da China 5% (2008) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 80,7 millóns(2004) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Tonga ten unha economía pequena e aberta, e unha base de exportación reducida a poucos produtos agrícolas. Os principais son a cabaza, vainilla e o iñame. Incluíndose tamén o peixe, os produtos primarios representan o 2/3 das exportacións. O país importa unha gran cantidade de alimentos, especialmente de Nova Zelandia[1].
O país depende tamén das remesas de diñeiro das comunidades tonganesas residentes no exterior para equilibrar o seu déficit comercial. O turismo representa a segunda fonte de ingresos do país: o 2006 39.000 persoas visitaron o país[1].
O goberno estimula o desenvolvemento do sector privado, incentivando especialmente os investimentos, mentres concentra os gastos públicos en saúde e educación. Tonga ten unha infraestrutura básica razoable e un servizo social desenvolvido. O elevado desemprego entre os mozos, o crecemento da inflación, as presións por reformas democráticas e o crecemento dos gastos en servizos sociais son os principais desafíos do goberno[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/tn.html
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).