Eduard Shevardnadze
Eduard Amvrósievich Shevardnadze (en xeorxiano: ედუარდ ამბროსის ძე შევარდნაძე, en ruso: Эдуард Амвросьевич Шеварднадзе; Mamati, 25 de xaneiro de 1928 - Tbilisi, 7 de xullo de 2014) foi un político xeorxiano, nado na antiga República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica. Exerceu as funcións de Ministro de Asuntos Exteriores da Unión Soviética, baixo a presidencia de Mikhail Gorbachov, de 1985 a 1990.
Desempeñou un papel importante no fin da Guerra fría e, tras a disolución da Unión Soviética, foi presidente de Xeorxia entre 1992 e 23 de novembro de 2003, cando renunciou ao cargo debido á crecente presión popular, coñecida como Revolución da Rosas.
Foi figura clave do proceso de apertura democrática da Unión Soviética coñecido como Perestroika.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduard Shevardnadze |