Presidente de Xeorxia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Flag_of_the_President_of_Georgia.svg/220px-Flag_of_the_President_of_Georgia.svg.png)
O presidente de Xeorxia (en xeorxiano: საქართველოს პრეზიდენტი) é o xefe de estado e xefe das Forzas de Defensa de Xeorxia. Tamén lidera a administración interna do país e a política exterior do Estado. A Constitución de Xeorxia establece que debe asegurar a unidade e a integridade do país e a actividade das institucións do Estado. Ata antes das emendas á Constitución en febreiro de 2004, asumía tamén a xefatura de Goberno.
O actual presidente de Xeorxia é Mikheil Kavelashvili desde decembro de 2024.
A ex-presidenta Salome Zourabichvili é a primeira muller elixida neste posto na historia do país. É tamén a última persoa en ser elixida de maneira directa. Tras unha reforma constitucional adoptada a finais de 2017, en 2024, cando expire o mandato de Zurabishvili, o cargo será elixido polo Parlamento.
Esta é a lista dos presidentes de Xeorxia, despois da independencia do país.
# | Nome (Nacemento-Morte) |
Imaxe | Comezo do mandato | Final do mandato | Partido |
---|---|---|---|---|---|
1 | Zviad Gamsakhurdia (1939–1993) |
![]() |
14 de abril de 1991 (nomeado) 26 de maio de 1991 (asumiu o poder) |
6 de xaneiro de 1992 (deposto) |
Mrgvali magida — tavisupali sakartvelo |
2 | Eduard Shevardnadze (1928–2014) |
![]() |
26 de novembro de 1995 (asumiu o poder) |
30 de abril de 2000 | Sakartvelos Mokalaketa Kavshiri - SMK |
30 de abril de 2000 (asumiu o poder) |
23 de novembro de 2003 (renunciou) | ||||
— | Nino Burjanadze (n. 1964) (provisional) |
![]() |
23 de novembro de 2003 | 25 de xaneiro de 2004 | Ertiani Natsionaluri Modzraoba |
3 | Mikheil Saakashvili (n. 1967) |
![]() |
25 de xaneiro de 2004 (asumiu o poder) |
25 de novembro de 2007 (renunciou) | |
— | Nino Burjanadze (n. 1964) (provisional) |
![]() |
25 de novembro de 2007 | 20 de xaneiro de 2008 | |
(3) | Mikheil Saakashvili (n. 1967) |
![]() |
20 de xaneiro de 2008 (asumiu o poder) |
17 de novembro de 2013 | |
4 | Giorgi Margvelachvili (n. 1969) |
![]() |
17 de novembro de 2013 (asumiu o poder) |
16 de decembro de 2018 | Kartuli ocneba – Demok’rat’iuli Sakartvelo |
5 | Salome Zurabishvili (n. 1952) |
![]() |
16 de decembro de 2018 (asumiu o poder) |
29 de decembro de 2024 | independente |
6 | Mikheil Kavelashvili (n. 1971) |
![]() |
29 de decembro de 2024 (asumiu o poder) |
presente | independente |
Notas
[editar | editar a fonte]- ¹ – entre o 14 de novembro de 1990 e o 14 de abril de 1991, Gamsakhurdia usou o título "Xefe do Consello Supremo".
- ² – durante o seu mandato, Shevardnadze usou o título "Xefe do Consello de Estado"