Saltar ao contido

Eduardo Pardo Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Pardo Gómez
Biografía
Morte13 de maio de 1910 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

Eduardo Pardo Gómez, finado na Coruña o 13 de maio de 1910[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1896[2]. Foi funcionario da Secretaría da Audiencia da Coruña. En 1899 abriu un estudo de avogado en Arzúa[3]. Foi redactor de El Látigo e El Iris Literario de Pontevedra e La Mañana e El Telegrama da Coruña. Publicou poemas en castelán en Galicia. Revista Regional e en galego en A Monteira, La Tierra Gallega e Almanaque Gallego. Tamén colaborou en El Duende co pseudónimo de Mefistófeles.[4]

  1. El Eco de Galicia, 14-5-1910, p. 1.
  2. El Eco de Santiago, 25-11-1896, p. 2.
  3. Gaceta de Galicia, 27-12-1899, p. 2.
  4. "Prensa Gallega" (PDF). El Mendo. 12 de novembro de 1890. p. 2.