Saltar ao contido

Eileen Ivers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEileen Ivers

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
EducaciónIona University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín e fiddle Editar o valor en Wikidata

Páxina webeileenivers.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: OfficialEileenIvers Twitter: eileenivers Instagram: eileenfiddle MySpace: eileenivers Youtube: UCrkB-XMRE7wsDbUXUAQHWcw Musicbrainz: fd2b43e6-d5da-492e-abeb-04d433af076c Songkick: 522693 Discogs: 280828 Allmusic: mn0000181479 Editar o valor en Wikidata


Eileen Ivers, nada en Nova York o 13 de xullo de 1965, é unha violinista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pais irlandeses, Ivers creceu no Bronx e asistiu ao St. Barnabas High School.[1] Durante a súa infancia pasou os veráns en Irlanda e comezou a tocar o violín aos nove anos, titorizada polo violinista irlandés Martin Mulvihill.[2] Fixo unha xira con Mick Moloney (músico e estudoso das raíces musicais americanas, irlandesas, galegas e africanas)[3] e a súa banda Green Fields of America, fundada en 1977. Graduouse cum laude no Iona College de Nova York e completou un posgrao en Matemáticas.

Foi fundadora da banda Cherish the Ladies, coa que gravou varios discos e realizou xiras durante varios anos.[4]

En 1994 publicou o seu primeiro álbum Eileen Ivers – Traditional Irish Music. En 1995, substituíu o violinista no espectáculo de danza e música tradicional irlandesa Riverdance de Bill Whelan e realizou varias xiras co grupo.[2]

O seu violín eléctrico Barcus-Berry de cor azul inspirou o nome do seu álbum Wild Blue, lanzado en 1996. Posteriormente substituíuno por un electroacústico Zeta Strados, tamén de azul e feito segundo as súas especificacións pola empresa estadounidense Zeta Music Systems.[5]

No ano 2000 participou no Festival de Ortigueira.[6] En 2002 colaborou na banda sonora da película Gangs of New York, en 2003 actuou no Festival Intercéltico de Lorient. En 2005 participou no disco 25 de Milladoiro.[7]

Discografía

[editar | editar a fonte]

álbums solistas

[editar | editar a fonte]
  • Eileen Ivers – Traditional Irish Music (1994)
  • So Far (1979–1995) (1995)
  • Wild Blue (1996)
  • Crossing the Bridge (1999)
  • Eileen Ivers and Immigrant Soul (2003)
  • An Nollaig: An Irish Christmas (2007)

colaboracións

[editar | editar a fonte]
  1. Sauro, Tony (19 de setembro de 2013). "Former math star takes the fiddling world by storm". Consultado o 11 de febrero de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Mullins, Emer. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "9c99dbff" está definido varias veces con contidos diferentes
  3. Schweitzer, Vivien (2022-08-01). "Mick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-03-12. 
  4. Greenberg Artists. "Eileen Ivers" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2017. Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  5. Musikaze. "Eileen Ivers" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  6. Voz de Galicia (27 de xuño de 2000). "O festival celta de Ortigueira agarda reunir a 30.000 persoas". Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  7. "25 (CD) – Milladoiro". Consultado o 2023-03-12. 
  8. "Song of the Irish Whistle". Consultado o 30 de maio de 2013. 
  9. "Into the Deep: America, Whaling & The World". Consultado o 30 de mayo de 2013. 
  10. "Copper: Original Soundtrack". Consultado o 30 de mayo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]